jueves, 27 de agosto de 2026

RÍA DE FOZ, O MAR PEQUENO

Non o sabía... e ten o encanto da toponía típica de Galicia... para os de Barreiros a ría sempre foi o Mar Pequeno, eu son do lado de Barreiros, entón a partir de agora para min tamén será o Mar Pequeno. Sempre con luces sorprendentes, cada viaxe é un espectáculo. Hoxe tocou tormenta de verán coa súa luz.


Pésima foto dun Mazarico chiador, Numenius phaeopus. Zarapito trinador.



Cala do Viveiro

Porto de Foz

Praia do Altar

Saída da ría, ao fondo o Cantábrico en calma

miércoles, 26 de agosto de 2026

CAMIÑO NATURAL DA RUTA DO CANTÁBRICO: PRAIA DO ALTAR-FOZ

A luz da tormenta inundao todo...
Puro espectáculo sen presa ao carón do Mar Pequeno, na Ría de Foz. 







Praia da Punta da Arnela








Lagoa dos patos


Praia do Altar


domingo, 25 de enero de 2026

ALDEAS ÉPICAS DAS MONTAÑAS DO COUREL

Cando vai mal tempo de verdade, sempre penso o mesmo... estas aldeas son épicas. 
Eu ando nestas, pero podería ser calquera da montaña. 

Escoitade como soa A Seara dende A Golada

Soldón

Vieiros

Hórreos

A Seara


sábado, 17 de enero de 2026

ALTO DO BOI - ALTO DO CONVENTO. MONTAÑAS DO CAUREL

Subir ao Alto do Boi, deixar o coche xunto a estrada principal de Quiroga a Folgoso e agardar a que pasen cousas... e pasan, sempre pasan. 
O paseo é o de sempre, creo que centos de veces; houbo anos que subía a diario a correr por aquí e cada día é distinto.
A paisaxe mudou, como toda esta zona, despois dos incendios de xullo de 2022... xa non é esa devastación do primeiro ano pero non é o mesmo. 
Foi agradable volver, tendo en conta que seguín subindo a correr despois do incendio, hoxe foi unha sensación reconciliadora con este terreo tan importante para min. 
Os detalles da ruta que case sempre fago por alí están neste post antigo: https://ramonvilaanca.blogspot.com/2011/01/ruta-alto-do-boi-alto-dos-conventos.html.
Tamén me gustou volver a ver algo parecido ao que era en: https://ramonvilaanca.blogspot.com/2023/01/neve-no-alto-do-boi-na-hora-dos-lobos.html
Nin rastro dos lobos na hora dos lobos...


Val do río Ferreiriño

Ao fondo, impreciso, o val do río Sil

Miradoiro no Alto do Boi

Miradoiro no Alto do Boi e Vilar, recuperándose...