jueves, 27 de diciembre de 2018

COVA DA ARCOIA, VAL DE VISUÑA. SERRA DO CAUREL

Nestes días nos que se pretende que todo teña enorme transcendencia... isto non é nada trascendente; simplemente procurar que non cambiou nada no interior propio e alleo.
Sortear de novo estes pasos no interior do val dos vales confirmou o que xa sabía, segue a ser algo propio, aqueles anos de teima deixaron fondas pegadas.
Agora que por fóra vexo cousas absurdas reafirmo que estivo ben feito...















viernes, 7 de diciembre de 2018

IMPRECISIÓNS DE OUTONO

Todo sucede rápido.
O simple feito de buscar a miña vella gorra gris condenoume a pensar que estamos de novo nun outono soleado que non promete nada ou, tal vez, unha neve como a da pasada primavera? Fóra da neve a gorra do mercadillo de Leh (Ladakh. India) provócame unha inesperada vértixe; unha sensación cálida e outra xélida. Nun intre que durou algo menos dun segundo atravesoume a idea de que igual rematara, que igual xa deixara de ser nómade... foi tremendamente desagradable.

Solpor en Bustelo de Fisteus

A Seara

Devesa das Valiñas, Val de Visuña

A Seara

Canón do Sil entre Castro de Abaixo e a Cubela

Val da Seara dende o Fócaro 

Viñas de Vilachá dende a ruta da Cubela

Río da Seara na fonte do espiñeiro

Reibarba, Visuña

Rego das Maseiriñas, Visuña

Visuña

Val do río da Seara, Vieiros e Ferramulín

Céramo, no val de Visuña


martes, 4 de septiembre de 2018

O ECO DO VAL 2018 DO IES DE QUIROGA. MONTAÑAS DO COUREL

O ECO DO VAL 2018: MONTAÑAS DO COUREL
(A súa versión en .pdf pódese descargar premendo sobre a ligazón)


O enorme traballo realizado polo alumnado do IES de Quiroga para a Escola de Prensa de El Progreso foi premediado nas categorias de: -mellor fotografía, -mellores reportaxes científicas e
-mellor arigo crítico.

jueves, 9 de agosto de 2018

SEMPRE HAI ONDAS

Tópico.
Como un mantra impronunciable.
Collemos espumas ata a ourela. Lembran grandes ondas verdes de auga quente dalgún novembro.
Sensación agradable no mar...
Ten moito de montaña... ten moito de mar: libre, tópico, harmonioso.
Na calma destes días de movemento rabioso sempre recordo ter escoitado o mar naquela parede alpina... pero este xa é outro asunto.

Foto R. López Rodríguez

miércoles, 1 de agosto de 2018

ENTRE LOUSA E CUARCITA...


...volvo atoparme con  X. Pérez Mondelo no blog de Roque Soto, "En busca da cagalla do lagarto":

http://papelmarelo.blogspot.com/2017/01/ramon-vila-anca-poetica-da-luz-x.html

Semella que pasara unha vida Pepe, semella que non fun eu que capturou esas luces e lle puxo un pé coas palabras núas.
Nun intento de buscar acougo despois das túas mensaxes, pérdome, unha vez máis, nos recunchos do papel marelo; vexo cousas novas e cousas vellas e sinto tamén, unha vez máis, que non lin o suficiente. Nunca é suficiente.
É inútil andar na pescuda da poética da luz... lembro luces sublimes en lugares e situacións  que teñen máis que ver coa imaxinación que coa realidade... de súpeto algunha foto de Steve McCurry invítame a pensar que eu tamén estiven alí, baixo algún ceo de Asia.
Hai un ano regresábamos cheos da luz do Karakorum...

Glaciar do Baltoro. Pakistán
Supoño que esta imaxe tamén terá unha historia pero...