Volvín alí e xa non estabas, a partir de agora ó Muztagh Ata faltaralle algo; ó Pai da Montañas de Xeo, malia as súas fondas feridas, semella menos frío . Faleille con paixón da miña viaxe ós Celtas, gustoume volver a ve los. Alégrome de que a miña xente atope o seu sitio. Sinto pena polo pasado pero o tempo non se detén, canto vivimos!. Faltarían detalles pero podo lembrar cada un dos lugares percorridos con eles durante unha chea de anos, agora algúns seguimos a percorrer xuntos a vida; sei que alí nunca botarei en falta nada.
lunes, 30 de abril de 2007
miércoles, 25 de abril de 2007
Si, si. Desconcertado estaba el diablo, y sintió el horror que la verdad oculta, y vio la virtud en su cuerpo de The Crow). Non teño moito que dicir, entón reflexiono sobre cousas demasiado góticas. Volvín á miña monotonía, sempre a mesma rutina, todo cronometrado; está comprobado que non podo saír do guión. O mundo por debaixo do mundo existe, pero tamén hai outras cousas.
lunes, 23 de abril de 2007
Canto tempo pasou?. Gustaríame que todo volvera a ser así.
Estaba tranquilo, con esa tranquilidade que só se acada cando o único problema que tes é escalar... máis alto, máis forte. Iremos aquí, alí, metros, frío, números, letras, signos... non desprezo, dor, corpo esnaquizado, mente rota...
Estaba tranquilo, con esa tranquilidade que só se acada cando o único problema que tes é escalar... máis alto, máis forte. Iremos aquí, alí, metros, frío, números, letras, signos... non desprezo, dor, corpo esnaquizado, mente rota...
Non me soltes!.
miércoles, 18 de abril de 2007
Xa hai uns días que podo ler, é outro desperfecto restaurado. Faciame falta. Dende o Sol do verán, non volvera a ler nada concreto. Hala! O Sol do verán... quen me mandaría... era bonito. Pasa o tempo, non sei que facer para escoitar; cando corro sinto, pero non é suficiente. Os demos agora si que berrean, antes susurraban. Xa me gustaría volver... non é posible. Afronto a situación con tranquilidade, como se agarda unha oportunidade no último campo da montaña. Volverei, claro que volverei, pero con calma... agora xa non hai xogo bonito.
martes, 17 de abril de 2007
Estou cerca pero separado por unha distancia como de aquí a China: é dicir moi lonxe. Nalgúns momentos esta unidade de medida serviu para indicar esto, ja, ja... Sempre teño presentes cousas así e non sei moi ben o porque. Trago todo sen interese e non son capaz de sentir que teño que volver ó xeo, ós solpores máxicos, as paraxes impensables, que debo cruzar novamente a liña... porén sei que a búsqueda do sétimo sentido non é algo que poda forzarse, so cabe agardar. Lembro, como decidín ir ó Muztagh Ata...?, foi curioso: escoitei, alto e claro... só pasaron minutos ata que puxen todo en marcha.
lunes, 16 de abril de 2007
Quixera escribir que todo está ben, que marcho outra vez á montaña. Agora xa sería tempo de porse en marcha, xa hai saídas garantidas, 19 de xuño GII, como estaba previsto. Non escoito nada, como escoitei outras moitas veces. Parece normal despois do que pasou aínda que razonablemente sería o momento de fuxir canto máis lonxe e máis alto mellor, pero ollo, hai que escoitar. Agora está calado. Teño días, pero o máis probable e que marche ó Caucaso: sen chegar a oir nada é o que máis me apetece este ano. Será un xeito "suave" de non saír da espiral e agardar tempos mellores.
Por certo, despois de casi un ano, onte volvín a escalar na rocha, dame mágoa mirar atrás, porén non teño ningunha presión.
martes, 10 de abril de 2007
Todo pasa rápido, até o malo. O menos malo destes días sen sentido foi a conversa que mantiven o domingo pola tarde cun aspirante a subir ó Aconcagua. ¿Qué buscará alguén así nesta montaña?... xa, xa: o meu foi unha fuxida, como sempre. Este semella non ter que fuxir de nada... Onte volvín a neve, agora alí sempre aparece a mesma pantasma, resulta incrible. Disfruto coa estancia e coa actividade pero a súa presencia acode puntual á cita para motificarme, era o único que faltaba.
A tendencia do ser humano a meter a pata multiplícase no meu caso, como sempre, por 1000: só agardo non equivocarme demostrando dunha vez por todas que aínda me resta algún sentido, xa non pido o sexto ou o séptimo dos que fala Kurt Diemberguer, falo do común, que non é o máis común na miña persoa. Non andar a enredar semella o máis oportuno, son tan terco que volverei chocar...
miércoles, 4 de abril de 2007
Virán mal dadas, iso é o natural na vida. Aínda así non me asustarei e procurarei rir todo o que poda. Estou canso de ver sufrir á xente pola saúde... non hai nada que facer máis que aguantar e aguantar... necesitaba alguén forte. Agora xa dá igual. Máis preguntas: poderei volver ás grandes montañas?; igual non, pero xa sempre soñarei con solpores e menceres máxicos que tinguen de rosa a neve e o xeo. Hoxe son pesimista... Despois de moitos días volvín a ver a lingua de trapo... nin eu mesmo estou seguro de non ser quen de atravesar a raia vermella... pero?... mellor deixar as cousas como están. E verdade que neste caso teño ventaxa: coñezo á maravillosa virulillas de ollos verdes... que está lonxe e presente ó mesmo tempo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)