Estaba a piques de rematar o mes de novembro do ano 2003. Chovía con esa chuvia que tan ben coñecíamos os que camiñamos dende hai anos por esta serra; non molesta e concede instantes de luz distinta, o xogo consiste en buscala e tratar de capturala.
Saín da casa, na Seara, coa cámara no fondo da mochila, con rumbo impreciso... Cando levaba dez minutos andando algún trasno dixo: -que fas, non ves? -Vexo oh! Respondín preguiceiro.
Remexín a mochila mal feita, como sempre, e saquei a cámara cargada con diapositivas. Sempre levaba diapositivas cargadas que, unha vez pasados os anos, seguen sorprendendo ao dixitalizalas con moita paciencia na casa: oooh, era así!, pensaba cada vez que veía o resultado na pantalla do ordenador.
Un carrete completo de luces e cores imposibles. Aquel día non pensei nas voltas que chegarían a dar estas imaxes, antes non era así.
 |
Cabana da devesa de Rogueira. Serra do Caurel |
 |
Vieiros. Serra do Caurel |
 |
Lameiros de Ferramulín. Serra do Caurel |
 |
Parte inferior da devesa de Rogueira. Serra do Caurel |
 |
Fervenza do Fócaro na Seara. Serra do Caurel |
 |
Fervenza grande de Hórreos. Serra do Caurel |
 |
A Seara. Serra do Caurel |
%2Bcopia.jpg) |
Lameiros de Ferramulín. Serra do Caurel |
No hay comentarios:
Publicar un comentario