Non preguntarás pero... este ano a primavera na serra do Caurel é espectacular. Baixaba tranquilo despois dunha xornada distinta... sentín con total claridade as palabras do trasno na miña cabeza: -que fas?, por que non sacas a cámara?, móvete.
Sonaba na radio Estrella Morente con Paco de Lucía, pensaba na recurrencia de determinadas cousas e na dor que provocan as cordas nas mans cando se perde o costume.
A xente agradece as nosas explicacións para poder seguir explorando, eu sentinme agradecido por que me axudaron a sacar un rato os pés da zona fría.
Diante dos meus ollos paisaxes familiares nos que o mellor que pode facerse e calar... si, así vai este ano a primavera na miña serra.
 |
Subida a primeira hora polo val do río Quiroga |
 |
Corzo na Golada, antes da Seara |
 |
Estrada de Visuña, antes de chegar a Ferramulín, ao fondo a pena do Mar de Arriba |
 |
Pena do mar de arriba dende a estrada, pouco antes de Vieiros |
 |
Penedo do Val |
 |
Serra entre o penedo do Val e a silla de Castro Mao |
 |
Silla de Castro Mao |
 |
Vieiros e val |
 |
Fonte de Cais, na serra dos Cabalos. Cabeceira do río Soldón |
 |
Val do río Soldón |
 |
Fonte de Cais, na serra dos Cabalos |
 |
Corga do rego de Pinacedo antes de chegar a Soldón da Seara dende a Golada |
 |
Val do rego dos regos de Montouto e Mazales |
No hay comentarios:
Publicar un comentario