martes, 31 de diciembre de 2013

TRACK PARA DESCARGAR: EVEREST BASE CAMP. KHUMBU GLACIER

Camino al campo base de la cara sur del Everest, salida de Namche Bazar

EVEREST BASE CAMP SOUTH FACE ROUTE: From Lukla to Everest B.C.

Montañas en las que viven Dioses clementes
FOTOShttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2012/06/solukhumbu-valley-eastern-nepal.html

TRACK PARA DESCARGAR: INLANDSIS SUR GROENLANDIA

No Indlandsis despúes de abandonar la costa en Qalerallit Imaa

TRAVESÍA EN EL SUR DE GROENLANDIA. Ida y vuelta al fiordo de Qalerallit después de atravesar la lengua del Gletcher Glacier que cae directamente sobre el mar.

MÁS INFORMACIÓN ENhttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2011/12/montanas-na-illa-de-xeo-e-travesia.html

FOTOShttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2013/11/xeo-no-norte-islandia-e-groenlandia.html y http://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2011/06/kalaallit-nunaat-greenland-groenlandia.html

VÍDEOhttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2011/08/video-kalaallit-nunaat-greenland.html

TRACKS PARA DESCARGAR: ISLANDIA VOLCANES

Bajando del volcán Hekla

A alguien puede servirle como referencia.

VOLCÁN EJAFJALLAJÖKULL (intento hasta refugio de Fimmvörduháls) 1.666 m. Partiendo de Skógar, entre los campos de hielo de Mýrdalsjökul y Eyjafjallajökull.

VOLCÁN HEKLA 1.491 m. Desde Nyjahraun.

VOLCÁN SNAEFELS 1.446 m. Península de Snaefels.

MÁS INFORMACIÓN ENhttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2011/12/montanas-na-illa-de-xeo-e-travesia.html

FOTOShttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2013/11/xeo-no-norte-islandia-e-groenlandia.html y http://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2013/11/xeo-no-norte-islandia-e-groenlandia.html

VÍDEOhttp://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2012/01/islandia-tres-volcanes.html

TRACKS GPS PARA DESCARGAR: VOLCANES EN ECUADOR.

Chimborazo desde el refugio Whymper a 5.000 m, bajo la cara norte
A alguien pueden servirle como referencia.

FUYA FUYA. 4.290 m. En el límite de las provincias de Imbabura y Pichincha. Las rutas más conocidas parten de la impresionante laguna Mojanda, a la que se accede desde Otavalo.
IMBABURA. 4.944 m. En la provincia de Imbabura a sólo 8 Km de Otavalo y a 12 de la ciudad de Ibarra.
COTACACHI (intento). 4.939 m. En la provincia de Imbabura, a 25 km al oeste de la ciudad de Ibarra.
ILINIZAS NORTE. 5.126 m. En la provincia de Cotopaxi, 23 km al suroeste de la ciudad de Machachi.
COTOPAXI. 5.898 m. En la provincia de Cotopaxi. Se localiza en la Cordillera Real, la la planicie de Limpiopungo, 35 km al noreste de Lacatunga y 40 km al sureste de Quito.
CHIMBORAZO (intento hasta primer domo). 6.310 m. En la provincia de Chimborazo, 30 km al noroeste de la ciudad de Riobamba.

FOTOS:
http://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2010/12/ecuador-as-xentes-na-serra.html
http://ramonvilaanca.blogspot.com.es/2010/11/ecuador-quito.html

sábado, 28 de diciembre de 2013

MEJOR FOTO DEL AÑO

Mi mejor foto del año, ni es de este año, ni es mía; salgo yo en ella... se hizo el día 31 de diciembre de 2012. Después de repasarlas todas tuve que rendirme y reconocer que de, aproximadamente 15.000 disparos, míos o cerca de mí, ésta es la mejor en dura disputa con otra que también fue realizada en la nieve. Como en algunos premios pondré las dos: la ganadora y la finalista.

A miña mellor foto do ano, nin é deste ano, nin é miña; aparezo eu nela... fixérona o día 31 de decembro de 2012 ás 12:24 h. Despois de repasalas todas tiven que rendirme e recoñecer que de, aproximadamente 15.000 disparos, meus o preto de min, este é o mellor en dura disputa con outra que tamén foi feita na neve. Como nalgúns premios porei as dúas: a gañadora e a finalista.

