sábado, 21 de mayo de 2022

LIMPEZA DO POZO DOS VERECIÑOS OU VALECIÑOS EN MOREDA. MONTAÑAS DO CAUREL.

Autodenomínanse GRM (Grupo Recolle Merda): chegan, limpan, desfrutan destas montañas e marchan por onde viñeron ata a próxima actividade.
Nesta ocasión, actividade de limpeza no Pozo dos Vereciños. segundo a denominación dos autores da topografía da sima, e Valeciños segundo os veciños de Moreda; localidade de Folgoso do Courel, onde está emprazada. 
A actividade foi organizada en colaboración co Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, aberta a todo o mundo interesado en participar.
Unha vez máis sen descanso, dende as 10:30 h ata as 16 h, deixaron a sima limpa, logo de quitar algo máis de 1000 Kg de lixo (segundo a miña estimación) depositado nesta cavidade de vello... non atopamos lixo recente, como mostra de que foi arroxado alí cando, nin de lonxe, existía recollida de refugallos nas aldeas destas montañas.
Dá gusto volver a xuntarse con eles, algúns son coñecidos dende hai máis de 35 anos, e as risas e o bo ambiente están sempre garantidos nestas xuntanzas.
Moitas grazas, vémonos pronto.
































jueves, 19 de mayo de 2022

TRES MOSAICOS DAS MONTAÑAS DO CAUREL

 Laranxa, azul, verde...

Solpores laranxas no Alto do Boi

Solpores azuis no Alto do Boi

Verde no interior do río Visuña. No interior do río Visuña sempre pasan cousas...


domingo, 15 de mayo de 2022

PRIMAVERA MONTAÑAS DO COUREL


Sequeiro no Soldón da Seara

Val alto do río Soldón entre o Mazo e Outeiro

Val de Seceira

A neve do cuco no val do Soldón, ao fondo Pico Rinán

 
Val do río Ferreiriño, Campodola e a dobra deitada das Montañas do Courel

A neve do cuco en Vesarredonda

Camiño do Mazo a Outeiro

Devesa do Cervo

Val dos río Quiroga e Pacios, ao fondo Penas Rubias