martes, 21 de junio de 2022

ENVASES DE CORCHO PARA AUGA

Envases fabricados en corcho para auga.
Procedentes de Vilañán (Quiroga), chegaron alí dende o val do río Lor baixo (Santa Andrea, Freixeiro ou Margaride), onde os empregaban para levar auga á sega.
Están fabricados con láminas de corcho; a súa etrutura está formada por tres cilindros de corcho de distinto diámetro, perfectamente esamblados e impermeabilizados con pez (Dicionario da RAG: substancia branda e pegañenta, de cor escura e insoluble en auga, que provén da destilación de diversas resinas e alcatráns vexetais). Para reforzar a súa estrutura tiñan varios costrelos de castiñeiro a xeito de aneis no exterior, non os conservan todos.
O único que fixemos foi desinfectar os materias, consolidar a estrutura para que non se desintegrara e hidratar os materiais con cera de abella.

Pódense ver no Museo Etnográfico do Concello de Quiroga.








viernes, 10 de junio de 2022

A FOTO DO MIRADOIRO DAS FONTES, RIBAS DE SIL

A foto grande desta reportaxe foi tomada do 25 de novembro de 2017 ás 15h37' no miradoiro das Fontes en Ribas de Sil.
O modelo é meu pai... xa hai 5 anos, o tempo pasa rápido.
Pola súa actividade profesional, foi carniceiro durante toda a súa vida, igual que o seu pai (o meu avó), pasaría por este punto da estrada que conduce dende o val de San Clodio e Quiroga a Castro Caldelas polo Alto da Moá, milleiros de veces (literalmente). Este día subimos alí a ver o miradoiro coñecido como das Fontes, porque é a aldea que ten máis preto... Parada diante del unha paisaxe coñecida: o val dos ríos Sil e Lor, a chaira de Monforte de Lemos, a Serra de Auga Levada e a magnífica traza que forma a Cuarcita Armoricana na espectacular dobra de Castro Dares.
Sen dubidar é unha das miñas imaxes máis repetidas, teñoa visto reproducida ata nos lugares máis insospeitados... non creo que lle ande moi lonxe aqueloutra do Val de Visuña en outono que, tamén, moitas voltas leva dado.
Son dos que considera que o Xeoparque Montañas do Caurel ten maxia, unha parte da maxia... a que fai referencia á xente, principal patrimonio destas montañas, pode condensarse nesta foto da paisaxe parada diante dun home...




domingo, 5 de junio de 2022

REXORDE UNHA DAS ALVARIZAS DE BUSTELO DE FISTEUS (2018-2022)

Benvid@s a un mundo feliz:


O proxecto: https://xacobeo.accioncultural.es/alvariza-lucia-loren/

Intervención artística nunha alvariza de Quiroga
https://www.osil.info/rehabilitacion-e-intervencion-artistica-nunha-alvariza-en-quiroga/

Lucía Loren: «Es toda una suerte trabajar en la alvariza de Bustelo de Fisteus»
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/quiroga/2022/05/28/suerte-trabajar-alvariza-bustelo-fisteus/0003_202205M28C5992.htm

Una alvariza de Quiroga, escenario para el arte contemporáneo
 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/quiroga/2022/04/28/alvariza-quiroga-escenario-arte-contemporaneo/0003_202204M28C8991.htm

Proyecto artístico en la alvariza de Bustelo de Fisteus
https://www.creandotuprovincia.es/proyecto-artistico-en-la-alvariza-de-bustelo-de-fisteus.htm

La primera escultura en una alvariza: un enjambre imaginario y una colmena de piedra
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/quiroga/2022/06/03/primera-escultura-alvariza-enjambre-imaginario-colmena-piedra/00031654269946335336711.htm

Pouco facía pensar que os muros agochados entre o bosque de mimosas invasoras, á beira da estrada que me leva e me trae de seguido á Seara, completaría co tempo unha historia tan chea de vida.
Todos estes anos pensei que sería magnífico vela en todo o seu esplendor...

10 de marzo de 2018

10 de marzo de 2018

10 de marzo de 2018


A primeira acción de limpeza foi durante un campo de traballo xuvenil internacional que tivo lugar no mes de xullo do ano 2018. Despois duns días intentos de traballo de moz@s e monitores/as, a alvariza contounos o que xa se intuía: a súa estrutura está case intacta e mesmo conserva, en moi mal estado, algúns dos seus trobos orixinais.


9 de xullo de 2018

9 de xullo de 2018

9 de xullo de 2018

A acción do seguinte campo de traballo xuvenil internacional centrouse na limpeza e sinalización dos accesos á espectacular fervenza do Pombar, na mesma estrada, un pouco antes de chegar á Cruz de Outeiro. Cando @s responsables viron o estado no que estaba a alvariza despois dun ano, dedicáronlle un novo esforzo á súa limpeza. Ao mesmo tempo, durante este ano, colocouse unha interpretación que fala das abellas e o mel e, por suposto, estas espectaculares estruturas. 

Aspecto que tiña o día 2 de febreiro de 2019

De novo en 2021 se volveu a limpar... non correspondía alí, pero unha parada rápida na alvariza, devólvelle a súa grandeza.

Día 11 de xaneiro de 2021

Día 11 de xaneiro de 2021

O máximo esforzo neste elemento do noso Patrimonio acaba de rematar: un obradoiro de pedra seca e intervención artística dirixida por Lucía Loren, artista especializada en arte ambiental e coordinada pola mediadora cultural independiente Natalia Balseiro. 
Efectivamente, con esta intervención, a alvariza de Bustelo subiu dous chanzos de golpe grazas a implicación de varias administracións e, sobre todo, boa vontade dunhas 20 persoas que lle adicaron o seu esforzo de sol a sol durante o mes de maio de 2022.
Cousas así, aínda me fan crer...

Obradoiro de pedra seca e arte contemporánea: 
alvariza de Bustelo de Fisteus 23 maio-3 de xuño de 2022















Si, unha abella solitaria contoume que si, que estaban contentas...
O mundo das abellas solitarias é moi curioso; as femias non teñen contacto coas crías, non pruducen mel, nin viven en grandes colonias. De xeito aproximado o 90% das abellas do mundo son solitarias. Agora, algunhas atoparán acougo na estrutura de Lucía na alvariza de Bustelo de camiño os cumios montesíos do Caurel.

O último impulso: 2 de xuño de 2022







Cada vez que suba á Seara, ou ás montañas... escaparase un sorriso ao pasar por Bustelo. 
Grazas romántic@s.
Punto e seguido. Seguinte parada 0 mimosas...