Mejor foto del año: Pic D'Aneu. Lunes día 31 de diciembre de 2012. 12:29 h
Mellor foto do ano: Pic D'Aneu. Luns día 31 de decembro de 2012. 12:29 h

Finalista. Respumoso. Día 1 de junio de 2013. 10:50 h. 
Por su simplicidad no es una foto, es una poesía que tiene mucho más de lo que se ve en ella: nieve, roca, árbol vivo, árbol muerto y sarrio. Es posible que no sea lo suficientemente buena, para entenderla habría que estar detrás del visor de la cámara aquel día del inicio de la primavera con sesenta centímetros de nieve recién caída y el silencio oscuro que dejan detrás los aludes al acabarse.
                                                       Finalista. Respumoso. Día 1 de xuño de 2013. 10:55 h.
Pola súa simplicidade non é una foto, é unha poesía que ten moito máis do que se ve nela: neve, rocha, árbore viva, árbore morta e sarrio. É posible que non sexa o suficientemente boa, para entendela habería que estar detrás do visor da cámara aquel día do inicio da primavera con sesenta centímetros de neve recén caída e o silenzo escuro que deixas os aludes ao rematar.

Este año, por un montón de circunstancias, no fui capaz de leer todo lo que me hubiera gustado y suele ser habitual, pero siempre quedan perlas. Si tengo que quedarme con una eligiría palabras especiales de The kite runner del afgano Khaled Hosseini, que me gustaría que acompañaran a estas imágenes:
"Habían estado llorando los dos; era fácil de adivinar, porque llegaron con los ojos rojos e hinchados. Se colocaron frente a Baba, cogidos de la mano, y me pregunté cómo era posible que yo hubiera sido capaz de provocar un dolor como aquél..."

Este ano, por un montón de circunstancias, non fun quen de ler todo o que me gusta e soe ser adoitado, pero sempre quedan perlas. Si teño que quedarme cunha elixiría palabras especiais de The kite runner do afgano Khaled Hosseini, que creo que deben acompañar a estas imaxes:
"Habían estado llorando los dos; era fácil de adivinar, porque llegaron los ojos rojos e hinchados. Se colocaron frente a Baba, cogidos de la mano, y me pregunté cómo era posible que yo hubiera sido capaz de provocar un dolor como aquél..."

Y una fábula corta que lo explica todo... o casi todo:
Un viejo Chamán Cherokee estaba hablando a los niños de su tribu sobre la vida y les dijo:
"Hay una batalla teniendo lugar en mi interior... es una pelea terrible entre dos lobos. Un lobo representa el miedo, la ira, la envidia, la pena, el arrepentimiento, la avaricia, la arrogancia, la culpa, el resentimiento, la inferioridad, las mentiras, el falso orgullo, la superioridad y el ego. El otro lobo es la alegría, la paz, el amor, la esperanza, el compartir, la serenidad, la humildad, la amabilidad, la benevolencia, la amistad, la generosidad, la verdad y la fe."
Miró a los niños y les dijo:
"Esa misma lucha está teniendo lugar en vuestro interior y en el de cualquier persona que viva".
Los niños se quedaron pensando un momento y uno de ellos preguntó:
"¿Y cuál de los dos lobos ganará?"
Y el viejo Chamán Cherokee respondió: "Ganará el lobo que más alimentes".

E unha fábula corta que o explica todo... ou case todo:
Un vello Chamán Cherokee falaballe aos nenos da súa tribo sobre a vida e díxolles:
"Hai unha batalla librándose no meu interior... é unha rifa terrible entre dous lobos. Un lobo representa ao medo, a ira, a envexa, a pena, o arrepentimento, a avaricia, a arrogancia, a culpa, o resentemento, a inferioridade, as mentiras, o falso orgullo, a superioridade e o ego. O outro lobo é a alegría, a paz, o amor, a esperanza, o compartir, a serenidade, a humildade, a amabilidade, a benevolencia, a amizade, a xenerosidade, a verdade e a fe."
Mirou aos nénos e engadiu:
"Esa misma loita ten lugar no voso interior e no de calquera persoa que viva".
Os nenos quedáronse pensando un momento e un deles preguntoulle:
"E cal dos dous lobos gañará?"
E o vello Chamán Cherokee contestoulle: "Gañará o lobo que máis alimentes".

jueves, 26 de diciembre de 2013

OS ARTEFACTOS LÍTICOS DA GÁNDARA CHÁ. A ERMIDA. QUIROGA

A mellor fonte para explicar o achado dos artefactos líticos no lugar coñecido como a Gándara Chá, na parroquia da Ermida do Concello de Quiroga, é acudir ao informe das actuacións arqueolóxicas preventivas do ano 2007, redactado con motivo das obras de mellora da estrada de Quiroga a Folgoso do Caurel.
O xacemento da Gándara Chá sitúase nun lugar estratéxico xa que era unha zona natural de circulación (a vía de penetración lóxica dende a Meseta) e a súa elevada altitude permitía controlar visualmente o tránsito dos grandes herbívoros polas ribeiras do río Sil, coas súas derivacións cara ao río Quiroga primeiro e logo cara ao río Ferreiriño.
Ante a ausencia case total de abrigos ou covas naturais nesta zona, os homínidos tiñan que vivir en asentamentos ao aire libre. As ferramentas descubertas no lugar son a principal evidencia destas primeiras ocupacións humanas da zona.
A aparición de núcleos e lascas demostra que alí se levaron a cabo labores de talla, así como a presenza de instrumentos (raedeiras, denticulados, coitelos de dorso, bifaces circulares) indica que tamén desenvolveron outro tipo de actividades de carácter máis doméstico.

O conxunto da industria en pedra está feito, como se indicará na explicación, sobre os cantos de seixo e cuarcita que recollían nas ribeiras do río e transportaban ata o lugar da Ermida.

San Vitoiro, A Ermida e á dereita e no centro a Gándara Chá
Tirado de: ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS. MEDIO RURAL.
CD 102A 2007/679-0
Os estudos arqueolóxicos na fase de proxecto das obras de mellora da estrada de Quiroga a Folgoso do Caurel polo alto do Boi detectaron, á altura dos puntos quilométricos 2'140 e 2'600, a presenza en superficie de artefactos líticos tallados que polas súas características tecnomorfolóxicas poden encadrarse no Paleolítico. Froito destes achados estableceuse unha medida correctora, recollida na Declaración de Impacto Ambiental, consistente na realización dunha serie de sondaxes valorativas que permitisen caracterizar o interese e a importancia destes.

METODOLOXÍA

A proposta de intervención encamiñouse a verificar se a presenza de artefactos líticos en superficie se correspondía con algún xacemento arqueolóxico de interese, polo que se deseñaba unha intervención que permitise enmarcar o conxunto ou os conxuntos de artefactos localizados, no seu correspondente nivel ou niveis, tentando encadralos no contexto xeral máis amplo dentro da secuencia xeral que se vén establecendo en Galicia para o Plistoceno Medio e Superior. Por iso se determinaba a necesidade de realizar un estudo xeoarqueolóxico da superficie, análise que incluiría a realización de sondaxes, así como a limpeza daqueles cortes de pistas ou camiños que, aínda que estivesen localizados fóra da superficie de expropiación, permitisen achegar información para a contextualización cronolóxica-cultural dos artefactos líticos localizados e dos niveis sedimentarios aos que se asociasen.

A intervención estruturouse en dúas fases. Primeira fase: consistente nun estudo xeoarqueolóxico que contemplaba a limpeza dalgúns perfís xa visibles e a revisión sistemática da superficie para localizar posibles xacementos arqueolóxicos, buscando polo tanto agrupacións de artefactos líticos. Segunda fase: implica a adopción de estratexias na realización de sondaxes, unha derivada dunhas mostraxes estratigráficas, con base estatística, que buscaba clarificar a distribución das posibles concentracións, así como a información tecnomorfolóxica dos conxuntos localizados. Outra consistente na escavación manual de pequenas superficies distribuídas aleatoriamente en sondaxes de 4 m2.

RESULTADOS
A revisión e a limpeza de cortes efectuouse sobre unha gabia situada entre as vides, ao norte da superficie de ocupación dos cortes, que permitiu aclarar que os depósitos sedimentarios nos que aparecías os artefactos líticos tallados se superpuñan a unha antiga superficie de erosión que conformou unha plataforma con recheos sedimentarios de orixe Terciaria, cunha facies conglomerática constituída por unha sucesión de capas conglomeráticas, areosas e limosas-arxilosas. Os obxectos aparecen nos sedimentos superiores derivados da dinámica de ladeira. En ningún destes perfís se atoparon artefactos líticos tallados, se ben a composición sedimentaria se aproximaba á que se documentou nas sondaxes realizadas.

A Gándara Chá: plataforma con recheos sedimentarios de orixe Terciaria. O estrato superior na actualidade aparece ocupado por sedimentos derivados da dinámica de ladeira.

