viernes, 29 de junio de 2007

Saber adaptarse ás circunstancias é signo de intelixencia. Hai quen se empeña en demostrar todo o contrario. Buscando cousas nos recunchos máis apartados da mente, atopo sempre recordos que non me gustan e que teño que afastar rápido para non laiar. Definitivamente estou volvendo ás orixes, percorrendo chanzos que xa tiña percorrido, onde xa disfrutara e volvo a disfrutar.

Que paz....


domingo, 17 de junio de 2007

Como cambian as cousa, a semana pasada estaba nas montañas onde se forxaron os soños, hoxe escribo nada.

Capturar o tempo...

sábado, 16 de junio de 2007

Todo lo que te viene caído del cielo, pierde inmediatamente interés. Pero si uno permanece con los ojos bien abiertos, puede seguir descubriendo cosas nuevas durante toda la vida. Kurt Diemberguer. El séptimo sentido.

viernes, 15 de junio de 2007

Miro azul escuro, case negro./ Logo horizonte semitransparente,/ cheiro a terra mollada despois da tormenta,/ gotas que esbaran nas follas de flores impensables./ Existen, mais non parecen deste mundo./ Soño./ Vivo./ Por que e como?./ Importa pouco./ Escoito ecos perdidos no aire,/ deixa, non te molestes, xa pasa... É algo parecido o da: lluvia andante semiparalela. Caer e volver a levantarse sen temperatura... recuperar, a pouco a noción de vida para mancarse o menos posible.

jueves, 14 de junio de 2007

Miro, azul escuro, case negro... Por que?, por todo e por nada. Tiven noticias da xente do grupo do Muztagh Ata, mesmo o escalador maldito apareceu novamente. Risas, claro. Volver?, algún día. Preciso restaurar o fondo, non teño nada só as gañas de non saír da espiral. Fixen unha promesa. Fágome preguntas, pero xa non estás, mellor dito, estás menos. Non correspondía.

miércoles, 13 de junio de 2007

Levo varios días dándolle voltas, si, volvín ó principio: son como un pequeno o que hai que ensinarlle todo de novo, só que teño corenta anos. Vin as montañas, canseime, sentín nostalxia, incertidume, soidade... xa casi non apareces, mágoa. Tamén sei que hai cousas que non dependen de min, pero unha vez que pasou o tempo o sentimento que me queda é que foi algo sen rematar; unha loita inutil perdida antes de empezar. Desprezo o mundo que está por baixo do mundo, sei que existe, é negro e desesperante, pero tamén se pode ser civilizado. Eu non tiña por que salvar a nadie, as cousas danse por si mesmas, ou o que é o mesmo: o marxe de cambio é mínimo, xa mo advertiron moito antes de chegar o fondo. Por ir, quedei prendido, como as nubes que se agarran ós cumios das montañas máxicas e estragan intentos inhumanos por chegar o máis alto, ó punto onde estás morrendo. Que queda?, agardar a que as cousas se recompoñan e volver a entrar, ou tal vez non pasar de aí... Mira, volvín a verte, escoitaba claramente a voz que non ten prezo...


jueves, 7 de junio de 2007

Onte foi un día complicado. Os meus temores tiñan fundamento, cando fuxín era por algo, sabía que pola contra non curaría xamais. Volveron todas as pantasmas, a sensación de ter deixado algo sen rematar é insoportable. Polo demais, foi como si non tivera pasado medio ano e non sucedera nada... non entendo. Hoxe caminarei novamente cara as montañas, aquelas onde empezou o camiño: sinto que é como volver a empezar, ou é que estou recollendo as velas para descansar definitivamente... Empezar e acabar nos mesmos sitios, quen sabe?. Recoñezo que agora, neste preciso momento, non sería capaz de entregar o suficiente para soportar unha montaña grande; os recordos son bonitos, pero é preciso ir con todo ben amarrado, sen lastre... deixémolo en que, sinxelamente, non foi un bo inverno!.

domingo, 3 de junio de 2007

Non hai volta atrás, pero pódese mirar o camiño percorrido para tratar de ver algo... Non estou seguro, creo que unha volta as orixes non viría mal agora; debo baixar para tratar de subir outra vez, tendo en conta que é posible que veñan mal dadas. As orixes?, as orixes son estas:

 
Siiiii¡¡¡, é precario... subimos, baixamos, subimos; andivemos un camiño incrible, non pensábamos que fose posible, só na nosa imaxinación podía ser. Todo se volveu moito máis complexo:


O curso das cousas é impredecible. Ata o teu paso foi así, casi como si non correspondera... correspondía?, coido que non.


Volverán os días sen fin,/calor, /xogo sen sentido coñecendo meses antes o final,/ bonito,/ frío,/ lonxe,/ soños equivocados,/ preto,/ frío,/ caer e volver a levantarse sen temperatura./ Impulso?, golpe final?.