miércoles, 13 de junio de 2007

Levo varios días dándolle voltas, si, volvín ó principio: son como un pequeno o que hai que ensinarlle todo de novo, só que teño corenta anos. Vin as montañas, canseime, sentín nostalxia, incertidume, soidade... xa casi non apareces, mágoa. Tamén sei que hai cousas que non dependen de min, pero unha vez que pasou o tempo o sentimento que me queda é que foi algo sen rematar; unha loita inutil perdida antes de empezar. Desprezo o mundo que está por baixo do mundo, sei que existe, é negro e desesperante, pero tamén se pode ser civilizado. Eu non tiña por que salvar a nadie, as cousas danse por si mesmas, ou o que é o mesmo: o marxe de cambio é mínimo, xa mo advertiron moito antes de chegar o fondo. Por ir, quedei prendido, como as nubes que se agarran ós cumios das montañas máxicas e estragan intentos inhumanos por chegar o máis alto, ó punto onde estás morrendo. Que queda?, agardar a que as cousas se recompoñan e volver a entrar, ou tal vez non pasar de aí... Mira, volvín a verte, escoitaba claramente a voz que non ten prezo...


No hay comentarios:

Publicar un comentario