sábado, 21 de mayo de 2022

LIMPEZA DO POZO DOS VERECIÑOS OU VALECIÑOS EN MOREDA. MONTAÑAS DO CAUREL.

Autodenomínanse GRM (Grupo Recolle Merda): chegan, limpan, desfrutan destas montañas e marchan por onde viñeron ata a próxima actividade.
Nesta ocasión, actividade de limpeza no Pozo dos Vereciños. segundo a denominación dos autores da topografía da sima, e Valeciños segundo os veciños de Moreda; localidade de Folgoso do Courel, onde está emprazada. 
A actividade foi organizada en colaboración co Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, aberta a todo o mundo interesado en participar.
Unha vez máis sen descanso, dende as 10:30 h ata as 16 h, deixaron a sima limpa, logo de quitar algo máis de 1000 Kg de lixo (segundo a miña estimación) depositado nesta cavidade de vello... non atopamos lixo recente, como mostra de que foi arroxado alí cando, nin de lonxe, existía recollida de refugallos nas aldeas destas montañas.
Dá gusto volver a xuntarse con eles, algúns son coñecidos dende hai máis de 35 anos, e as risas e o bo ambiente están sempre garantidos nestas xuntanzas.
Moitas grazas, vémonos pronto.
































No hay comentarios:

Publicar un comentario