martes, 21 de junio de 2022

ENVASES DE CORCHO PARA AUGA

Envases fabricados en corcho para auga.
Procedentes de Vilañán (Quiroga), chegaron alí dende o val do río Lor baixo (Santa Andrea, Freixeiro ou Margaride), onde os empregaban para levar auga á sega.
Están fabricados con láminas de corcho; a súa etrutura está formada por tres cilindros de corcho de distinto diámetro, perfectamente esamblados e impermeabilizados con pez (Dicionario da RAG: substancia branda e pegañenta, de cor escura e insoluble en auga, que provén da destilación de diversas resinas e alcatráns vexetais). Para reforzar a súa estrutura tiñan varios costrelos de castiñeiro a xeito de aneis no exterior, non os conservan todos.
O único que fixemos foi desinfectar os materias, consolidar a estrutura para que non se desintegrara e hidratar os materiais con cera de abella.

Pódense ver no Museo Etnográfico do Concello de Quiroga.








2 comentarios:

  1. Grazas por manternos informados destas iniciativas caladas e solidarias que se están a desenvolver polo val e a serra, tan ilusionantes.
    E la nave va!

    ResponderEliminar
  2. Pouco a pouco, todo irá... Moitas grazas pola visita.

    ResponderEliminar