martes, 22 de diciembre de 2015
lunes, 7 de diciembre de 2015
CARLOS DÍAZ GALLEGO. FOTÓGRAFO EN QUIROGA DE 1958 A 1962
Estamos de sorte! Chegan ata nós as fotos de Carlos Díaz Gallego, que foi fotógrafo na comarca de Quiroga entre os anos 1958 e 1962; agora vive cerca de París.
http://www.asfotosdocarlos.com/
A páxina editaa a súa filla Susana; botádelle unha ollada, seguro que algún de vós lembra... A Bergaza, Bendollo, Campos de Vila, A Ermida, A Ribeira, Santa Cubicia, Quiroga...
Moitas grazas por compartir un tesouro así. Como sempre agárdase o máximo respeto pola propiedade destas fotografías.

Ponte da Bergaza 1958 (desaparecida!) Foto da colección de Carlos Díaz Gallego |
miércoles, 4 de noviembre de 2015
E... OUTRO OUTONO MÁIS DIFÍCIL
Sempre está aí. Sempre chega a tempo para completar un ciclo que só indica que pasa a vida. Sempre é o mesmo: o pasado medra...
Non me preguntes como é o outono nestas serras; é demasiado complicado. Os outonos...? os outonos resultan demasiado complicados sempre.
Sair das neves do sur e chegar a un outono como este non é doado, desacouga.
Camiñando sobre as mesmas pegadas de sempre penso na solución. A solución volverá coa neve que xa cheira no aire. Chegaremos á neve?

Cabana no souto de Ferramulín; cóntame un conto... |
Cavorco do Aceval. Ferramulín |
Arcos calcarios no val de Visuña |
Soutos de Ferramulín |
A Seara |
Val do río Soldón dende a Cruz de Outeiro |
Val de Quiroga dende a estrada que sube á Moá |
Recuncho entre os arcos calcarios do Val de Visuña |
Río Selmo na Seara |
Río Selmo en Ferramulín |
Castro de Abaixo. Ribas de Sil |
Quiroga |
Casa do Navín. Nocedo. Quiroga |
jueves, 13 de agosto de 2015
V FESTA DO OURO EN MARGARIDE DO LOR
Xa levan cinco edicións decorando a súa vila ao carón do río Lor (que compre ter presente que é o río máis elegante da terra) para non esquecer o pasado. Para tentar sentirse como se sentirían hai moitos séculos os antergos poboadores deste couto mineiro do baixo Lor. A sensibilidade dalgunhas personas non ten límite e ano tras ano están aí; paréceme admirable porque eles son a cultura. Cultura só hai unha, nin grande, nin pequena... so unha que nos fai mellores a todos. Admiro á xente que escoita, que observa, que é quen de deixar as súas cousas cotiáns para volver atrás. Dá igual onde!
Entre os "medos" de Margaride do Lor hai cinco anos que se sinte o pasado, liviá, festivo... somos o que fomos.
Que chamen a un para falar do pasado nun lugar así non ten prezo.
Entre os "medos" de Margaride do Lor hai cinco anos que se sinte o pasado, liviá, festivo... somos o que fomos.
Que chamen a un para falar do pasado nun lugar así non ten prezo.
O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz |
O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz |
Cova grande do Medo de Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz |
Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz |
Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz |
Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz |
viernes, 24 de julio de 2015
martes, 7 de julio de 2015
AS II XORNADAS DE XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA NA PRENSA
viernes, 19 de junio de 2015
martes, 12 de mayo de 2015
XEOLODÍA 2015. UN PERCORRIDO XEOLÓXICO POLA SERRA DO CAUREL
Premendo aquí pódese descargar a guía en .pdf editada para os participantes no Xeolodía 2015 na provincia de Lugo. Calquera pode facer pola súa conta este interesante percorrido pola Serra do Caurel dende outro punto de vista...
Sinclinal da Serra do Caurel na aldea quiroguesa de Campodola |
lunes, 4 de mayo de 2015
FERVENZAS DE QUIROGA. AUGAS CAÍDAS II
Fervenza na aldea da Seara. Río Selmo |
Última fervenza do río Ferreiriño. Quiroga |
Fervenza artificial no río Soldón. Chapacuña do muíño do Cañero. Quiroga |
Última fervenza do rego de Fiais pouco antes de chegar ao río Soldón. Preto de Paradapiñol. Quiroga |
Pincheira no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga |
Fervenza da Ola o do Pombar no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga |
Fervenza da Pedriña no río Quiroga. A Cruz de Outeiro. Quiroga |
Pozo do Botán no río Ferreiriño. Campodola. Quiroga |
Fervenza de Vieiros no río Selmo. Vieiros. Quiroga |
Pincheira do rego de Castromao cara o río Selmo. Vieiros. Quiroga |
Fervenza no regato Aceval. Ferramulín. Folgoso do Caurel |
martes, 21 de abril de 2015
"AMANECE EN EL MONT BLANC" 202.351 VISITAS EN PANORAMIO
http://www.panoramio.com/photo/10352324
Hacía tiempo que no pasaba por allí, ahora ya no lo utilizo casi nada...
Es una foto sencilla. La vieja cámara Canon cargada con diapositivas disparando sin ver cuando llegaron las primeras luces; desde el vivac Vallot, de vuelta de una cumbre nocturna en la que supimos como era eso de los Alpes.
Resulta gratificante compartir este amanecer con todo aquel que quiere verlo como lo vieron nuestros ojos.

miércoles, 11 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)