O mapa do relevo MTD 5 m do Instituto Xeográfico Nacional permítenos observar a situación preponderante da plataforma actual da zona coñecida como a Gándara Chá, entre as cuncas dos ríos Ferreiriño, Ermida e Quiroga, e moi preto do corredor natural do Río Sil.
Na revisión superficial desta primeira fase amosáronse uns resultados iniciais que xa informaran da escasa probabilidade de atoparse con sedimentos que contivesen un número significativo de artefactos líticos tallados na superficie de ocupación, xa que na superficie afectada só se localizaron 3 ferramentas e fóra do ámbito da obra atopáronse só outras 6 e mesmo se constatou a escasa presenza de gravas rodadas, soporte habitual para este tipo de ferramentas.

Estas 9 pezas que se identificaron en distintos puntos e sen conexión especial non posibilitan aproximación algunha sobre unha distribución lóxica que permitise expoñer hipótese sobre unha concentración significativa de obxectos que reflectise a existencia dun posible xacemento.


SECUENCIA ESTRATIGRÁFICA
Nivel
Descrición
0 (UE O)
Superficie actual con cuberta vexetal e distintos detritos contemporáneos nos que aparecen clastos derivados da remoción de capas inferiores polas labores agrícolas.
1 (UE 1)
Sedimentos moi plástico e compactación media, abundas os macro restos orgánicos e numerosos clastos, fundamentalmente de cuarzo e cuarcita de tamaña pequenos, algún rodado. Tamén aparecen fragmentos cerámicos vidrados e procedentes de materiais de construción e algúns artefactos líticos tallados.
2 (UE 2)
Sedimento de alto contido arxiloso, no que diminúen os macro restos orgánicos. Contén clastos de cuarzos e cuarcitas, algúns deles rodados e fragmentados do substrato pizarroso. Aparecen algúns artefactos líticos tallados e desaparecen os fragmentos cerámicos.
3 (UE 3)
Nivel moi arxiloso e moi plástico. Aparece formando baldosas de xeito alterno con niveis de degradación do substrato rochoso. Desde o punto de vista arqueolóxico resulta estéril.
4 (UE 4)
Nivel arxiloso estéril de orixe terciaria que se superpón ao substrato rochoso.
5
Substrato rochoso (documéntase no perfís ao norte da zona sondada).

Lasca discoidal de cuarcita (raspador) 5,7 x 5,8 x 1,8. Catálogo da exposición "Gallaecia Petrea"

Núcleo discoidal en cuarzo de pequeño tamaño +/- 5 cm. Catálogo da exposición "Gallaecia Petrea"

MATERIAIS
UE
M. prima
Tipo
Morfotipo
1
0
Cuarzo
BN2G
Raedeira
2
0
C.R. Cuarcita
BN2G
Biface circular
3
0
Cuarzo-xisto
BN1G
C.T.B. superficial
4
0
C.R. Cuarcita
BP
Lasca reavivada de c. bifacial
5
0
C.R. Cuarcita
BN2G
Denticulado
6
0
C.R. Cuarcita
Fragmento termoclasa
7
0
Cuarzo-xisto
BN2G
Marca
8
0
C.R. Cuarcita
BN1G
Núcleo
9
1
C.R. Cuarcita
BN1G
C.T.U. converxente
10
0
C.R. Cuarcita
BN2G
Núcleo
11
1
Cuarcita
BN1G
C.T.U. superficial
12
1
Cuarzo
BN2G
Raedeira
13
1
Cuarzo
BN2G
Raedeira
14
2
Cuarzo
BN2G
Denticulado
15
1
Cuarzo
BN2G
Marca
16
1
Cuarzo-xisto
BP
Lasca de segunda orde
17
2
Cuarzo
BP
Coitelo de dorso
18
2
Cuarzo
BN2G
Denticulado
19
1
Cuarzo-xisto
BP
Coitelo de dorso
20
1
Xisto
BP
Coitelo de dorso natural
21
1
Cuarzo
BN1G
Núcleo
22
2
Cuarzo-xisto
BN2G
Denticulado
23
2
Cuarzo-xisto
BP
Lasca reavivada
24
1
Cuarzo-Xisto
BN2G
Denticulado
25
2
Cuarcita
BN2G
C.T.U. sobre lasca

No desenvolvemento da segunda fase, finalmente escaváronse 15 sondaxes (2 x 2 metros) dos que 8 achegaron obxectos líticos tallados (4 deles cun só artefacto), e 7 non achegaron ningunha peza. Unha vez finalizadas as sondaxes, realizouse unha gabia de 7 m en cada lado e 1,5 metros de anchura, que tampouco proporcionou artefacto algún.
PALEOLÍTICO MEDIO. CONXUNTOS LÍTICOS.
Modo 3-Musteriense. 150.000-35.000 anos atrás.
Levallois e talla discoidal de cuarcita de gran fino e pequenos cantos de cuarcita. Percusión directa con martelo.
Unha nova especie de homínido, Homo Neanderthalensis, aparece na escena do Paleolítico Medio. Con máis fortaleza física que todos os humanos modernos e con capacidades mentais e cognitivas moito máis desenvolvidas que as especies temperás, esta especie aplicou unha nova tecnoloxía baseada na produción de pequenas ferramentas de pedra empregando materiais como o seixo ou a cuarcita. O enfoque xa non está en producir grandes ferramentas realizadas a partir de guijarros ou grandes lascas tales como a machada de man bifacial ou coitelas; no canto, as ferramentas están feitas de pequenas lascas separadas de núcleos seguindo métodos específicos. Isto permítelles obter obxectos máis estandarizados planeados dende o principio (os métodos discoidal e Levallois). Estas lascas podíanse empregar directamente ou retocando os seus bordos para adaptalos a traballos específicos. O tallado de pequenas ferramentas a partir de lascas permite xestionar a materia prima de xeito máis eficiente, xa que obteñen máis bordos de cada lasca ou guijarro.
O mellor exemplo deste método avanzado de planificación é o "método Levallois" que consiste en obter lascas mediante un complexo proceso, no que mediante diferentes golpes e retoques obtense a forma final desexada (e planificada previamente).
Os núcleos modelábanse en ambas caras, dándolles unhas características volumétricas específicas, máis planos na cara superior. Unha vez o núcleo é modelado e a punta de percusión foi coidadosamente preparada para un mellor control da ruptura o resultado pode ser, ou ben unha lasca de forma ovalada cun amplo bordo perimetral (lasca Levallois) ou estreitas lascas con puntas retocadas (puntas Levallois).
Para usar estes métodos correctamente necesitaban unha boa materia prima que debía reunir excelentes calidades de rotura evitando puntos internos débiles ou outras impurezas que puideran causar defectos durante o proceso de tallado.
A este respecto os Neanderthales demostraron unha profunda familiaridade coas características da materia prima existente nos contornos dos lugares onde vivían, dando prioridade a selección de materiais de gran fino. Para conseguilo, en numerosas ocasións, terían que viaxar decenas de quilómetros para aprovisionarse de material ao longo das beiras dos leitos fluviais.
Grazas ao estudo das marcas do desgaste en varias ferramentas de pedra recuperadas na Cova de Eirós (Cancelo, Triacastela), sabemos que as puntas Levallois usábanse para cazar distintos animais; os raspadores e outras pequenas lascas empregáronse para despezar animais e raspar peles curtidas (posiblemente para facer vestidos) ou madeira para elaborar lanzas ou outras ferramentas, hai evidencias de que o lume tamén interviña na súa elaboración.
Os restos líticos do Paleolítico Medio falan da existencia dun complexo, estandarizado e estendido proceso de produción, administración e uso dos recursos líticos; frecuentemente a única evidencia que queda destas comunidades son unha boa testemuña da complexidade cognitiva e da conduta do Homo Neanderthalensis.
Tirado do catálogo da exposición "Gallaecia Petrea" do ano 2012. Os comentarios aos distintos artefactos líticos, entre os que se atopaban expostos dous da Gándara Chá, é de Arturo de Lombera Hermida.
INTERPRETACIÓN

A composición da mostra, cunha serie de morfotipos que tradicionalmente serven como tipos característicos de determinados momentos crono-culturais, podería encadrar o conxunto no Plistoceno Medio ou inicios do Superior, no que podería corresponderse cun Paleolítico Inferior (Achelense Evolucionado) ou mesmo se podería encadrar dentro do Paleolítico Medio, dentro do que nos sistemas clásicos se englobaría nun Musteriense de tradición Achelense.

Os resultados obtidos permiten determinar que sobre unha superficie de orixe terciaria; en cuxo sedimento aparecen diversos fragmentos de materias primas susceptibles de servir de soportes a ferramentas líticas talladas, houbo momentos no Plistoceno Medio Final e/ou Superior Inicial, alomenos, grupos de cazadores recolectores que interactuaron nese espazo ou nas súas proximidades.

Os escasos vestixios localizados habería que interpretalos como meros achados dispersos que non permiten certificar, dende o noso punto de vista, a presenza dun xacemento, aínda que fose en posición derivada, de suficiente entidade como para condicionar o desenvolvemento normal da obra.

Informe elaborado por Juan A. Cano Pan de Arqueoloxía do Noroeste S.L.U.