viernes, 26 de noviembre de 2010

ECUADOR: QUITO.

Cidade especialmente bonita; Patrimonio Cultural da Humanidade dende 1978, é un dos lugares que o home ten a obriga de protexer como parte da súa memoria.



















miércoles, 24 de noviembre de 2010

"FRÍO SOLPOR DENDE O TANQUE DE BUSTELO": MÁIS DE 22000 VISITAS NO PANORAMIO.

26 de xaneiro de 2008, hora 19:39:28; baixo da Seara nun día moi frío. A estrada está ateigada de xeo. Paro no tanque de Bustelo. É un solpor como tantas veces, repetido, impresionante... Mágoa, non levo o trípode nin a cámara grande; pero como é posible que apareza un oso traio comigo unha pequena cámara cómoda: este é o resultado. Evidentemente si tivera intención de que saira algo parecido non o conseguiría. Despois de preto de dous anos no Panoramio xa ten algo máis de 22000 visitas.

 

domingo, 21 de noviembre de 2010

FONTE DA COVA EN NOVEMBRO.

Antes, antes, antes... é agora.
Tendo en conta as previsións sabíamos que había neve, subimos como penitentes para ver como está o pequeno "circo" a estas alturas do ano. Promete, pero aínda non se pode facer nada.







viernes, 12 de noviembre de 2010

O "AMAÑECER NO MONT BLANC", MÁIS DE 100000 VISITAS NO PANORAMIO.

Día 15 de agosto de 2002, baixo do cume do Mont Blanc, ao chegar ao refuxio Vallot este é o espectáculo que contemplo cando me dou volta. Esta foto subíu por casualidade ao Panoramio e agora xa ten máis de 100000 visitas; esto quere dicir que máis de 100000 persoas viron amañacer no Mont Blanc polos meus ollos!. Grazas.

Amañecer no Mont Blanc

domingo, 7 de noviembre de 2010

ESCALADA: BLOQUES NO ENCORO DE PRADA.

Limpar.

Limpar.

Pensar.

Pensar.

Trepar.

Trepar.

Trepar.

Trepar.

O instante.

Solución.

Encoro de Prada.

Bloques e praia no encoro de Prada.


sábado, 6 de noviembre de 2010