Xa levan cinco edicións decorando a súa vila ao carón do río Lor (que compre ter presente que é o río máis elegante da terra) para non esquecer o pasado. Para tentar sentirse como se sentirían hai moitos séculos os antergos poboadores deste couto mineiro do baixo Lor. A sensibilidade dalgunhas personas non ten límite e ano tras ano están aí; paréceme admirable porque eles son a cultura. Cultura só hai unha, nin grande, nin pequena... so unha que nos fai mellores a todos. Admiro á xente que escoita, que observa, que é quen de deixar as súas cousas cotiáns para volver atrás. Dá igual onde!
Entre os "medos" de Margaride do Lor hai cinco anos que se sinte o pasado, liviá, festivo... somos o que fomos.
Que chamen a un para falar do pasado nun lugar así non ten prezo.
|  | 
| O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz | 
|  | 
| O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz | 
|  | 
| Cova grande do Medo de Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz | 
|  | 
| Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz | 
|  | 
| Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz 
 | 
|  | 
| Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz 
 |