jueves, 16 de mayo de 2013

A CULTURA DO FERRO EN QUIROGA.


A CULTURA DO FERRO EN QUIROGA

Ao abeiro dos "cabaleiros-monxes" da Orde de San Xoán, nalgúns casos, e do mosteiro de Samos, noutros, a cultura do ferro ten unha importante presenza no concello de Quiroga. No que como se pode constatar, chegaron a traballar ao longo da historia un total de sete ferrerías, o que supón a maior agrupación de ferrerías, nun só concello, de toda a provincia de Lugo.

=Polo seu estado de conservación na actualidade e pola súa antigüidade, hai que mencionar en primeiro lugar a ferrería da Rodela, da que atopamos restos ruinosos do que foi a magnífica casa da Ferrería, que leva abandonada máis de cincuenta anos. Pola parte de abaixo do camiño, fronte á casa, atópase o que foi o complexo industrial, do que resta en bo estado o banzado e do demais só os muros; agás unha pequena parte que foi acondicionada para fábrica de luz. Non se coñece exactamente a data da súa construción, pero temos noticias súas na documentación dende principios do século XVI e sábese que os seus promotores foron, neste caso, os monxes de Samos.

Tamén, entre as máis antigas, aparecen as de Rugando, na parroquia de Vilarmel, e a de Quintá, na parroquia do Hospital.

=Na ferrería Rugando, o casarío, do que forma parte a pequena capela, leva varios anos convertido en casa de turismo rural. Do antigo enxeño non queda case nada: aprécianse os restos do banzado, que nos últimos tempos se aproveitaba para mover a moa dun muíño. Aparece na documentación dende primeiros do século XVI e rexístrase unha gran reforma na segunda metade do século XVII.

Ferrería de Rugando

          =A ferrería de Quintá, nas inmediacións da Rodela, documéntase dende o ano 1562. Actualmente queda a casa habitada até hai pouco, a canle do banzado, que se aproveitou para mover un muíño, e restos de construcións adxectivas. Desta ferrería temos o interesante e curioso documento, con data 4 de setembro de 1566, da escritura de toma de posesión da ferrería nova de Quintá (pertencente á Encomenda de Quiroga) dada a petición de Francisco Bázques, propietario, por Antonio Rodríguez, escribán. O coñecemento desta excepcional documentación ofrécenos datos de primeira man sobre o funcionamento destas protoindustrias e mesmo da idiosincrasia da sociedade do século XVI nestas terras.

“…Y en razón de lo sussodicho, y estando dentro de la dicha cassa/ y errería da Veyga de Quintá el dicho Francisco Bázques de Quiroga// e Ysabel Bázques de Canida, su mujer, fundadores, hacedores, propietarios/ de dicha errería, y mucha parte de los vezinos y moradores/ çercanos y conmarcanos de la dicha tierra de Quiroga e ferrería,/ e públicamente, y estando al presente Miguel de Aurtíz, biscayno/ y maestro que fue de la dicha errería, e Miguel de Aldunzín, rendero/ de la ferrería de Boeys, e Juanes de Alduzín, Rendero de la errería / de la puente de Quiroga, y de Aranburçe, e Juan Morro e Sanjuan, e Lopo de Espella, maestros de ferraxe, e/ Miguel Morán, machador, e Juanico Bizcayno e Andrés de/ Bedía, que son aroossa tirador e fundidor y tassador, y braseros/ y oficiales de la dicha errería, luego trajeron y metieron dentro/ de la dicha rrería, por ante mi, escrivano e testigos e personas arriva/ e avajo contenidas, un toro marón presso con dos sogas, una/ atrás y otra adelante, y lo sacaron los dichos braseros y ofiçiales/ y biscaynos y perssonas por la puerta prinípal de la dicha errería,/ y lo llevaron al llano y beyga que se dize el de Quintá, al camino/ que está sobre del pozo que se dize das Boussas, donde llega el término/ y demarcaçión de la otra ferrería de avajo, asta llegar/ al camino y al marco que alli estava…./”. Percorrendo os límites da ferrería co animal vivo de ramal conducido polo personal. “…Y echo lo sussodicho se bolvieron/ él y los ofiçiales y personas a la dicha errería con el dicho toro/ y ataron las piernas y lo derrivaron sobre la yunque, teniéndole/ por los cuernos y sogas. Y el dicho Francisco Bázques e Ysabel Bázques,/ su mujer, tiraron por el palo de la tapadera del chifrón y dieron/ auga a la rueda del mazo, el qual dio de golpes en el pescuesso/ del dicho toro, de los quales goles se cortó de presto carne, curo/ y güessos, asta que se lo acabó de cortar. Y partido, tomaron la dicha/ caveça los dichos ofiçiales y brasseros, corriendo sangre por/ ante mi, el dicho escrivano e testigos, salieron por la puerta sussodicha/ de la dicha ferrería y cercaron por donde antes anduvieron con el dicho/ toro siendo bivo, bañando y mojando/ los dichos marcos y mojones con la sangre que de la dicha cabeza salía/.”

Ritual do século XVI, ferrería pertencente á Encomenda de San Xoán.

Recuperado por Isidro García Tato do Arquivo do Reino de Galicia, chegou ás miñas mans cedido por Santiago Ferrer.

=A ferrería de Paleiras, na parroquia de Pacios da Serra, comezou a súa actividade no ano 1752. Na actualidade queda a vivenda e outras edificacións que foron almacéns, todas en estado ruinoso. Nada resta da ferrería, que estaba situada fronte á casa, do outro lado do camiño. Foi destruída hai moitos anos para aproveitar a pedra, tantos que nin os máis vellos de Pacios se lembran dela.

Ferrería de Paleiras. Pacios da Serra

=No coñecido como “camiño Ferradal”, ademais da ferrería de Rugando que xa levaba moitos anos traballando, tamén atopamos a ferrería da Gorgueira, na parroquia de Paradaseca, que empezou a producir na segunda metade do século XVIII. Do conxunto industrial consérvase a vivenda: unha casa grande de regulares proporcións e de escaso valor arquitectónico, abandonada dende haberá uns corenta anos. Por outra banda, dos almacéns non restan máis que os muros. A ferrería estaba situada pola parte de abaixo.

Ferrería da Gorgueira. Paradaseca
           =Da primeira metade do século XVII data a ferrería do Mazo, Outeiro ou Sonldón da Seara, na parroquia da Seara. Aínda que a vivenda leva moitos anos abandonada, conserva parte do lousado; porque a aproveitaron como palleiro os veciños do Mazo. Ao seu carón quedan as ruínas da factoría, entre as que destacan as paredes laterais que sostiñan o banzado de madeira. Tivo capela, agora desaparecida.

Ferrería do Mazo. Soldón da Seara

=En 1884 empezou a traballar a última das factorías da provincia de Lugo: a ferrería da Roxa Longa en Vilarbacú, na parroquia do mesmo nome. De todo o conxunto non quedan máis que os muros, tanto da ferrería propiamente dita como da casa-vivenda do encargado ou administrador. Malia os máis de cen anos de abandono, os restos permiten saber como era exactamente o edificio industrial. A casa, actualmente en ruínas, seguiu habitada durante algún tempo.
Ferrería e forno de cal de Roxalonga. Vilarbacú

Sabemos de primeira man pola transcrición dos cadernos de campo do xeólogo hispano-alemán Guillermo Schultz, realizada polo xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, ( que percorreu varias zonas de Galicia nos anos 1832-1833 e en concreto esta zona dende os meses de marzo ata agosto de 1833) que, durante os séculos XIX e principios do XX, foron vascos e cataláns os encargados de obter beneficios dunhas explotacións que resultaban, naqueles días, bastante rendíbeis e que causaban unha enorme deterioración nos bosques do seu contorno, debido ao alto consumo de madeira, imprescindible para o funcionamento dos fornos.

“…Las herrerías fueron establecidas en este pais por Biscaynos y son las forjas catalanas que, usan fuelles de cuero muy largos y de poco fuego o trompas de agua, el frágua dicen que es… de forma de embudo… de la Solana que es muy inclinada y una… en cuadro arriba, pero estas medidas no son exactas. El martinete es simpre de cola y bien montado, pero el movimeinto de los fuelles es bien pesado el antiguo con la percha elastica para levantar el fuelle y… en esta herreria de la construcción siguiente. Utilizan para su funcionamiento mineral de la venera de Furmigueiras y de Rocas en el Courel”.

=A ferrería de Outeiro.


Mina de Vieiros (A Seara). Coñecida como "veneira" de Vieiros

jueves, 25 de abril de 2013

QUIROGA I

Estas imaxes pertencen a coleccións particulares que foron dixitalizadas pouco a pouco. A única finalidade de expoñelas aquí  é que estean todas xuntas e podamos botar unha ollada á evolución da nosa paisaxe no tempo. Como non son miñas, véxome na obriga de advertir que queda totalmente prohibida a súa difusión ou reprodución por calquera medio sen o debido consentimento, co risco de crear un conflito para min que son o titular deste espazo.
A meirande parte das mesmas forman parte da colección de Eugenio Bobillo, home inquedo e metódico. Grazas á recompilación que fixo ao longo da súa vida, hoxe podemos coñecer mellor como é o sitio onde vivimos. Alguén dixo: "somos o que vivimos" eu atreveríame a engadir que "somos o que fomos".
O espazo estará sempre en construción e medrará a medida que vaia aumentando o arquivo dixital porque unha imaxe, si non se pode ver ou non se amosa é como si non existira.
Moitas grazas a todos pola comprensión e a axuda para conservar estes anacos do pasado.

These pictures belong to private collections which were digitalized little by little. The main point of exhiving then here is to have then all together so we can have look at the evolution of our landscape in the course of the time. Since they are not mine I have to warm you that their reproduction and use is banned, otherwise it will be a risk on my account as I am the owner of this blog.
Most of the pictures are part of Eugenio Bobillo's collection, a methodic and restless man. Thanks to the compendium he has made all his life, we can nowadays know the place where we live better. Somebody said: "we are what we live", I would dare say more: we are what we were.
This place will always be changing and growing as the same time as the digital file because a picture if I can't be seen or if it isn't shown, it's like if it didn't exist.
Thanks you very much to everybody for the understanding and the help given to preserve these pieces of the past.

Ortofoto do voo americano de 1956?. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende a Conchada (norte). Cronoloxía aproximada 1956. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende a Conchada (noroeste). Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Vista dende o sur. Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Quiroga dende a Conchada (norte). Década dos 60. Col. Eugenio Bobillo

Eugenio Bobillo na Conchada. Ano 1970. Col. Eugenio Bobillo

Quiroga dende as Penas do Pendón. Ano 1940

Ponte de Vilaverde. Ano 1904. Col. Eugenio Bobillo
Nun documento de 1671 xa se fai referencia á Ponte de Vilaverde da Pousa en Quiroga (atopado na Real Audiencia-Vecinos, leg. 3818, nº27): "...dicha puente está en camino real, vereda desde Castilla a la ciudad de La Coruña y Santiago y la más necesaria de invierno quando se toman los puertos de Cebrero de niebe. Y dicho río de la Quiroga es caudaloso y rápido y que mucha parte del año no se badea ni a pie ni de a cavallo...". No mencionado docmento faise referencia sobre a achega de 469 reais para poñer a mencionada ponte. Aida Menéndez. La Voz de Galicia. Domingo, 16 de maio de 2010. Pax. L5.

Rúa principal de Quiroga dende o estanco. Década dos 40.

Corpus do ano 1963. Parte superior da rúa do Caurel. Col. Eugenio Bobillo

Corpus de 1968. Fronte a casa do Concello dende o Bar Vicente. Col. Eugenio Bobillo


Corpus ano? Dende o "Derroche", cruce da estrada do Caurel. Col. Eugenio Bobillo

Porta de entrada á finca da casa de San Martiño de Abaixo. Foto do libro Fortalezas de Lugo y su provincia de Manuel Antonio Vázquez Seija. Tomo I. Pax. 300

Conxunto da casa de San Martiño de Abaixo vista dende o suroeste. Col. Eugenio Bobillo

Fachadas sur e sureste da casa de San Martiño de Abaixo. Col. Eugenio Bobillo

Fachada norte da casa de San Martiño de Abaixo. Col. Eugenio Bobillo

Entrada oeste de Quiroga, vista dende "a Patrona". Col. Eugenio Bobillo

Centro de Quiroga. Anos 60?

Rúa principal de Quiroga en festas. Anos 70.

Quiroga en festas. Anos 70

Entrada oeste de Quiroga. Anos 70.

Vista de Quiroga e a ponte nova dende Recubao. Ano 1975.

Praza Maior de Quiroga. Ano 1975.

Primitivo "Derroche" antes de 1919 no lugar que despois ocupou o Bar Vicente. Col. Eugenio Bobillo

El Derroche, 1919. Probablemente aínda sen rematar. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Ano 1919. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Fachada da rúa Arroio. Ano 1924. Col. Eugenio Bobillo

"O Derroche". Ano 1928. Col. Eugenio Bobillo

Saíndo do cine de Quiroga inaugurado no ano 1962. Anos 60. Col. Eugenio Bobillo

Entrada do cine de Quiroga inaugurado no ano 1962. Anos 60?. Col. Eugenio Bobillo

Echente do río Sil ao seu paso pola ponte vella de San Clodio no ano 1959. Col. Eugenio Bobillo

Enchente dos ríos Sil e Quiroga ao seu paso por Quiroga. Ano 1959. Col. Eugenio Bobillo

Gravado da ponte vella da Vergaza.

