domingo, 21 de diciembre de 2025

O ÚLTIMO OUTONO... O DERRADEIRO OUTONO?

Hai un mantra recorrente na miña cabeza: tirado fronte a tenda no campo base do Aconcagua, ao que chaman Praza de Mulas, respiraba coma un peixe fóra da auga, recentemente chegado e cun aspecto que supoño sería lamentable. Por diante de min pasou un guía arxentino que regresaba do cumio, parouse, observoume e díxome... "-no se abandone", mirou para adiante e seguiu camiñando. 
Agora que custa arrancar, o non se abandone e algo resoa na miña cabeza cada vez que penso en non facer nada.
Durante este outono, o último outono, o derradeiro outono?, dende a primeira saída sentín que era un outono especial; ata cheguei a pensar que sería por non ter saído moito... pronto me decatei de que non, estábamos vivindo un dos outonos máis espectaculares dos vividos, coma aquel que aínda está cravado na mirada (https://ramonvilaanca.blogspot.com/search?q=aquel+outono&updated-max=2016-11-02T13:36:00%2B01:00&max-results=20&start=2&by-date=false)... Finalmente todo o mundo o dixo: o último outono, o derradeiro outono?, foi sinxelamente espectacular... tal vez irrepetible, tal vez en compensación polo mal que tratamos as nosas montañas, montañas ás que, lamentablemente, as últimas veces só subín para ver con impotencia como se queimaban...
As fotos están tiradas onde sempre, en Augas Mestas, na Ermida, na estrada que vai dende Quiroga á Seara, na Seara, en Vieiros, na estrada que vai da Seara ao Alto do Couto, en Visuña, na Devesa das Valiñas, no Rego das Maseiriñas... lugares que para min son espazos vitais aos que volvo sempre... espazos nos que sempre foi outono... espazos nos que quedar a descansar... 

As imaxes pódense ver en silencio e tratando de imaxinar o son de cada lugar... para seleccionalas eu estaba escoitando esta música: https://www.youtube.com/watch?v=YYvLQKzDuCI&list=LL&index=44






































domingo, 18 de mayo de 2025

UN VAL E O SEU BALCÓN... VAL DE QUIROGA DENDE BUSTELO DE FISTEUS

Literalmente miles de solpores dende aquí.
Hoxe a tormenta fixo que a luz mudara e se volvera incerta.
Como será unha luz incerta?

A tormenta e a súa luz dende Bustelo de Fisteus


lunes, 12 de mayo de 2025

ESTRADA NA CRUZ DE OUTEIRO. MONTAÑAS DO CAUREL

Érase unha vez...

Baixo como miles de veces da Seara. Tarde de choiva e frío. Luces imprecisas.
Fun ata a Fervenza do Fócaro e percorrín a aldea con calma. Xa había tempo...
Nugallán deixo a cámara na casa. Nunca, xamais saía sen a cámara. 

Á tardiña, na estrada, despois da Cruz de Outeiro, brétema consistente e unha luz verde e pastosa. Lembro que vivo nun paraíso de luces e cores sen importar a hora e o día... disparo... disparo... disparo... 

A situación dura un intre coma moitas outras veces pero é real. 














viernes, 2 de mayo de 2025

PRIMAVERA DO 1º DE MAIO NAS MONTAÑAS DO CAUREL

Precisaba unha inmersión así.
Pensaba buscar algo distinto... non foi distinto pero reconfortou.
Hoxe, ao día seguinte, cando penso en compartir estas fotos neste espazo despois de tanto tempo, resulta que o ceo se desplomou sobre nós e a rabia e a impotencia apoderouse de todo, de súpeto, sen solución... 

Montes da Seara, Formigueiros ao fondo

Castromao

Pena do Mar de Arriba

Val de Visuña

A luz máis espectacular destas montañas sempre está na Devesa das Valiñas, no Val de Visuña

Pena do Mar de Arriba, estrada Visuña-Ferramulín

Montes de Ferramulín

Fonte de Cais sempre está aí...


domingo, 2 de febrero de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: CÉRAMO - CAMIÑO DO ALTO DO FARO

Sempre, sempre é un regalo poder esquiar cara ao Alto do Faro. Descubrín hai pouco que para evitar as rodeiras da saída da pista que vai dende o Alto do Couto, pódese subir tranquilamente por un sendeiro que parte dende a estrada, por riba de Céramo, onde o corazón do Caurel. Un percorrido así é un auténtico agasallo nestas montañas, cheguemos ou non ata o mesmo alto do Faro. Un paseo dunhas horas por aquí é máxico, xa o podedes ver nas fotos... ademais esquíase tranquilamente para arriba e para abaixo. Esquiar para abaixo nestas montañas nunca é doado, neste camiño si, pódese facer tranquilamene con moita calma.
Polo demais engadir que sempre que podo repito, nesta ocasión sen chegar ao alto pola hora pero foi unha tarde ben fermosa na que me permitín o luxo de esquiar durante máis de unha hora entre as rebolas...
Outras veces: 
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2024/03/esqui-de-montana-no-caurel-ceramo.html
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2021/01/cabeza-do-couto.html
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2021/01/faro.html

O monte Formigueiros ao fondo





Tremella mesenterica?

Val de Visuña




Devesa do Faro, ao fondo o Alto do Faro

Taras de Visuña ao fondo




Solpor no alto de Formigueiros

Solpor no pico de Cereixido




sábado, 1 de febrero de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: ALTO DO COUTO - FORMIGUEIROS

Foi unha sorpresa, metín as táboas no coche pensando que non habería neve suficiente para poder dar un paseo ata Formigueiros. Agás nun momento puntual no que tiven que levar os esquís na mochila o resto foi perfecto, cunha neve moi boa para subir e para baixar como se pode baixar aquí...
Cumprir de vez en cando cunha subida ao Formigueiros é reconfortante, dá igual como esté o día... de feito estaba bastante duro, de frío, néboa e aire.
A subida dende o que chamamos alto do Couto son 3,350 quilómetros indo pola Boca da Rogueira, con 310 m de desnivel positivo. Sempre foi perfecto para dar un paseo sen prisa pola tarde. As veces, só en contadas ocasións pódese baixar facendo xiros... doado pola cara sur e algo máis complicado pola arista norte directamente ao Alto do Couto. 





Céramo abaixo e o "corazón do Caurel"