Non as contei pero superan as 100.000 como todos os últimos anos. Sempre son demasiadas imaxes para tratar de suplir unha mente cansada.
Algúns, a meirande parte, son redescubrimentos importantes dun ano que non foi bo e deixará fondas pegadas.
Non hai ningún criterio para selecionalas e cando as volva a ver preguntareime por que... Sempre é o que hai...
 |
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil dende o miradoiro dos Boqueiriños. Ribeira Sacra. Parada de Sil e Sober. |
 |
Cara o campo alto do Tharpu Chuli (Tent Peak). Annapūrna Himāl. Nepal. Ao fondo Machhapuchhare montaña sagrada |
 |
No campo alto do Tharpu Chuli (Tent Peak). Ao fonto a cara sur do Annapurna... Nepal |
 |
R32 no barranco do Regueiro Seco en Campodola. Quiroga. Por casualidade, como pasan sempre as grandes cousas... |
 |
Canón de Ordesa nas gradas de Soaso. A visión causa a mesma impresión de sempre, pero esta vez hai un montón de sorrisos no medio. CM Formigueiros, inesquecible... |
 |
Babia nunca pode faltar, camiño de volta do Montiguero unha parada para sentir o osíxeno en Peña Redonda |
 |
Val de Visuña, fervenza grande de Hórreos. Moito antes de que o Caurel fora descuberto. Evidentemente esta imaxe non é deste ano pero sempre está de actualidade. No val de Visuña quedaremos... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario