domingo, 11 de diciembre de 2016

DEVESA DO CERVO. O MAZO. QUIROGA

Ritual.
Agardaba pola ponte de decembro como moitos outros anos. Sempre coincide por aquí así...
Ando lento.
Ando atento.
Non vou a ningures molesto por un sol que non corresponde. Rabexo. Mágoa de tempo...
A verdade xa é un pouco tarde, xa o sabía dende os días anteriores de camiño a Seara pero non quero faltar a cita con Bárbol (Treebeard). Tal vez este ano, como moitas outras veces, tamén apareza.
Si, aquí está, no mesmo recuncho de sempre, onde o bosque é máis vello, onde o bosque é máis tranquilo, onde o bosque cheira a humidade, onde o bosque é... brutal.
Séntaste e fuxes deste mundo para entrar nun mundo antigo... ents, ucornos (Huorns)...
Quen sabe cando será o primeiro xiro deste ano; o aire aínda non trouxo neve para quedarse...

Track .gpx ruta O Mazo-Devesa do Cervo-Fervenza do Cervo-Pico Montouto.

No camiño do Mazo á ferrería

No camiño do Mazo á ferrería

Recuncho do rego de Montouto na parte baixa, fóra do camiño

Rego que baixa de Rinán a carón dunha das fervenzas, fóra do camiño

Fervenza no rego de Montouto, fóra do camiño

Bosque vello, devesa do Cervo

Bosque vello, devesa do Cervo

Devesa do Cervo, lección de Xeoloxía. Así é unha montaña por dentro. Flanco do Sinclinal da Serra do Caurel

Fervenza do Cervo

Parte baixa da devesa do Cervo

Parte baixa da devesa do Cervo

Devesas do Cervo e Mazales, a esquerda

A lúa sobre a devesa do Cervo

Solpor no val do río Soldón, ao fondo o pico da Torca

sábado, 10 de diciembre de 2016

FERVENZAS DO SELMO NA ZONA DE PENA LONGA...

Esmorece o outono e como un lóstrego vina dende a estrada...
Xa había tempo. Cando éramos río pasamos por alí moitas veces sen tempo máis que de ser iso... río.
Agora apreciamos o que significaba aquilo pero pódese ir de vagar a deixarse arrolar por un mantra que non cesa.
Nos dominios da fervenza das fervenzas, antes de abandoar Quiroga, o río Selmo salta primeiro nunha cachoeira e logo nunha chapacuña da que parte unha vella caldeira. As chapacuñas para as presas aproveitan na meirande parte dos casos saltos de auga naturais; así cunhas simples fiadas de cachotes tiñan a presa montada...
Salvaxe e sutil...









RUTA DA SEARA AO PENOUCO (SILLA DE CASTROMAO)


Dende o centro da Seara (aira do Dismo); saímos da poboación pola rampla principal en dirección sur para ir pola estrada ata a Golada. Na Golada collemos a pista forestal que leva á Rotea e que pasa polo miradoiro onde está interpretado o glaciarismo nos vales da Seara e Vierios. Tendo en conta que o monte na zona das antenas da Rotea é baixo e tamén hai lameiros faise moito máis agradable abandoar a pista e ir pola parte superior dende onde xa se ve o Penouco e a Silla de Castromao. A entrada da pista forestal que conduce ao noso obxectivo ten unha pequena sinal de madeira que indica o Penouco... ao final da pista, que non sempre está nas mellores condicións pola vexetación, empeza un sendeiro estreito que baixa primeiro e sube despois entre as rebolas cara o punto máis alto da Silla que é o Penouco.
Para descargar track .gpx premer aquí.


A Seara dende a Rotea

Vieiros dende a Rotea

O Penouco sobre o val do río Selmo

Vieiros e a Seara dende o Penouco

A Seara dende o Penouco

Val do Selmo, Ferramulín e Hórreos dende o Penouco

Vista cara o leste e o norte dende o Penouco; Vieiros e a Seara...

jueves, 1 de diciembre de 2016

UN OUTONO MENOS... 4º

O motivo é sempre unha luz delirante.
Agora a meirande parte das veces falta luz e os resultados non son os apetecidos, ou si...
No outono cargamos coa cámara e perseguimos a luz e tamén a ausencia de luz (sombra). O resto son as cores que nos atormentan, ou tamén é a luz a que nos atormenta.
A veces neve... a neve é outra luz tamén.
Todo isto, case sempre, no territorio do lobo que mira e non entende...

Banco no miradoiro de Campodolo. Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga

Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga

Val do río Soldón dende o Cerengo en Ribas de Sil. En primeiro termo Castro de Canivete, logo Rocaboa e a serra de Vilarmel, a serra do Cabreiro e o Montouto

Os lameiros da chaira de a Moá, entre Castro Caldelas de San Xoán de Río

O Val de Lemos, co castelo de San Vicente no centro, dende o alto do Boi

O val de Lemos baixo o seu característico mar de néboa nunha tarde de outono, dende o alto do Boi

Montouto e a serra do Cabreiro dende o alto da Torca. Quiroga

Dende a Gándara Cha na Ermida: San Cristovo, Bustelo de Fisteus e os montes da Torca

Val de Céramo e Visuña dende os tornos de Formigueiros. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel

Os lameiros da chaira de a Moá, entre Castro Caldelas de San Xoán de Río
Devesa do Cervo no val do río Soldón, por riba do Mazo. Quiroga



Val do río Soldón e Soldón da Seara. Quiroga

Devesa da Rogueira. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel


sábado, 26 de noviembre de 2016

UN OUTONO MENOS... 3º. FORMIGUEIROS

Non foi unha casualidade, lembro moitas neves de outono... e haberá quen lembre moitas máis.
Hai tempo que sabía que iría a Formigueiros, dende alí soñei un mundo grande e bonito; efectivamente é así por eso estou agradecido e necesito ir. Teño o feo costume de anotalo casi todo... Cantas veces? Máis de 400. Si, parecen moitas pero non o son... tendo en conta que estou no monte máis da metade dos días do ano dende hai demasiados anos.
Está moi claro, os vales de Visuña e a Seara e o monte Formigueiros sempre estarán...
De camiño as mesmas imaxes de sempre que bailan o son dun outono que tardou en chegar pero acabou chegando a medias. Algunha vez, despois dunha morea de estados de ánimo, novas visións sorprenden ollos cansados.

Nueve lenticular sobre a Serra do Caurel

Devesa do Cervo e Montouto entre a néboa

Cabana no Carrozo do Val de Parada

Val do río Soldón e Soldón da Seara

Fonte do Espiñeiro na Seara

Val de Visuña

Val de Visuña dende o alto do Couto

Val de Visuña 

Céramo, no val de Visuña

Val de Visuña

Val de Visuña

Ondas de neve chegando aos tornos de Formigueiros

Autoretrato no cumio de Formigueiros. 
Devesa da Rogueira dende o Teso das Papoulas
Lagoa de Lucenza