Cando vai mal tempo de verdade, sempre penso o mesmo... estas aldeas son épicas.
Eu ando nestas, pero podería ser calquera da montaña.
![]() |
| Soldón |
![]() |
| Vieiros |
![]() |
| Hórreos |
![]() |
| A Seara |
Subir ao Alto do Boi, deixar o coche xunto a estrada principal de Quiroga a Folgoso e agardar a que pasen cousas... e pasan, sempre pasan.
O paseo é o de sempre, creo que centos de veces; houbo anos que subía a diario a correr por aquí e cada día é distinto.
A paisaxe mudou, como toda esta zona, despois dos incendios de xullo de 2022... xa non é esa devastación do primeiro ano pero non é o mesmo.
Foi agradable volver, tendo en conta que seguín subindo a correr despois do incendio, hoxe foi unha sensación reconciliadora con este terreo tan importante para min.
Os detalles da ruta que case sempre fago por alí están neste post antigo: https://ramonvilaanca.blogspot.com/2011/01/ruta-alto-do-boi-alto-dos-conventos.html.
Tamén me gustou volver a ver algo parecido ao que era en: https://ramonvilaanca.blogspot.com/2023/01/neve-no-alto-do-boi-na-hora-dos-lobos.html
Nin rastro dos lobos na hora dos lobos...
![]() |
| Ao fondo, impreciso, o val do río Sil |
![]() |
| Miradoiro no Alto do Boi |
![]() |
| Miradoiro no Alto do Boi e Vilar, recuperándose... |