sábado, 6 de febrero de 2010

ESPELEO. A DÉBEDA IMPOSIBLE DE PAGAR.

Na fondura da terra onde se agachan as cores máis impensables comezou a forxarse a historia:

ENTROIDOS TRADICIONAIS EN QUIROGA: OS TOUROS DA ENCIÑEIRA E BENDILLÓ E O MECO DOS NOVAES.

Publicado no Especial de Entroido en febreiro de 2010 do Períodico O Sil.
O entroido na meirande parte das parroquias do Concello de Quiroga xa non é o que era, mellor dito, xa non é; desapareceu por completo aínda que permaneza na memoria da xente como un laio de que todo tempo pasado foi mellor, polo menos no que as diversións se refire. En cada recuncho desta terra tiña as súas particularidades pero o mesmo denominador común: o entroido, como outras festas, aínda que resulte evidente era un xeito de diversión. Resulta curioso que dende o punto de vista actual, os encargados de manter vivas na memoria estas ancestrais tradicións, pensen en buscar unha especie de desculpa diante dos nosos ollos modernos, sempre é algo así como: “-entón, era o único xeito que tíñamos de divertirnos”. Moi lonxe deste enfoque, só nos resta escoitar atentamente como os nosos devanceiros próximos é remotos artellaron un entroido baseado en valores sólidos e encantadores que son difíciles de atopar na sociedade moderna: a terra, o medio natural, a amizade, a solidariedade, o enxeño… e en definitiva: as gañas de disfrutar da vida “-co que había” que sempre resultou máis que suficiente.
A tradición oral fainos chegar estes rituais de entroido que acudían puntuais a súa cita anual ata a súa desaparición, unha desaparición que sempre presenta as mesmas causas comúns: -a Guerra Civil, -os duros anos da posguerra, e –a despoboación das aldeas como consecuencia da emigración. A celebración do entroido sempre loitou contra as adversidades, as gañas de divertirse impuxéronse a outras necesidades, pero como os propios participantes din: “-foi indo a menos ata que desapareceu porque chegou un momento en que xa non había mocidade”.
Nesta ocasión analízanse as particularidades dos desaparecidos entroidos que tiñan lugar en tres aldeas da metade sur do Concello de Quiroga: Enciñeira, Bendilló e os Novaes. As dúas primeiras presentan un elemento común característico de varios entroidos de Galicia e habitual de moitas costumes semellantes existentes en todo o mundo: a participación na festa dun animal que persegue e atemoriza á xente. E na última unha figura lendaria e cargada de significados: o meco, presente neste, noutros entroidos e noutras festas celebradas en distintas datas e parroquias de Quiroga.
As festas do entroido da Enciñeira reunían nesta poboación aos veciños e veciñas de todas as idades procedentes das aldeas desta parroquia: Sesmil, Meiral, Vacariza e Aldea. As fontes consultadas non recordan dende cando se celebrou o entroido deste xeito, a memoria dos maiores alcanza ata a segunda metade do século XIX, pérdese durante a guerra e volve a recuperarse, a pesar das restriccións e da dureza destes anos, durante a posguerra ata a década dos 60-70 do século XX, cando definitivamente deixan de celebrarse debido o despoboamento das aldeas provocado pola emigración.
Como preludio do día máis grande e particular que era o martes de entroido, a festa empezaba cos tradicionais xoves de compadres e comadres que nesta parroquia recibían o nome de “llardeiras”. A “llardeira” era un boneco ou boneca de tela e palla montado sobre un soporte de madeira coa cabeza de nabo ou de pataca do que penduraban unhas tiras de cores para axudar a suxeitalo, que representaba a un home ou a unha muller dependendo de quen foran os encargados de confeccionalo e defendelo. O xoves de compadres as mozas da Enciñeira facían unha “llardeira” coa caracterización masculina para rirse dos homes, que tiñan que tratar de quitarllo para queimalo alí onde o conseguiran. Ao seguinte xoves, os homes facían unha “llardeira” caracterizada de muller e eran as mozas as que tiñan que intentar quitarlla para queimala. Tanto homes como mulleres recordan con nostalxia as carreiras polas rúas, as hortas e mesmo polo monte para conseguir capturar a “llardeira”.O martes de entroido era a xornada grande da festa da Enciñeira, era o día no que saía o touro acompañado pola figura do “piqueiro”. Estas dúas figuras eran os protagonistas principais dun xeito distinto e entrañable de entender esta data festiva á que se sumaban todos os veciños e veciñas da parroquia, xa foran novos ou vellos.
O corpo do touro da Enciñeira estaba feito cun armazón de madeira recuberto por unha tea. A cabeza, tamén de madeira, sostiña unha poderosa cornamenta de touro ou de vaca: este disfrace levábao un só mozo. O “piqueiro”, que era unha figura masculina que ía cando o touro, vestía máscara, un traxe de cores vivos adobiado cun cinto de campaíñas e levaba unha vara na man.
O touro e o “piqueiro” saían polas rúas e camiños da Enciñeira para perseguir á xente, que en moitas ocasións tiñan que saltar dos valados onde se atopaban empoleirados para non ser alcanzados polos cornos da figura do animal. A función do “piqueiro” era a de facer o percorrido ao carón do touro para axudalo a protexerse dos participantes na festa, sobre todo daqueles que se lle achegaban polas costas para identificar á persoa que levaba o disfrace.
Case todos os participantes nesta algarabía ían disfrazados e antes de que saíra o touro divertíanse enfarelándose ou emborrallándose uns a outros. Ao cabo do día todo remataba nunha festa con música e baile.
Para confeccionar esta información falei con Isidoro Gómez Vicente e a súa dona Guadalupe Rodríguez Martínez, veciños de Sesmil na parroquia da Enciñeira.
En Bendilló, como en outras aldeas desta terra, as características celebracións do entroido enriquecéronse ata onde se perde a memoria coa participación da figura do touro e o toureiro convertidas nas personaxes centrais dunha festa que tamén neste lugar deixou unha fonda pegada e que contaba coa participación de veciños que viñan dende Vilaster, Vilar de Mondelo e Chao da Casa.
Como era característico en toda a bisbarra, en Bendilló, o entroido tamén comezaba cos xoves de compadres e comadres e o domingo fareleiro no que mozos e mozas enzoufábanse canto podían de farelo ou borrallo. Nestes enfrontamentos lúdicos tamén empregaban o restroballo que queda despois de tascar o liño para botalo enriba da cabeza ou outras partes do corpo despois de queimalo e aínda ardendo. O enfrontamento entre homes e mulleres mantíñase durante os xoves de compadres e comadres; estes días mozas e mozos facían bonecos ou bonecas con esqueleto de palla recuberto de papel e teas de cores rechamantes. A figura masculina ou feminina, dependendo da data, enganchábase nun rascallo e desfilaban en procesión polas rúas da aldea acompañados de música; rapaces e rapazas tentaban quitarlle a figura os seus opoñentes para queimala.
O martes de entroido era o día grande, a xornada máis esperada por maiores e pequenos: era o día do touro e o toureiro. O disfrace de touro que sostiña un só mozo, tamén aquí, estaba feito cun armazón de madeira recuberto por unha tea de cores, da que sobresaían os afiados e feros cornos do animal. Cando o touro, ía neste caso, a figura do toureiro: con máscara e calzas brancas adubiadas con fitas de cores. Os dous personaxes percorrían sen descanso cada recuncho da aldea saíndo da parte superior ata ter atemorizados a todos os veciños participantes na algarada. Este día do entroido en Bendilló case todos os veciños aparecían cos disfraces máis orixinais que eran quen de confeccionar. Saía tamén a “pampórniga” que era alguén cun disfrace de xigante cunha altura que chegaba ata os aleiros dos tellados e varias montadas sobre os carros dos bois. As portas das bodegas estaban sempre abertas e non faltaba a música cos mellores grupos daquel tempo, nunha aldea, na que abundaban músicos propios do pobo para os días de festa máis pequenos.
Aquí como nos outros sitios cada quen trataba de divertirse o mellor que podía, pero seguindo os mesmos pasos que nas parroquias veciñas, os costumes do entroido foron perdéndose ao longo do século XX: primeiro a Guerra, logo as prohibicións e restriccións da posguerra e xa na década dos 50-60 a mocidade abandonou a aldea para ir traballar fóra. Rematou: xa nunca máis se volveu a correr o entroido.
Esta información foi tirada do artigo asinado por Xosé P. Mondelo, O touro de Bendilló, publicado na páxina de Cultura do diario A Nosa Terra en febreiro do ano 2007.
Nas aldeas dos Novaes e o Castelo da parroquia quiroguesa de Sequeiros, o entroido escribiu páxinas gloriosas cargadas dunha tradición fonda e senlleira. Igual que en case toda a bisbarra o entroido tamén arrancaba cos xoves de compadres e comadres e os veciños disfrutaban abondo o martes de entroido disfrazándose de máscaras e bailando sen descanso ao son da música dos grupos máis populares que había naqueles anos, pero o que singulariza este entroido e marca a diferenza con outros lugares da contorna e un personaxe denominado o meco.
O meco era unha figura artellada con palla, do tamaño dunha persoa ou incluso un pouco máis grande, fabricábana os mozos dos Novaes no barrio da Carreira uns oito días antes das xornada grande do entroido. Este boneco de palla amarrábase a unha galla de castiñeiro canto máis alta mellor; mesmo algún ano un grupo de mozos desprazouse a Soutordei na outra beira do río Sil (no Concello de Ribas do Sil) á procura dunha viga de considerable tamaño; para transportala de cara aos Novaes tiveron que cruzar a ponte do tren que está nas inmediacións do que hoxe é o Salto de Sequeiros, co risco que entrañaba realizar unha operación así. A teima por conseguir un soporte o máis alto posible formaba parte importante da esencia desta tradición: os Mozos dos Novaes tiñan que colocar a figura no extremo superior para evitar que os do Castelo o puideran coller para queimalo eles antes de que llo foran queimar ao seu pobo. O “xogo” de intentar coller o boneco daba lugar a multitude de intrigas e liortas, nalgunhas ocasións os mozos da aldea de Caspedro sumábanse aos do Castelo para aumentar as posibilidades de éxito no asalto e os mozos da aldea de Sequeiros axudaban aos dos Novaes na súa tarefa de defendelo. Esta tradición chegou a ter tanta importancia para os veciños, que nos anos de máis necesidade, unha muller da aldea chegou a ofrecer a palla do seu xergón para que non deixara de facerse o meco pola falla do material necesario para a súa elaboración.
A tradicional costume marcaba que a corta vida do meco rematara nunha fogueira no curro da Fortaleza de Torrenovaes, aínda poden verse alí fincadas no chan as pedras que servían para facilitar o soporte da galla de madeira da co penduraban para queimalo. O martes de entroido, día culminante da festa, os veciños dos Novaes ían queimar o meco ao Castelo, descolgábano do seu soporte e levaban o boneco de palla subido nun burro adobiado con mimosas e cun gran cartel de cartón co seu testamento no que podía lerse a satírica copla: “Don Diego meco me llamo, de Andalucía vengo, repartiendo cascabeles, a todos los animales, que en el Castillo los tengo”. Deste xeito partía a comitiva de gaiteiros e mozos e mozas armados con paos a percorrer o treito de 600 metros que separa, polo Camiño Real, as dúas aldeas. Ao chegaren a praza do Castelo tiñan que cruzar un pequeno regato, alí os estaban agardando os veciños do lugar para impedírllelo paso cara ao curro do Pazo, nalgunha ocasión mesmo chegaban a pelexarse. As rivalidades do ano remataban nesta fogueira e a partir da desaparición do meco no lume a festa continuaba no baixo dalgunha casa dos Novaes cun gran baile ao que a maioría da xente acudía disfrazada. A música era parte importante da festa e nunca faltaron grupos de moda da época como os Padernes e antes, a finais do século XIX, xa había na vila gaitas, tambores, bombos e requintas para animar os festexos.
Os máis vellos do lugar recordan esta tradición dende sempre ata varias xeracións antes da súa, o que sen dúbida nos ofrece a testemuña de que xa existía nos primeiras décadas do século XIX; a Guerra Civil supuxo, como nos outros entroidos tradicionais da bisbarra, un freo considerable xa que faltou algunha xente e esmoreceu definitivamente nos duros anos da posguerra. Os bailes de máscaras seguiron a celebrarse pero xa sen a lendaria figura do meco de palla, a despoboación da década dos 60-70 rematou definitivamente coa troula entroido.
Esta información foi tirada da conversa cos veciños dos Novaes e o Castelo, Antonio Quiroga Rodríguez e a súa dona Manuela Fernández Pardo.

domingo, 31 de enero de 2010

lunes, 18 de enero de 2010

PASHUPATHI NATH. KATMANDÚ, NEPAL. RITO FUNERARIO HINDUISTA.

Rito funerario hinduista en Pashupathi Nath, Katmandú: este recinto é Patrimonio da Humanidade. Para os nosos ollos occidentais esta cerimonia convértese nun espectáculo, cobran por entrar; para eles é o derradeiro paso do camiño que remata coas súas cinzas no río.
1.1


SIKKIM NO CORAZÓN DO HIMALAIA, CAMIÑO DO KANCHENJUNGA.

Publicado no periódico o Sil, no número de decembro de 2009.

Cara surleste de Kanchenjunga.



Everest e Lothse.

O espertador sona pouco antes das seis despois dunha boa noite dun sono que xa non se recuperará en toda a expedición. Non penso demasiado no voo interior que nos ten que conducir de Katmandú a Bhadrapur, no leste de Nepal na fronteira coa India. Este voo realízase nunha avioneta de hélices da compañía Buddha Air, dura algo menos dunha hora e como foi moi tranquilo puiden gozar de marabillosas vistas cara o Himalaia. Ao carón do avión desfilan Pumori, Everest, Lotshe, Makalu e Kanchenjunga: esta visión non parece demasiado real. Dende o aeroporto de Bhadrapur, que é unha pista non demasiado larga e un alpendre, unha hora de coche ata a fronteira de Nepal coa India: primeiro control de inmigración en Kakarbhitta e logo paso fronteirizo e primeiro contacto coa nefasta burocracia india en Ranigans. Vai un calor espantoso e a estrada aparece rodeada da triste realidade da India; miseria, campos de arroz e a medida que gañamos altura campos de té.
A xornada de hoxe remata en Darjeeling despois de atravesar os deprimentes arrabaldes da cidade de Siliguri (estado de Bengala Occidental) e de gañar altura ata ós 2200 m por unha estrada literalmente infernal.
Estou despistado polo cansazo e sobre todo sorprendido polas vistas cara ao norte: dende aquí xa pode contemplarse en toda o seu esplendor o macizo do Kanchenjunga, que é a única montaña que se pode contemplar así dende as cidades do norte da India e Sikkim.
Un pouco de organización e paseo por unha ateigada rúa central en festas, como sempre chea de tendas nas que pode mercarse de todo. O olor imponse aos demais sentidos. Eu gozo nestes sitios, encántanme estas cidades nas que podes camiñar e mesturarte coa xente sen maiores problemas.
Estou aloxado nun modesto “lodge” cun encanto especial, rexentado por amabilísimos tibetanos: a comida non suporá ningún problema nesta viaxe, todo o contrario, será un aliciente máis.
Ao día seguinte os meus pasos encamíñanse a Tiger Hill, outeiro nas inmediacións de Darjeeling; centos, eu case me atrevería a dicir miles, de persoas congréganse para ver a saída do sol e de paso como se vai iluminando pouco a pouco o Kanchenjunga co Jannu como testemuña. Nun estado de catarses colectiva todas estas persoas aplaudiron cando saíu o sol e logo cando se tinguiu de rosa a cara leste do Kanchen. Cando xa todo parecía ter rematado levei a maior sorpresa desta experiencia atávica: o sol iluminou na lonxanía unha montaña da que só se vía o pico sobre unha liña de montañas máis baixas, a xente que estaba ao meu carón empezaron a gritar: Makalu, Makalu…!. Si, era o Makalu (8.463 m). A eles o nome e a altura das montañas dálles igual, penso que o que veneran e a súa aparencia de lugares máis próximas ao ceo que á terra.
Mañá viaxarei a Pelling, xa en Sikkim. Na actualidade Sikkim é un estado da India emprazado no corazón da cordilleira do Himalaia. É o estado menos poboado da India e o segundo máis pequeno en superficie. Sikkim foi un estado independente gobernado por unha monarquía ata 1975, cando decidiron nun referendo converterse no vixésimo segundo estado da India. Este verde e escarpado estado limita ao oeste con Nepal, ao norte e ao leste co Tíbet, ao surleste con Bhutan e ao sur co estado de Bengala Occidental. O idioma oficial é o nepalí, as relixións predominantes son o Hinduísmo e o Budismo, o 80 % da poboación é nepalí, o resto son indios pero tamén hai un bo número de tibetanos. A súa capital e cidade máis grande é Gantok.
Neste estado nótase un gran cambio con respecto ao resto da India, todo está moito mellor coidado e hai máis organización e sobre todo limpeza, en definitiva nótase que queren coidar o que teñen. Marabillosos e inmensos bosques condúcennos dende os 450 m no fondo do val ata os 2100 metros de Pelling.
O camiño de aproximación a pé ao Kanchenjunga por esta vertente empeza en Yuksom (antiga capital de Sikkim) xa se pode ver dende Pelling ao outro lado do val; só hai uns 30 quilómetros por unha destas endiañadas estradas. O día igual que todos dende a chegada a Darjeeling pola mañá as vistas sobre o Kanchenjunga e o seu macizo son espectaculares, nin unha soa nube, a media que avanza a xornada desaparece da vista oculto polas nubes. Resultou impresionante ver tan cerca dende a fiestra da habitación a terceira montaña máis alta da terra.
Yuksom (que significa lugar de encontro dos tres Lamas) é unha poboación pequena con moito encanto. Aquí está a Stupa de Norbugang, lugar onde foi entronizado o primeiro rei de Sikkim, que conserva os asentos de pedra como probas da consagración ademais da pegada que fixo un dos lamas ao bater contra a pedra despois de chegar voando dende o Tíbet. Non entendo todos os matices do budismo pero resulta claro que unha relixión así só pode entenderse con estas montañas como telón de fondo. O máis interesante destes percorridos é o contacto coa xente: amosan un modo de vida sinxelo pero enxeñoso como debeu ser nas nosas aldeas hai máis de cen anos.
Últimos preparativos antes de marchar cara a montaña e reunión co equipo que nos acompañará durante o camiño de aproximación á montaña “dos cinco tesouros de neve”.
