Mostrando entradas con la etiqueta sinclinal serra do caurel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sinclinal serra do caurel. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de diciembre de 2016

UN OUTONO MENOS... 4º

O motivo é sempre unha luz delirante.
Agora a meirande parte das veces falta luz e os resultados non son os apetecidos, ou si...
No outono cargamos coa cámara e perseguimos a luz e tamén a ausencia de luz (sombra). O resto son as cores que nos atormentan, ou tamén é a luz a que nos atormenta.
A veces neve... a neve é outra luz tamén.
Todo isto, case sempre, no territorio do lobo que mira e non entende...

Banco no miradoiro de Campodolo. Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga

Sinclinal da Serra do Caurel e Val do río Ferreiriño. Quiroga

Val do río Soldón dende o Cerengo en Ribas de Sil. En primeiro termo Castro de Canivete, logo Rocaboa e a serra de Vilarmel, a serra do Cabreiro e o Montouto

Os lameiros da chaira de a Moá, entre Castro Caldelas de San Xoán de Río

O Val de Lemos, co castelo de San Vicente no centro, dende o alto do Boi

O val de Lemos baixo o seu característico mar de néboa nunha tarde de outono, dende o alto do Boi

Montouto e a serra do Cabreiro dende o alto da Torca. Quiroga

Dende a Gándara Cha na Ermida: San Cristovo, Bustelo de Fisteus e os montes da Torca

Val de Céramo e Visuña dende os tornos de Formigueiros. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel

Os lameiros da chaira de a Moá, entre Castro Caldelas de San Xoán de Río
Devesa do Cervo no val do río Soldón, por riba do Mazo. Quiroga



Val do río Soldón e Soldón da Seara. Quiroga

Devesa da Rogueira. Serra do Caurel. Folgoso do Caurel


domingo, 18 de septiembre de 2016

BARRANCO DO REGUEIRO SECO. CAMPODOLA. QUIROGA

Unha pequena xoia agochada no corazón do Sinclinal da Serra do Caurel.
Segundo afluente do río Ferreiriño pola marxe dereita entre as aldeas de Campodola e Leixazós, que nace na cunca entre o Alto do Covento e a Poza do Lago.
Compre avaliar caudal, con moita auga hai pasos perigosos despois do R-28 e o R-32.
Aínda que non podemos dicir que sexa imposible, calquera intento de escape unha vez descendido o primeiro resalte, semella complicadísimo ata chagar á ponte de madeira no camiño que une as aldeas de Campodola e Leixazós; daquela, igual que en calquera outro, moita prudencia na consideración do caudal. Con moita auga mellor non entrar.
Compre avaliar capacidade física e técnica. A exploración e medicións realizáronse empregando só ancoraxes naturais, e así segue... na maioría dos casos o acceso á cabeceira é delicado polo esvaradío da rocha. Tamén é delicada a recuperación das cordas nalgún caso, compre ter tamén previsto este tema.
MELLOR ÉPOCA: Todo o ano. Despois de choivas prolongadas, desxeo, ou treboadas, moito ollo co caudal. Primavera e outono, cando había, sería o máis adecuado. O caudal pode avaliarse dende a mesma estrada.
MATERIAL NECESARIO:
-Dependendo do caudal, traxe de neopreno completo. Si se realiza en época de pouca auga, co peto é suficiente.
-Dúas cordas de 40 m.
-Equipo de descenso e ascenso.
-Cabos de ancoraxe.
TEMPOS ESTIMADOS:
-Acceso: inmediato.
-Retorno: con dous vehículos, 10 minutos ata o aparcadoiro de Campodola. Cun só vehículo, sobre 35 minutos.
-Descenso: 2 h 30' para un grupo pequeno e desenvolto.

PODE COMBINARSE CO DESCENSO DO RÍO FERREIRIÑO; OLLO, ASÍ É UNHA ACTIVIDADE BASTANTE DURA POLAS HORAS A EMPREGAR E AS TÉCNICAS A DESENVOLVER.



Chegando ao R-27

R-27

R-27

R-28

R-28




R-32

R-32
  
R-11 baixo R-32


R-11 baixo R-32




R-17

R-17


martes, 7 de julio de 2015

AS II XORNADAS DE XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA NA PRENSA

Flysch, el susurro de las rocas. Para ver online preme aquí.



















jueves, 18 de septiembre de 2014

CANÓN DO RÍO FERREIRIÑO E BARRANCO DE FERRAMULÍN. SERRA DO CAUREL

Revista dos espeleólogos galegos "Furada", nº 9.

Relátase o descenso de dous novos canóns explorados polos membros do Grupo de Espeleoloxía Arcoia de Quiroga nos concellos lucenses de Quiroga e Folgoso do Caurel.

Pódese descargar o artigo completo en .pdf premendo na seguinte ligazón: SEIS HORAS DESCENDENDO O RÍO FERREIRIÑO E BARRANCO DE FERRAMULÍN.

Pódese descargar a revista completa .pdf premendo na seguinte ligazaón: FURADA Nº 9.

Convén empregar esta información coa maior prudencia posible, tanto na súa difusión como en posibles visitas aos cursos de auga. GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN.

Por atoparse en territorio da Rede Natura 2000 é necesario solicitar permiso.

Primeira fervenza importante do río Ferreiriño, baixo a aldea de Campodola

miércoles, 17 de septiembre de 2014

MUSEO GEOLÓGICO DE QUIROGA: LA PUERTA DEL PASADO GEOLÓGICO DE GALICIA SE ABRE EN QUIROGA

Artículo publicado en la revista del Ilustre Colegio Oficial de Geólogos, Tierra y tecnología. Nº 40, 46-51. Segundo semestre de 2011. Páxinas 48-51.
Clic aquí para descargar el artículo .pdf.

LA PUERTA DEL PASADO GEOLÓGICO DE GALICIA SE ABRE EN QUIROGA.

Revista orixinal completa: TIERRA Y TECNOLOGÍA. Nº 40. SEGUNDO SEMESTRE 2011.

jueves, 21 de junio de 2012

SINCLINAL DA SERRA DO CAUREL ENTRE AS ALDEAS DE CAMPODOLA E LEIXAZÓS.



Val do río Ferreiriño, Campodola e sinclinal da Serra do Caurel. Esquerda.

Sinclinal da Serra do Caurel dende a parte superior da aldea de Campodola. Esquerda.

Sinclinal da Serra do Caurel dende as penas do Convento. Esquerda.

Sinclinal da Serra do Caurel dende as penas do Convento. Esquerda.

Sinclinal da Serra do Caurel dende as penas do Convento. Esquerda do río Ferreiriño.

Val do río Ferreriño, Campodola e sinclinal da Serra do Caurel. Dereita. Dende o desvío para Leixazós.

Val do río Ferreiriño dende o nacemento do rego do Ferro, Campodola e Sinclinal da Serra do Caurel. Dereita.

Sinclinal da Serra do Caurel e Campodola dende a pena das Franzas. Dereita.