martes, 20 de diciembre de 2016
domingo, 11 de diciembre de 2016
DEVESA DO CERVO. O MAZO. QUIROGA
Ritual.
Agardaba pola ponte de decembro como moitos outros anos. Sempre coincide por aquí así...
Ando lento.
Ando atento.
Non vou a ningures molesto por un sol que non corresponde. Rabexo. Mágoa de tempo...
A verdade xa é un pouco tarde, xa o sabía dende os días anteriores de camiño á Seara pero non quero faltar á cita con Bárbol (Treebeard). Tal vez este ano, como moitas outras veces, tamén apareza.
Si, aquí está, no mesmo recuncho de sempre, onde o bosque é máis vello, onde o bosque é máis tranquilo, onde o bosque cheira a humidade, onde o bosque é... brutal.
Séntaste e fuxes deste mundo para entrar nun mundo antigo... ents, ucornos (Huorns)...
Quen sabe cando será o primeiro xiro deste ano; o aire aínda non trouxo neve para quedarse...
Track .gpx ruta O Mazo-Devesa do Cervo-Fervenza do Cervo-Pico Montouto.

|  | 
| No camiño do Mazo á ferrería | 
|  | 
| No camiño do Mazo á ferrería | 
|  | 
| Recuncho do rego de Montouto na parte baixa, fóra do camiño | 
|  | 
| Rego que baixa de Rinán a carón dunha das fervenzas, fóra do camiño | 
|  | 
| Fervenza no rego de Montouto, fóra do camiño | 
|  | 
| Bosque vello, devesa do Cervo | 
|  | 
| Bosque vello, devesa do Cervo | 
|  | 
| Devesa do Cervo, lección de Xeoloxía. Así é unha montaña por dentro. Flanco do Sinclinal da Serra do Caurel | 
|  | 
| Fervenza do Cervo | 
|  | 
| Parte baixa da devesa do Cervo | 
|  | 
| Parte baixa da devesa do Cervo | 
|  | 
| Devesas do Cervo e Mazales, a esquerda | 
|  | 
| A lúa sobre a devesa do Cervo | 
|  | 
| Solpor no val do río Soldón, ao fondo o pico da Torca | 
sábado, 10 de diciembre de 2016
FERVENZAS DO SELMO NA ZONA DE PENA LONGA...
Esmorece o outono e como un lóstrego vina dende a estrada...
Xa había tempo. Cando éramos río pasamos por alí moitas veces sen tempo máis que de ser iso... río.
Agora apreciamos o que significaba aquilo pero pódese ir de vagar a deixarse arrolar por un mantra que non cesa.
Nos dominios da fervenza das fervenzas, antes de abandoar Quiroga, o río Selmo salta primeiro nunha cachoeira e logo nunha chapacuña da que parte unha vella caldeira. As chapacuñas para as presas aproveitan na meirande parte dos casos saltos de auga naturais; así cunhas simples fiadas de cachotes tiñan a presa montada...
Salvaxe e sutil...