O Kanchenjunga ou Kangchen Dzö-nga 8.586 m, é a terceira montaña máis alta da terra, a primeira da India e a segunda de Nepal. O nome nepalí tradúcese como “cinco tesouros de neve” xa que a montaña ten cinco picos que superan os 8.000 metros. A primeira ascensión ao seu pico principal tivo lugar no ano 1.955 por parte dos británicos Gerge Band e Joe Brown; por respeto ás crenzas do pobo de Sikkim, para quen o cumio é sagrado, detiveron o seu ascenso poucos metros antes da cima, costume que se ven respectando pola meirande parte das expedicións posteriores. A cara surleste, na que aínda ninguén puxo un pé pola súa salvaxe dificultade, cae dende a cume sur (8.476 m) ata o Glaciar Talung. O seu impresionante aspecto pode apreciarse na súa totalidade dende o collado de Goecha La (5.140 m), destino da miña expedición a este lugar tan apartado da inmensa cordilleira do Himalaia.
Os primeiros días de aclimatación sempre por riba dos 4.000 m, lévanme despois de superar a impresionante gorxa do río Rathong polo magnífico bosque húmido do Himalaia con multitude de especies (magnolios, rododendros, fentos e numerosas variedades de orquídeas), ata o campo de Dzongri a 4.020 m; dende este emprazamento xa poden contemplarse as primeiras vistas da impoñente corda que forman os montes Pandim, Tenzing Khan, Lama e Lamini, que non chegan aos 7.000 metros pero relocen impresionantes. Para completar a aclimatación e recoñecer outro espectacular val atraveso o collado de Dzongri La e instalo un campamento en Bikhbari, onde remata o Glaciar Rathong, baixo a mole que forman os catro picos do Kabru de máis de 7.000 metros. Entre a mesta brétema achégome ata o mesmo glaciar para visitar a zona da Escola India de Alta Montaña onde adestran montañeiros procedentes de todos os estados da India.
Cando o corpo xa está bastante afeito a desenvolverse entre os 4 e os 5.000 metros deixo atrás o val do río Rathong para meterme no val do río Prek Chu que me levará ata o mesmo pé da cara surleste do Kanchenjunga polo Glaciar Zemu despois de volver a atravesar o paso de Dzongri La.
Ao chegar a Lamuney, preto de Samiti Lake (4.500 m), vexo con preocupación como Kesher o “sirdar” da expedición inicia a “puja” (cerimonia budista) para pedirlle aos deuses que mellore o tempo e nos permitan seguir ascendendo para admirar a súa morada. O protagonista principal desta cerimonia é unha especie de altar-forno onde se queiman ramas e follas verdes para producir moito fume. Á fogueira tamén son arroxados alimentos para agradar os deuses: arroz e sobre todo fariña mesturada con graxa de iac. Cada un dos participantes na expedición coloca sobre as pedras do altar algunha parte do seu equipo como sinal de respecto e arroxa ao vento un puñado de arroz. Outra parte desta solemne cerimonia consiste na colocación das bandeiras de oración no punto máis elevado do campo.
O monzón este ano tardou en retirarse do Himalaia, cando baixo coñezo a sorte doutras expedicións noutras partes da cordilleira. Esta zona por atoparse próxima ao Golfo de Bengala sofre con máis crueza os efectos do clima monzónico; choiva, neve, vento e sobre todo brétema acompañáronme, ata resultar esgotadoras, durante todos os días na montaña.
Goecha La está a 5.127 metros, e chégase ata este punto despois de ascender pola morrena do Glaciar Zemu, deixando sempre á dereita as cristas dos montes Pandim e Tenzing Khan, á esquerda os impresionantes Kabrus e pechando o val cara o oeste a vertixinosa cara surleste do Kanchenjunga, na que destaca un impresionante esporón formado por torres de rocha e xeo que semella desafiar as leis da gravidade.
Dous días enteiros nevando e chovendo, sen poder saír da tenda de campaña resultan bastante desesperantes. Non hai máis alternativa que agardar unha melloría que intuímos que non chegará; a esta altura (4.500 m) unhas condicións climatolóxicas normais de neve, choiva e brétema non son determinantes para deixar de subir pero o problema é que non conseguiremos ver nada unha vez chegados ao punto máis alto. Sei que será así pero a inactividade desespérame e aínda restan algúns días para chegar ao remate do camiño; subirei ata o collado sagrado de Goecha La, deixarei as miñas bandeiras e volverei ata o campo de Lamuney para recoller as cousas nunha xornada esgotadora pola distancia, a altura e as condicións meteorolóxicas. Algo positivo, unha vez superado o Lago Samiti non me atoparei con ninguén… Como en moitas outras ocasións na montaña esta xornada dura e sen sentido transcorreu coma nun soño; dezaseis horas concentrado en dar un paso e logo outro, outro, outro… sen fotos e sen falar co sherpa nada máis que o imprescindible; o seu traballo é acompañarte pero seguro que lle pareceu moi absurdo subir ata alí envoltos na neve e na brétema pola cobiza de non renunciar ao punto máis alto dos previstos nesta ocasión. Non foi así?.
Realmente a vertente surleste do Monte Kanchenjunga é espectacular, tiven oportunidade de admirala en toda a súa grandiosidade ascendendo novamente por riba dos 5.000 metros no campo de Lampokhari; este tempo caprichoso concedeu varios días a oportunidade de ver “os cinco tesouros de neve” coas primeiras luces do día, cando a brétema estaba no fondo dos vales.
Deixo atrás o mundo das grandes alturas despois do campo de Chantray, última noite por riba dos 4.000 metros para internarme, por un sendeiro moi escarpado e nada frecuentado, nunha selva aparentemente impenetrable camiño do refuxio forestal de Kasturi Odal. Esta espectacular selva ateigada de sambesugas lévame ata a aldea de Labdhang e despois dunha maratoniana xornada á vila de Tashiding que marca o punto final deste alucinante paseo preto nubes.

ESCALADA EN VISUÑA: SERRA DO CAUREL.

Tiña unha débeda pendente coa miña historia: amosar o encadenamento da travesía Ti leipei de 7a+. Esta percorre o inicio de todas as vías do Sector Sumidoiro en Visuña, na Serra do Caurel. Forte desplome e presas de man imprecisas. Novembro do ano 2007, mala cabeza e pouco entreno; eso é o incrible!!! porque tiña estado enriba dela moito mellor preparado e caer unha e outra vez, mesmo despois de ter feito cousas máis difíciles.

1.1.

QUIROGA 1.896, UN XEITO DISTINTO DE VIVIR O ENTROIDO.

Publicado no Periódico o Sil no especial de entroido do ano 2009.
Transcrición literal do orixinal pertencente a Dna. Aurita Taboada, que chegou ata as miñas mans no verán do ano 2.005 gracias a amabilidade de Dna. Mercedes Gutiérrez Anca.
O floreado relato amosa un entroido distinto, afastado das celebracións populares que sempre tiveron lugar nas terra de Quiroga e que poderían ser obxecto de futuras reflexións. O Touro de Bendilló o Meco dos Novaes, etc, constitúen un xeito ben distinto de vivir estas datas de festa.
Quiroga: 19 de febreiro de 1896, asinado: Juan José.

“Pobre, muy pobre es mi pluma para poder reseñar como quisiera y merecen las veladas que en las noches del último carnaval se han celebrado en la casa de Sáa, morada de mis respetables amigos los Srs. de Quiroga y Villamarín, en obsequio de sus numerosas y distinguidas relaciones.
Comenzaré esta revista, mejor dicho, este incompleto relato, suplicando a los Srs. de Sáa y de las hermosas damas que, con su presencia, hicieron del saloncito de baile un joyero de inapreciable valor, me otorguen su perdón, si ni soy fiel, en la relación que me propongo hacer de tan lucidos bailes, que habrán dejado imperecedero recuerdo en la memoria de todos los que tuvimos el honor de asistir; pues nunca podrá mi torpe pluma, haciendo veces de pincel, dar el verdadero colorido al cuadro que intento copiar y que es digno de ser descrito por un hábil artista.
La alegría, el solaz y esparcimiento era el sello característico que se reflejaba en el semblante de las hermosas damas, que, rindiendo culto Terpsícore, cruzaban bulliciosas el salón, ya al compás de vertiginosa vals, ya al pausado, severo y agitado-aristocrático rigodón.
Difícil me sería dar idea exacta del delicado gusto que han demostrado las damas en la elección de los trajes que, a no dudar, tenían mucho mérito, y mucho más teniendo en cuenta que fueron improvisados de momento.
Soy poco inteligente en esta materia, y ésta es la causa de no poder describirlos con el realce que merecen; pero confío en la excesiva bondad e indulgencia del bello sexo quirogués que sabrá perdonar las numerosas faltas en que incurra.
Por un momento, me creí, la noche del Domingo, hablando a la Alambra. ¡Qué agradable sorpresa al ver entrar en el salón aquel grupo de hermosas andaluzas que, bulliciosas, lo invadían, derrochando gracia en sus ingeniosas y discretas bromas!. ¡Qué delicioso cuadro!. A través de los huecos de elegantes antifaces, veíanse centellear luceros que sus reflejos electrizaban al que persistentemente las miraba, cautivando en sus rayos al sexo fuerte. Cortos fueron los momentos en que el impertinente antifaz cubrió aquellos semblantes. Libres ya de ellos, pudimos hacer esta observación: “Linda y graciosa es la mujer andaluza, pero no menos linda y graciosa es la gallega, que supera en arrogancia a la bética raza”.
Muy hermosa estaba la señorita Carmen Villamarín con aquel traje de manola, dando su negra mantilla gracioso marco a su semblante risueño y afable con todo el mundo. Nobles y bellos son los sentimientos que encierra dicha dama, deseosa siempre de complacer a los concurrentes, haciendo digna y discretamente los honores de la casa, con la delicadeza y modestia que le es peculiar. Su hermana, la angelical Amelia, lucía un caprichoso disfraz.
No poco han contribuído al esplendor de estas fiestas las señoritas Lola y Tula Quiroga, que, con su gracia, esbeltez y elegancia nos reproducían al más puro tipo andaluz, formando, con sus blancas mantillas primorosamente prendidas, envidiable modelo para el pincel de Goya.
La señorita María Taboada, tan bella como siempre. La esbeltez de su talle y el fuego de su mirada hacían cual fuerte imán a débil pluma metálica. ¡¡Qué ojos!!. No me extraña saquen de sus casillas a un conocido amigo mío.
No menos graciosa, bella y elegante estaba Margarita Domínguez. La pureza de sus líneas, la palidez mate de su semblante y la facultad de atraer, innata en ella, causaba admiración a cuantos tuvimos la dicha de contemplarla.
Las señoritas Pepita y Carmen Domínguez, tan bellas y discretas como siempre. Se presentaron en “toilete” de sala, reservando la sorpresa para las noches de lunes y martes.
La niña Julia Taboada formaba muy bonita pareja con Pío Quiroga, luciendo caprichosos disfraces.
Digna de encomio es en alto grado la complacencia con la Sra. de D.Juan Quiroga supo interpretar el deseo del elemento joven ejecutando, al piano, con gran maestría, escogidos y variables bailables. Yo, en nombre de los jóvenes y en el mío, doy las más expresivas gracias a dicha señora, elogiando muy mucho su excesiva amabilidad, así como también al Sr. Taboada (D. Inocencio) la no pequeña ayuda prestada a Remedios en tan penosa tarea.
Muy dignamente fueron hechos los honores de la casa por la Sra. de Villamarín que, con su amabilidad y dulzura, no perdonaba medio alguno de hacer gratas a los convidados las horas que, rápidamente, se pasaron en su casa.
Han asistido la Sra. Vda. de Guitián, Domínguez, Taboada, condesa de Torre-Novaes, Fernández del Valle y otras muchas cuyo nombre siento en el alma no poder recordar en este momento, suplicando me perdonen la omisión.
Eran próximante las doce cuando terminó el baile, retirándose los invitados altamente satisfechos, esperando, con ansia, el elemento joven la noche siguiente para reanudar el baile que tan gratas impresiones había dejado en todos los ánimos.
No menos concurrido estuvo el baile la noche del lunes.
Las damas llevaban por lema el conocido refrán: “En la variedad está el gusto”. Mudaron de disfráz, presentándose en animada comparsa de estudiantina, improvisando cuartetos muy adecuados al objeto, demostrando la facilidad que en versificar tenían las señoritas que la componían. Formaban dicha comparsa las Srts. Carmen y Amelia Villamarín, Pepita y Carmen Domínguez, Lola y Tula Quiroga y María Taboada.
Los trajes eran sencillos, pero elegantes. Los formaban: falda negra adornada con lazos y cintas de color de rosa, de terciopelo, y mantón de manila del mismo color. Sobre la cadera y prendidos en el cabello con lazo rosa ostentaban la simbólica cuchara. El conjunto era encantador, hermoso, sublime y máxime al tener en cuenta las gracias que Venus distribuye entre las estudiantes.
Aunque no reinó la animación que en el anterior baile, resultó lucidísimo, y, sin duda alguna, el elemento joven la reservó para el del martes en el que se hizo espléndida despedida al Carnaval, como se deduce de las desaliñadas líneas que a la referida “soirete” dedico a continuación.
Hasta aquí, mal como pude, fui llegando. Mi pluma tiembla ante la idea, no ya de hacer una verdadera revista de fiesta tan magna, digna de ser escrita por Monte-Cristo, sino de poder detallarla con algún colorido... ¡Pobre es mi ingenio para lo que estas fiestas requieren!.
Grande fue la sorpresa recibida por los que ocupábamos el salón al ver entrar tres elegantísimas máscaras que, con gracia sin igual, lucían vaporosos trajes blancos adornados con profusión de margaritas. Los centenares de estas bonitas flores, tan bien dispuestas, cubrían dichos trajes nos hacen ver la paciencia y tiempo que en su confección tuvo que emplearse. No es de extrañar la estima en que las tenían. Gusto nada vulgar han demostrado las Srts. Lola, Tula y Margarita en la elección de un traje tan original como encantador. Digo encantador por la impresión que causaron en el ánimo de un querido amigo mío que, no pudiendo contener un arranque de entusiasmo, se me acercó diciendo “Son tres hadas”.
La Sra. de Quiroga (D. Juan), sentándose al piano, preludió un divino vals, al compás del que las parejas cruzaban vertiginosamente el salón, siendo interrumpidas por la presencia de nuevas máscaras.
Con unánime entusiasmo, fueron recibidas dos que, con mucha gracia, entraron bailando la alegre muiñeira, al compás de una bonita copla, acompañada de las “cóncharas”, que tanto se usan en las fiestas de las mariñas. Eran dos “mariñás”, representadas por las Srts. Luisa Losada y Benigna Navia, que emplearon muy buen gusto en la confección de tan originales trajes.
Seguidamente penetró en el salón una comparsa de Señoras antiguas; llegando, en este momento, la animación a su grado máximo.
Reducido era el salón para contener a las numerosas personas que, agrupadas en rededor de las máscaras, festejaban las picarescas bromas que, con tanto acierto, supieron dar.
Carmen Villamarín, con su preciosa “toilete” de gro negro, con larga cola (modelo de Sra. antigua) estaba muy hermosa, llevando con soltura y modales eminentemente aristocráticos el característico traje.
No menos rico y elegante era el traje que vestía María Domínguez. Su “toilete” consistía en falda de larga cola con múltiples y caprichosos recogidos, corpiño elegantemente entallado y, sobre la cabeza, artística capota. El aire y distinción peculiar en ella daba mucho realce a su “toilete”. Su potente mirada atraía a cuantos la contemplábamos. Su simpática hermana Pepita vestía, también de dama antigua. El traje era de gro negro, y, sobre el pecho, cruzaba una banda de raso encarnado, que hacía resaltar su hermoso semblante.
Si bella estaba María Taboada con los trajes de manola y tuna, no menos encantadora estaba con el de dama antigua. La esbeltez de su talle se presta de torneado molde a cualquier vestido y máxime el negro como el que el martes llevaba, que hacía resaltar su níveo semblante.
Las Srts. Amelia Villamarín y Carmen Domínguez vestían de sala, y lo mismos las niñas Julia Taboada y Antoñita Torres.
Además las Sras. Que antes he citado, ha asistido la Sra. de D. Vicente Quiroga Vázquez Queipo, no habiendo podido concurrir al del domingo y lunes por encontrarse fuera del País.
Rápidas, muy rápidas pasaron las horas de aquella inolvidable noche del martes, de la que tan gratos recuerdos conservamos los que tuvimos el honor de asistir. La animación no había decaído ni un solo momento, hasta que, señalando las doce el minutero del reloj, nos vino a advertir que el Carnaval de 1896 había terminado.
Pocos momentos después, los convidados nos retiramos altamente satisfechos y sumamente agradecidos hacia los señores de la casa, que, tan galantemente nos habían obsequiado celebrando el carnaval en sus salones.
Fiestas como éstas honran muy, mucho a los Srs. de Sáa, y dan idea de las generales simpatías con que gozan el país”.

Transcrición: Ramón Vila Anca.