viernes, 18 de agosto de 2006

Muztagh Ata 2006: C.B. 4.445 m. – C.1. 5.550 m.

Estou ben físicamente pero algo tocado no ánimo, xa sabes: “pao porque aras, pao porque non aras”. Non sei si poderei por aí arriba cos pensamentos que me asaltan, un intre de dúbida, outro cacho estou animado, será posible que eu salia adiante coas cousas que hai na miña cabeza? Agora estou só no C1 alto, nunha tenda prestada polos alemáns, vai moitísimo frío, o bolígrafo escrebe mal, choro…non sei ven por que. A tarde paseina sen molestias físicas pero con incerteza, tanta grandeza serve de pouco; semella incrible, diante dos meus ollos, a esquerda o Karakorum e a dereita o Pamir, nun solpor de película, nembargantes cal é o meu sitio… Xa saín do base coa moral torta, as prediccións de tempo non son boas, vento forte e moito frío en altura, o de ir o cumio semella complicado; só agardo poder gozar sen facerme demasiado dano. Ata aquí a subida non resultou mala pero a miña mochila sempre é moi pesada, trae de todo: o necesario e o innecesario. Hai un montón de incógnitas aínda que as veces son capaz de comprender onde estou, sempre quixen algo así, pero tamén sempre quixen non estar só e non sei si chegarei a conseguilo… Paso moito frío durante a noite, o corpo tarda en quecer e incluso por primeira vez véxome na obriga de pechar o saco ata arriba. Entre a incerteza do que está por chegar e o meu angustioso estado mental, a noite é interminable con pouco sono, sorte que a aclimatación parece boa e teño unha preocupación menos. O tempo está estable, frío e sen rastro do vento anunciado… un solpor así non axuda moito no meu estado de ánimo, fártome de tirar fotos e choro… eu que sei por que?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario