viernes, 24 de diciembre de 2021
miércoles, 22 de diciembre de 2021
Chove para que eu soñe...
Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min en non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.
Uxío Novoneyra
martes, 21 de diciembre de 2021
OUTRO OUTONO NAS MONTAÑAS DO CAUREL
Sempre prendido na luz amarela do outono nas Montañas do Caurel. Non hai orde, só camiñar na procura de evitar esquecer que aquí sempre foi outono, sempre foi bosque, sempre foi luz... Repítense os "tiros" ano tras ano e o resultado trae aire fresco despois do verán... Ninguén conseguirá apartarnos do camiño que empezou hai tantos anos e tantos desenganos... Coidado, non te metas entre a luz e nós...
Vales dos ríos Sil e Quiroga dende Bustelo de Fisteus |
Fervenza da Seara |
A miña casa na Carreira da Seara |
Río da Seara |
Pai no miradoiro de Augas Mestas |
Río Sil dende a Ponte Nova, cara o fondo a Casa de Outeiro e o Castro de Canivete |
Bosque de ribeira no Río Sil, baixo Castro de Abaixo |
Río Sil en Augas Mestas |
Bidueiral no rego do Aceval. Ferramulín |
Estrada na Seara |
Soldón da Seara, Val alto do río Soldón |
Estrada en Vieiros |
Camiño da Lagoa da Lucenza, A Seara |
Estrada na Golada, A Seara |
Estrada baixo Hórreos |
Muín de Riba, A Seara |
A Seara dende A Golada |
Estrada en Visuña |
Devesa das Valiñas, val de Visuña |
Estrada na Seara |
Camiño da Lagoa da Lucenza |
Estrada baixo Hórreos |
Río Sil baixo Castro de Abaixo |
Val alto do río Soldón |
Vales dos ríos Sil e Quiroga dende Bustelo de Fisteus |
Fervenza da Seara |
Devesa das Valiñas, val de Visuña |
Souto de Ferramulín |
Río da Seara na fonte do Espiño. A Seara |
Fervenza grande Hórreos |
Chapacuña da Ribeira de Abaixo |
Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
Río Quiroga na chapacuña da Ribeira de Abaixo |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)