lunes, 7 de diciembre de 2015

CARLOS DÍAZ GALLEGO. FOTÓGRAFO EN QUIROGA DE 1958 A 1962

Estamos de sorte! Chegan ata nós as fotos de Carlos Díaz Gallego, que foi fotógrafo na comarca de Quiroga entre os anos 1958 e 1962; agora vive cerca de París.

http://www.asfotosdocarlos.com/

A páxina editaa a súa filla Susana; botádelle unha ollada, seguro que algún de vós lembra... A Bergaza, Bendollo, Campos de Vila, A Ermida, A Ribeira, Santa Cubicia, Quiroga...

Moitas grazas por compartir un tesouro así. Como sempre agárdase o máximo respeto pola propiedade destas fotografías.

Ponte da Bergaza 1958 (desaparecida!) Foto da colección de Carlos Díaz Gallego

miércoles, 4 de noviembre de 2015

E... OUTRO OUTONO MÁIS DIFÍCIL

Sempre está aí. Sempre chega a tempo para completar un ciclo que só indica que pasa a vida. Sempre é o mesmo: o pasado medra...
Non me preguntes como é o outono nestas serras; é demasiado complicado. Os outonos...? os outonos resultan demasiado complicados sempre.
Sair das neves do sur e chegar a un outono como este non é doado, desacouga.
Camiñando sobre as mesmas pegadas de sempre penso na solución. A solución volverá coa neve que xa cheira no aire. Chegaremos á neve?

Cabana no souto de Ferramulín; cóntame un conto...
Cavorco do Aceval. Ferramulín


Arcos calcarios no val de Visuña

Soutos de Ferramulín

A Seara

Val do río Soldón dende a Cruz de Outeiro

Val de Quiroga dende a estrada que sube á Moá

Recuncho entre os arcos calcarios do Val de Visuña

Río Selmo na Seara

Río Selmo en Ferramulín
Castro de Abaixo. Ribas de Sil
Quiroga

Casa do Navín. Nocedo. Quiroga

jueves, 13 de agosto de 2015

V FESTA DO OURO EN MARGARIDE DO LOR

Xa levan cinco edicións decorando a súa vila ao carón do río Lor (que compre ter presente que é o río máis elegante da terra) para non esquecer o pasado. Para tentar sentirse como se sentirían hai moitos séculos os antergos poboadores deste couto mineiro do baixo Lor. A sensibilidade dalgunhas personas non ten límite e ano tras ano están aí; paréceme admirable porque eles son a cultura. Cultura só hai unha, nin grande, nin pequena... so unha que nos fai mellores a todos. Admiro á xente que escoita, que observa, que é quen de deixar as súas cousas cotiáns para volver atrás. Dá igual onde!
Entre os "medos" de Margaride do Lor hai cinco anos que se sinte o pasado, liviá, festivo... somos o que fomos.
Que chamen a un para falar do pasado nun lugar así non ten prezo.


O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

Cova grande do Medo de Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz

martes, 7 de julio de 2015

AS II XORNADAS DE XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA NA PRENSA

Flysch, el susurro de las rocas. Para ver online preme aquí.



















martes, 12 de mayo de 2015

XEOLODÍA 2015. UN PERCORRIDO XEOLÓXICO POLA SERRA DO CAUREL

Premendo aquí pódese descargar a guía en .pdf editada para os participantes no Xeolodía 2015 na provincia de Lugo. Calquera pode facer pola súa conta este interesante percorrido pola Serra do Caurel dende outro punto de vista...


Sinclinal da Serra do Caurel na aldea quiroguesa de Campodola


lunes, 4 de mayo de 2015

FERVENZAS DE QUIROGA. AUGAS CAÍDAS II

Fervenza na aldea da Seara. Río Selmo

Última fervenza do río Ferreiriño. Quiroga
Así sona o río Ferreiriño na súa última fervenza:


Fervenza artificial no río Soldón. Chapacuña do muíño do Cañero. Quiroga
Última fervenza do rego de Fiais pouco antes de chegar ao río Soldón. Preto de Paradapiñol. Quiroga
Así sona o rego de Fiais:


Pincheira no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga


Fervenza da Ola o do Pombar no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga

Fervenza da Pedriña no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga

Pozo do Botán no río Ferreiriño. Campodola. Quiroga
Así sona o río Ferreiriño no pozo do Botán.


Fervenza de Vieiros no río Selmo. Vieiros. Quiroga

Pincheira do rego de Castromao cara o río Selmo. Vieiros. Quiroga

Fervenza no regato Aceval. Ferramulín. Folgoso do Caurel

martes, 21 de abril de 2015

"AMANECE EN EL MONT BLANC" 202.351 VISITAS EN PANORAMIO

http://www.panoramio.com/photo/10352324
Hacía tiempo que no pasaba por allí, ahora ya no lo utilizo casi nada...
Es una foto sencilla. La vieja cámara Canon cargada con diapositivas disparando sin ver cuando llegaron las primeras luces; desde el vivac Vallot, de vuelta de una cumbre nocturna en la que supimos como era eso de los Alpes.
Resulta gratificante compartir este amanecer con todo aquel que quiere verlo como lo vieron nuestros ojos.