RUTA DA SEARA AO PENOUCO (SILLA DE CASTROMAO)
Dende o centro da Seara (aira do Dismo); saímos da poboación pola rampla principal en dirección sur para ir pola estrada ata a Golada. Na Golada collemos a pista forestal que leva á Rotea e que pasa polo miradoiro onde está interpretado o glaciarismo nos vales da Seara e Vierios. Tendo en conta que o monte na zona das antenas da Rotea é baixo e tamén hai lameiros faise moito máis agradable abandoar a pista e ir pola parte superior dende onde xa se ve o Penouco e a Silla de Castromao. A entrada da pista forestal que conduce ao noso obxectivo ten unha pequena sinal de madeira que indica o Penouco... ao final da pista, que non sempre está nas mellores condicións pola vexetación, empeza un sendeiro estreito que baixa primeiro e sube despois entre as rebolas cara o punto máis alto da Silla que é o Penouco.
Para descargar track .gpx premer aquí.
| A Seara dende a Rotea | 
| Vieiros dende a Rotea | 
| O Penouco sobre o val do río Selmo | 
| Vieiros e a Seara dende o Penouco | 
| A Seara dende o Penouco | 
| Val do Selmo, Ferramulín e Hórreos dende o Penouco | 
| Vista cara o leste e o norte dende o Penouco; Vieiros e a Seara... | 
jueves, 1 de diciembre de 2016
UN OUTONO MENOS... 4º
O motivo é sempre unha luz delirante.
Agora a meirande parte das veces falta luz e os resultados non son os apetecidos, ou si...
No outono cargamos coa cámara e perseguimos a luz e tamén a ausencia de luz (sombra). O resto son as cores que nos atormentan, ou tamén é a luz a que nos atormenta.
A veces neve... a neve é outra luz tamén.
Todo isto, case sempre, no territorio do lobo que mira e non entende...

| Banco no miradoiro de Campodolo. Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga | 
| Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga | 
| Val do río Soldón dende o Cerengo en Ribas de Sil. En primeiro termo Castro de Canivete, logo Rocaboa e a serra de Vilarmel, a serra do Cabreiro e o Montouto | 
| Os lameiros da chaira de a Moá, entre Castro Caldelas de San Xoán de Río | 
|  | 
| O Val de Lemos, co castelo de San Vicente no centro, dende o alto do Boi | 
| O val de Lemos baixo o seu característico mar de néboa nunha tarde de outono, dende o alto do Boi | 
| Montouto e a serra do Cabreiro dende o alto da Torca. Quiroga | 
|  | 
| Dende a Gándara Cha na Ermida: San Cristovo, Bustelo de Fisteus e os montes da Torca | 
|  | 
| Val de Céramo e Visuña dende os tornos de Formigueiros. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel | 
| 
 | 
|  | 
| Devesa do Cervo no val do río Soldón, por riba do Mazo. Quiroga | 
|  | 
| Val do río Soldón e Soldón da Seara. Quiroga | 
|  | 
| Devesa da Rogueira. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel | 
sábado, 26 de noviembre de 2016
UN OUTONO MENOS... 3º. FORMIGUEIROS
Non foi unha casualidade, lembro moitas neves de outono... e haberá quen lembre moitas máis.
Hai tempo que sabía que iría a Formigueiros, dende alí soñei un mundo grande e bonito; efectivamente é así por eso estou agradecido e necesito ir. Teño o feo costume de anotalo casi todo... Cantas veces? Máis de 400. Si, parecen moitas pero non o son... tendo en conta que estou no monte máis da metade dos días do ano dende hai demasiados anos.
Está moi claro, os vales de Visuña e a Seara e o monte Formigueiros sempre estarán...
De camiño as mesmas imaxes de sempre que bailan o son dun outono que tardou en chegar pero acabou chegando a medias. Algunha vez, despois dunha morea de estados de ánimo, novas visións sorprenden ollos cansados.

| Nueve lenticular sobre a Serra do Caurel | 
|  | 
| Devesa do Cervo e Montouto entre a néboa | 
|  | 
| Cabana no Carrozo do Val de Parada | 
|  | 
| Val do río Soldón e Soldón da Seara | 
|  | 
| Fonte do Espiñeiro na Seara | 
|  | 
| Val de Visuña | 
|  | 
| Val de Visuña dende o alto do Couto | 
|  | 
| Val de Visuña | 
|  | 
| Céramo, no val de Visuña | 
|  | 
| Val de Visuña | 
|  | 
| Val de Visuña | 
|  | 
| Ondas de neve chegando aos tornos de Formigueiros | 
|  | 
| Autoretrato no cumio de Formigueiros. | 
|  | 
| Devesa da Rogueira dende o Teso das Papoulas | 
| Lagoa de Lucenza | 
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)