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

Construcción da ponte nova entre Quiroga e San Clodio. Anos 70. Col. Eugenio Bobillo

miércoles, 24 de abril de 2013

MONTEFURADO

Estas imaxes pertencen a coleccións particulares que foron dixitalizadas pouco a pouco. A única finalidade de expoñelas aquí  é que estean todas xuntas e podamos botar unha ollada á evolución da nosa paisaxe no tempo. Como non son miñas, véxome na obriga de advertir que queda totalmente prohibida a súa difusión ou reprodución por calquera medio sen o debido consentimento, co risco de crear un conflito para min que son o titular deste espazo.
A meirande parte das mesmas forman parte de préstamos á Asociación Cultural de Montefurado. Grazas á recompilación que fixeron e compartiron, hoxe podemos coñecer mellor como é o sitio onde vivimos. Alguén dixo: "somos o que vivimos" eu atreveríame a engadir que "somos o que fomos".
O espazo estará sempre en construción e medrará a medida que vaia aumentando o arquivo dixital porque unha imaxe, si non se pode ver ou non se amosa é como si non existira.
Moitas grazas a todos pola comprensión e a axuda para conservar estes anacos do pasado.

These pictures belong to private collections which were digitalized little by little. The main point of exhiving then here is to have then all together so we can have look at the evolution of our landscape in the course of the time. Since they are not mine I have to warm you that their reproduction and use is banned, otherwise it will be a risk on my account as I am the owner of this blog.
Most of the pictures are part of loans Cultural Association Montefurado. Thanks to the compendium he has made all his life, we can nowadays know the place where we live better. Somebody said: "we are what we live", I would dare say more: we are what we were.
This place will always be changing and growing as the same time as the digital file because a picture if I can't be seen or if it isn't shown, it's like if it didn't exist.
Thanks you very much to everybody for the understanding and the help given to preserve these pieces of the past.
 
 

            Debuxo do natural de José Cappa obtido da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, documento do Semanario Pintoresco Español do 25 de maio de 1851, asinado por J.R. Figueroa.

Debuxo de Daniel Urrabieta (1851-1904)

Fotografía de San Miguel de Montefurado realizada por Ruth Matilda Anderson no ano 1925, na súa viaxe ao interior de Galicia, acompañada polo seu pai para facer una reportaxe fotográfica para The Hispanic Society of America. Catálogo da exposición "Unha mirada de antaño". Ruth Matilda Anderson en Galicia 1924-1926.
 
Tirado do seu diario e traducido ao galego:
-26 de decembro de 1925.
            Erguinme ás 6:30 h. O dono tamén viña no tren e tomamos cadanseu café e un anaco de pan no comedor antes de partir. (viña da Rúa de Petín  cara a San Clodio).
         Cando chegamos a Montefurado, fixemos algunhas preguntas e logo fomos ver que podiamos atopar. Primeiro vimos o túnel feito polos romanos na montaña para deixar paso ao río. O leito do río é agora un val precioso. A continuación fomos ata a montaña que está por enriba do río e fotografabamos as ruínas romanas. Mentres estabamos a facer isto, acercóusenos un home que falaba inglés. Resultou ser o señor Barber, un enxeñeiro de minas que viaxara por moitos sitios do mundo, e ficou con nós todo o tempo que botamos en Montefurado. Mesmo nos convidou a quedar un día máis e aceptar a súa hospitalidade, pero consideramos que non podiamos. Era unha persoa ben interesante e encantounos coñecelo. El tamén parecía contento de nos coñecer. Está a traballar para unha compañía inglesa e en breve terá un numeroso equipo de homes traballando no fondo do pozo e escavando un túnel por debaixo do río para dar coa mina de ouro abandonada centos de anos atrás (seguro que fala do túnel pequeno). Contounos que gañaba 150 libras ao mes e que a empresa deixaba da súa man a planificación. Mesmo estivera en Suecia e podía falar un chisco de sueco. Ás 12 estabamos listos para volver a San Clodio. Estabamos ben famentos, así que o xantar marabilloso que nos puxeron sóubonos estupendamente.
            Á tarde fomos dar unha volta e fotografamos algunhas casas, pero os días son tan pequenos agora que a luz desaparece case antes de que nos decatemos.

Vista do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts


Vista da boca de saída do túnel romano de Montefurado antes do derrubamento.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista do túnel romano de Montefurado. Ano?
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista do primitivo leito do río Sil na zona de entrada ao túnel romano antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista da zona de entrada do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista da zona de entrada do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts