jueves, 19 de enero de 2023

A SEARA, SEMPRE!

 A Seara durante os temporais sempre me pareceu épica.
Este recuncho das montañas do Caurel debe resisistir. Sentir o frío na cara e sair cara a calquera sitio indicou o camiño para procurar outros fríos e outras neves.
Agora sucede que cada vez que vou alí sinto mágoa!















miércoles, 18 de enero de 2023

POLA SERRÁ DA MÓA, SAN CLODIO

A Serra da Moá ten para min un gran valor sentimental, a miña avoa paterna, de San Clodio, sempre falaba destas montañas; e o meu pai, ao longo da súa vida laboral, subiu milleiros de veces pola estrada que conduce ao alto deste porto cara as terras de Castro Caldelas. 
Nunca estivera por alí con neve... Cando neva, como é lóxico, sempre tiramos cara as montañas do Courel e dende alí sempre pensaba, ao ver estas montañas do outro lado do río Sil, gustaríame esquiar algún día por alí.
Feito e marabillado polo seu bosque nevado, mágoa de máis luz e máis días...










 

martes, 17 de enero de 2023

NEVE NO ALTO DO BOI NA HORA DOS LOBOS

Si ho si, xa o sei... son piñeiros e os piñeiros arden ben poñendo todo o medio en perigo, pero... foi a miña paisaxe durante moitísimos anos. Os lobos agochados, á súa hora, asexan a un intruso familiar que pasa todo o rápido que pode sen quitar nin poñer nada. 
No alto do Boi vin luces azuis, amarelas, brancas, negras... e a fonda ferida do lume apagounas todas. Agora a neve volve tarde para tapar un intre a vergoña que deixou o lume nestas montañas






 

sábado, 14 de enero de 2023

NO RÍO SIL, DE SEQUEIROS AO SOLDÓN

Non hai dúbida, as aldeas ribeirás de Sequeiros e O Soldón, sobre todo a primeira, teñen unha historia moi ligada á navegación polo río. Na actualidade son varios os puntos nos que se pode entrar en Sequeiros e O Soldón tamén ten un bo lugar para entrar ou sair do río Soldón.









viernes, 6 de enero de 2023

NO RÍO SIL, AUGAS MESTAS CARA Á CUBELA

 A falta de neve boa é a auga do río Sil, non atino a entender porque está así de baixo... 
Volvo envolto nun solpor máxico e xélido coma os que sempre hai aquí.