miércoles, 4 de noviembre de 2015

E... OUTRO OUTONO MÁIS DIFÍCIL

Sempre está aí. Sempre chega a tempo para completar un ciclo que só indica que pasa a vida. Sempre é o mesmo: o pasado medra...
Non me preguntes como é o outono nestas serras; é demasiado complicado. Os outonos...? os outonos resultan demasiado complicados sempre.
Sair das neves do sur e chegar a un outono como este non é doado, desacouga.
Camiñando sobre as mesmas pegadas de sempre penso na solución. A solución volverá coa neve que xa cheira no aire. Chegaremos á neve?

Cabana no souto de Ferramulín; cóntame un conto...
Cavorco do Aceval. Ferramulín


Arcos calcarios no val de Visuña

Soutos de Ferramulín

A Seara

Val do río Soldón dende a Cruz de Outeiro

Val de Quiroga dende a estrada que sube á Moá

Recuncho entre os arcos calcarios do Val de Visuña

Río Selmo na Seara

Río Selmo en Ferramulín
Castro de Abaixo. Ribas de Sil
Quiroga

Casa do Navín. Nocedo. Quiroga