sábado, 26 de noviembre de 2016

UN OUTONO MENOS... 3º. FORMIGUEIROS

Non foi unha casualidade, lembro moitas neves de outono... e haberá quen lembre moitas máis.
Hai tempo que sabía que iría a Formigueiros, dende alí soñei un mundo grande e bonito; efectivamente é así por eso estou agradecido e necesito ir. Teño o feo costume de anotalo casi todo... Cantas veces? Máis de 400. Si, parecen moitas pero non o son... tendo en conta que estou no monte máis da metade dos días do ano dende hai demasiados anos.
Está moi claro, os vales de Visuña e a Seara e o monte Formigueiros sempre estarán...
De camiño as mesmas imaxes de sempre que bailan o son dun outono que tardou en chegar pero acabou chegando a medias. Algunha vez, despois dunha morea de estados de ánimo, novas visións sorprenden ollos cansados.

Nueve lenticular sobre a Serra do Caurel

Devesa do Cervo e Montouto entre a néboa

Cabana no Carrozo do Val de Parada

Val do río Soldón e Soldón da Seara

Fonte do Espiñeiro na Seara

Val de Visuña

Val de Visuña dende o alto do Couto

Val de Visuña 

Céramo, no val de Visuña

Val de Visuña

Val de Visuña

Ondas de neve chegando aos tornos de Formigueiros

Autoretrato no cumio de Formigueiros. 
Devesa da Rogueira dende o Teso das Papoulas
Lagoa de Lucenza

miércoles, 16 de noviembre de 2016

UN OUTONO MENOS... 2º

Outono polo San Martiño. Este ano ben moi tarde... Aínda que está algo verde o artista xa empeza a perder os papeis. Haberá que ver a Devesa do Cervo na ponte de decembro...
A mochila segue mal feita... bueno... non hai mochila, a verdade... todo ciscado enriba do asiento traseiro do coche... o resto componse só, tampouco ten ningún mérito.

Bustelo de Fisteus e Val do Sil ao fondo...

Fonte do Espiñeiro na Seara

Val do Selmo nos lameiros do Bugal, na Seara

A Seara, na Serra do Caurel

Pena do Val dende Vieiros

Val do río Selmo, ao fondo a Pena do Val

Río Selmo en Ferramulín

Souto no barrio de Reibarba de Visuña

Pena do Val, por riba da Seara, dende Vieiros

Val dos ríos Sil e Quiroga dende Bustelo de Fisteus

lunes, 14 de noviembre de 2016

OXALÁ...

...aquel día de bochorno non tivera entrado un vento xeado pola miña fiestra despois dunha noite de soño que non foi tal. Souben que te foras antes de sabelo... despois non quixen saber, pero é verdade, xa non estarás nunca. Así sen máis, como unha luz que está a pasar e xa non é máis que ausencia, sombra...
Agora penso e non culpo a nadie de tantos anos fuxidos estando e sen estar. Non sei moito e seino e sabía todo.
Podería dicir que aquel día, sen saber moi ben o porqué, morreu outra parte da esencia que chaman alma; non o direi, só me gustaría despertar pola noite e non darme conta de que é verdade.

Angustioso solpor de outono en Bustelo de Fisteus, como sempre...

miércoles, 2 de noviembre de 2016

UN OTONO MENOS...

Os pasos son os mesmos; o outono, a ollada e a mente non...
Aquel outono vermello que chegou sen querer, queda xa demasiado lonxe.
Todos os anos, o outono, é demasiado complicado.
Sigo pensando demasiado no alfareiro de Bhaktapur.

As taras do Val de Visuña e o reino do Monte Formigueiros
Val da Seara cara o Fócaro, cara á Lucenza...
No que chaman o rego das Maseiriñas, preto do barrio da Igrexa, en Visuña

O río Selmo antes de chegar a Ferramulín

O val da Seara

Baixo a fervenza de Vieiros. Fervenza das fervenzas...

Chapacuña do Polpiñeiro, en Quiroga

O curso seco do río Visuño na outonada. Por aquí só se pode pasar cando o río quere...

Taras do Val de Visuña por riba da aldea de Céramo

Fervenza do Fócaro

Chegando ao Pozo Negro, no río Quiroga, en Quiroga vila
Chapacuña e "aceña" do Brasileiro, en Ferramulín, no río Selmo

Chapacuña do Polpiñeiro. O río Quiroga sempre foi magnífico

"Aceña" do Brasilieiro. En Ferramulín, no río Selmo

As "gurbias" da Seara e a fábrica da luz

Gurbias da Seara e muíño da Casa Carrete?
No interior do río Visuña durante a outonada sen auga. Só cando o río quere
A Seara, só