lunes, 29 de diciembre de 2025

CAIAC NA RÍA DE FOZ: SAN COSME DE BARREIROS - PRAIA DE ANGUIEIRA.

Sempre que remo pola ría penso nos Elcano chegando ao porto de Foz. Non podo evitar pensar como sería entón...
Agora, dende que o mellor regalo do mundo en forma de caic inchable, chegou a miña colección de "vicios", todos os 29 de decembro paso a tarde remando, non importa como esté a marea. 
Polo tipo de nubes e o bo tempo, presentía que ía ser un espectáculo... o resto xa o vedes, foi como estar dentro dun cadro de Vincent Van Gogh. 
Ademais, ao pouco de empezar a remar, cando aínda case nin estaba colocado, tiven a oportunidade de fotografar malamente o esquivo Martiño peixeiro... aínda que tardei en reaccionar fun capaz de facer algunha foto. Seguro que é un dos paxaros máis fermosos da creación. Case sempre o vexo de lonxe remando no río Sil e algunha vez o tíñamos visto na ría de Foz... nesta ocasión estaba tan cerca que o puiden fotografar. 


O esquivo Martiño Peixeiro, picapeixe o peixeiro común










Foz






viernes, 26 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: VILARBACÚ - CAMPA DO ABEDUL. CAMIÑO DA MINA AO PÍA PAXARO

Clásico camiño da mina de Vilarbacú ao Pía Paxaro.
Hai neve rara, amoreada, e conxelada, nun camiño que cada vez está peor. Xa non é o dos anos anteriores. De todos os xeitos subo sen problema, aínda que vou algo tarde, ata a mítica Campa do Abedul. 
Fun vendo pegadas de raquetas ata máis ou menos a metade, logo nada, como sempre... A parte superior, na Barreira é o máis frío e "alpino" que se pode facer nestas montañas. Os últimos metros, sempre venteados, costan ata sair pola outra cara, ao sol...
Son algo menos de 2 Km, con 300 m de desnivel positivo, sempre intensos si hai pouco tempo.

Vilarbacú

Pía Paxaro

Montouto e Rinán, aquí sempre están presentes. A neve cura un intre a ferida do incendio deste verán

Montes Aquilanos






Serra de Roxa Longa







jueves, 25 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: O TERREIRO - ALTO DO CAMBEIRO (PACIOS DA SERRA)

Día de circunstancia no que non fixen unha boa previsión... de todos os xeitos percorrín unha zona na que non estivera nunca: o importante é estar!
A idea era subir todo o posible pola pista dende o O Boi para dar un paseo tranquilo ata ao Pía Paxaro pero había demasiada neve e foi imposible chegar máis arriba. Antes, por aquí calquera paseo facíase entre piñeiros, agora, despois do incendio de 2022 a paisaxe está moi transformada e... non é o mesmo. Volvo a dicir o mesmo, os piñeiros aquí non pintaban nada, mais era a miña paisaxe dende sempre...
Pasar unha tarde deslizándose sobre a neve nestas montañas sempre é positivo...
Un percorrido de máis ou menos 8 Km dende a pista e e volta ao coche.
O resto foi como moitas veces, un solpor luxurioso coas impensables luces que deixa a neve. 


Pacios da Serra

Rinán e Montouto

Pía Paxaro



Pía Paxaro

Val do río Ferreiriño

Val do río Lor

Altos do Boi e do Convento, ao fondo

Vilar e val do río Lor

lunes, 22 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: A GOLADA (A SEARA) - FONTE DE CAIS.

Estaba un día bastante duro e con moitísima neve recén caída.
Penso que despois do incendio de agosto por fin limparon a pista pola que no seu día circulábamos nun coche normal e pola que, nos dous últimos anos, non se pasaba nin a pé... entón estaré ben para pasar por alí unha tarde de neve de primeiro día. 
Dende a Golada ata Fonte de Cais hai 2,4 Km, logo se sube e a baixada é bastante tranquila aínda que coa néboa case non se distinguía o relevo. 
Repetida unha e mil veces, pero cando hai temporal, esquiar na casa é o máis axeitado. 









Val do Soldón, na hora dos lobos

domingo, 18 de mayo de 2025

UN VAL E O SEU BALCÓN... VAL DE QUIROGA DENDE BUSTELO DE FISTEUS

Literalmente miles de solpores dende aquí.
Hoxe a tormenta fixo que a luz mudara e se volvera incerta.
Como será unha luz incerta?

A tormenta e a súa luz dende Bustelo de Fisteus


lunes, 12 de mayo de 2025

ESTRADA NA CRUZ DE OUTEIRO. MONTAÑAS DO CAUREL

Érase unha vez...

Baixo como miles de veces da Seara. Tarde de choiva e frío. Luces imprecisas.
Fun ata a Fervenza do Fócaro e percorrín a aldea con calma. Xa había tempo...
Nugallán deixo a cámara na casa. Nunca, xamais saía sen a cámara. 

Á tardiña, na estrada, despois da Cruz de Outeiro, brétema consistente e unha luz verde e pastosa. Lembro que vivo nun paraíso de luces e cores sen importar a hora e o día... disparo... disparo... disparo... 

A situación dura un intre coma moitas outras veces pero é real.