miércoles, 12 de noviembre de 2014

OUTROS OUTONOS QUE TAMÉN FORON

É que non é doado. A luz do outono fuxe e acabouse.

Vilar do Caurel. Serra do Caurel

Río Sil en Augasmestas. Quiroga e Ribas do Sil

San Pedro. Ribas do Sil
A Seara. Serra do Caurel

Castro de Abaixo. Ribas do Sil

Praia dos franceses. A Veiga

Senda do nacemento do río Pitarque. Teruel

Val de Visuña. Serra do Caurel

Val de Visuña. Serra do Caurel

A Seara. Serra do Caurel

Campodola. Quiroga

Souto da caleira de Cereixido. Quiroga

Camiño do souto da caleira de Cereixido. Quiroga

Vilar do Mato. Ribas do Sil

Fervenzas no rego de Buzgalegos. Ferramulín. Serra do Caurel

Souto da caleira de Cereixido. Quiroga
A Seara. Serra do Caurel
A Seara. Serra do Caurel

miércoles, 29 de octubre de 2014

OUTONO NO VAL DE TEVERGA

Sempre é a luz...
Ou as palabras do sabio afgano Rumi: "Más allá de cualquier idea/ de buenas o malas obras/ se extiende un campo./ Nos encontraremos allí."
Unha carretera que ascende lenta e baixa lenta prendida en contornos imposibles.
Ao xenio disparatado foiselle a man coa paleta de cores difíciles de pensar. -É unha das paisaxes máis fermosas do mundo, nunca estivera por aquí en outono, para min é branca do inverno ou amarela do verán.
Hai un campo... pero tamén un bosque e nas abas das súas montañas descarnadas abrigos entregos que acubillaron a poboadores tranquilos integrados nunha natureza que existe e é real; que ningén dubide que existe e é real.
Sempre pensando na rocha blanca, ou na auga que escorrega co seu mantra infatigable nos escuros das Xanas ou do ríu Xerandi, ou para mirar o mundo dende arriba soñando cumios lonxanos. Sempre foi igual... unha loita por ser da natureza dando pasos coñecidos.
O outono do trasno do Val das Mouras trouxo calma. O mesmo val de sempre agardou en silencio por ollos que miran cara adiante coa ilusión de quen quere voltar a ser neno nun mundo que, unha vez máis, non se detén.
Pouco máis de 24 horas para soñar con calma...







Bisonte lambéndose as costas. Paleolítico Superior. Cova da Madeleine (Dordoña. Francia).
Fabricado en corno de reno, 10 cm de lonxitude. Réplica

Visontes prehistóricos de la Covaciella. Asturias.


martes, 21 de octubre de 2014

ALEJANDRO GUITIAN DE ARMESTO: ALCALDE DE QUIROGA ENTRE 1853 e 1859

Alejandro Guitian de Armesto

Nacido en Santa María de Rendar (O Incio) no ano 1812.
O día 12 de marzo de 1843 acadou, pola Universidade Literaria de Santiago, o grado de licenciado en Xurisprudencia para poder exercer a avogacía.
Ao ano seguinte, 1844 é elixido alcalde de Rendar e en 1845 reelixido de novo por unanimidade. Durante este período matou ao famoso ladrón chamado Mourillón e capturou ao seu compañeiro "el aragonés". Este e outros méritos valéronlle para que o 1 de novembro de 1845 o xefe político da provincia de Lugo o recomendara para formar parte do goberno de Isabel  II.
Ocupou a alcaldía de Quiroga o 28 de decembro de 1853 e cesou neste cargo en 1859 segundo consta nunha carta ao Conde de Torre Novaes do día 30 de decembro de 1959 onde lle manifesta o seu interese pola súa reelección.
No ano 1860 acada o cargo de deputado provincial por Quiroga (partido Conservador). Nestes anos alcanzou unha grande influencia e posición na provincia de Lugo, mantendo importantes amizades entre as que destaca a do Conde de Torre Novaes co que mantén un constante cambio de impresións a través do correo.
A súa labor, nos anos como deputado, pode considerarse de grande importancia xa que foi un dos principais impulsores do ferrocarril cuxas primeiras liñas empezaron a construírse en Galicia nos anos 60. Da súa fluída correspondencia co Conde de Torre Novaes pódese tirar que traballou sen descanso para rebaixar as contribucións para Quiroga ademais de impulsar as obras de restauración da Igrexa de San Salvador do Hospital, que fora obxecto de numerosos danos na súa portada por parte das tropas francesas comandadas polo Mariscal Soult na súa retirada cara a meseta en xuño de 1809. Aínda que as obras de recuperación iniciáronse cara a 1830 segundo o proxecto do arquitecto Alejo Andrade Yáñez cun presuposto de 22.250 reais de vellón("Las encomiendas gallegas de la O.M. de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental". T.II-1: La encomienda de Quiroga. Isidro García Tato, Eleutino Álvarez)., non se executaron na súa totalidade ata anos despois polo que pode verse nesta correspondencia. Tamén se deben o seu impulso as obras do cárcere de Quiroga, que foron atrasándose no seu inicio debido aos problemas para conseguir os planos e o elevado presuposto das mesmas. Todo parece indicar que o arquitecto que recibiu o encargo para a redacción do proxecto foi Faustino Domínguez, o mesmo que se encargou do deseño do cárcere de Becerreá.
No 1862 nomeárono promotor fiscal de Mondoñedo e pediu a súa substitución na Deputación Provincial.  Antes de cesar nas súas funcións intentou deixar no seu posto a unha persoa da súa confianza pero tardou en conseguilo debido a que o elixido atopábase entón en Madrid.

Esta información está tirada do impresionante arquivo particular da súa bisneta Mª Ángel Quiroga Novo. Unha pequena parte deste arquivo, posto á miña disposición pola súa propietaria, foi trascrito pola historiadora Yajaira Enríquez Martín.




miércoles, 15 de octubre de 2014

AUGASMESTAS. OUTONO










Como todos os anos eu enganchado na luz do outono que preludia a neve. Xa non falta tanto, din. Eu agardo que non chegue demasiado tarde como aquel verán. Depois de tantos anos na busca desta luz sei demasiado ben onde teño que ir a buscala sen mancarme demasiado; unha vez máis alí estaba prendida nos chopos, nas rochas e nas augas verdes do río.
O trasno do val das Mouras que non se moveu da súa galla enriba do ordenador, observa e remece inquedo; estes seres non son de moitas palabras, tratan de comunicarse cos humans con xestos elocuentes. Xa non ten as pernas cruzadas sobre a póla, apareceu sentado en equilibrio sobre ela. Supoño que está sorpendido e ainda non sabe que facer.
En outro círculo do mundo, do que son totalmente alleo, líbrase unha batalla absurda, como todas as batallas. Alleo ao que non me é alleo eu estou vixiliando a luz, despacio, respirando tranquilo, mirando o ceo: un clic, outro clic, cambio de posición, novos axustes, outro clic, un corvo que pasa croando, outro clic, os cans da aldea ladrando como tolos, outro clic, outro clic...
Non sei por que fun alí, ao mellor simplemente porque estaba tranquilo e quería luz. A xente debería buscar máis a luz é un regalo non só para os fotógrafos, que eu non son, pero xogo coa ventaxa de que nalgún momento da miña vida tiven a sorte de quedar pendurado dunha luz que pasaba.
A brisa que circula polo val abaixo deixando unha estética estela sobre o río non trae risas. Outro corvo pasa croando. Gústanme os corvos.
Quero quedarme máis cando o día xa se marcha arrancando a luz da tarde doutro outono máis que como nos xiros, nunca se sabe cal será o último.
O seguinte que recordo é estar deitado na cama co brazo esquerdo febril e as pernas tremendo de medo sen saber que dicir. O trasno do val das Mouras encolle os ombreiros.

martes, 7 de octubre de 2014

PUERTO SOMIEDO-PENOUTA-LA PERAL-PUERTO SOMIEDO

Cos membros do Club de Montaña Formigueiros de Quiroga na ruta circular: Puerto Somiedo-Penouta-La Peral-Puerto Somiedo. Foi un gran día.

Preme na siguinte ligazón para descargar aquivo .gpx: PUERTO SOMIEDO-PENOUTA-LA PERAL-PUERTO SOMIEDO.

Preme na seguinte ligazón para descargar arquivo .kmz: PUERTO SOMIEDO-PENOUTA-LA PERAL-PUERTO SOMIEDO.


Veigas de Penouta. Puerto Somiedo e a Babia ao fondo. Foto Mabel Fernández

Nas Veigas de Penouta. Foto: Loli Campo

Nas Veigas de Penouta. Foto: Loli Campo

Cumbre da Peña Penouta

Cumbre de la Peña Penouta. Foto: Mabel Fernández

Aresta da Penouta. Os montes da Babia ao fondo



O Cornón para dominalos a todos

Canal que une a Veiga de Penouta co val do río Trabanco. Foto: Raquel López

Val do río Trabanco

Val do río Trabanco

A norte da Peña Penouta é unha gran norte

La Aguja

Chegando a La Peral

Mirador do Príncipe

La Peral