Mostrando entradas con la etiqueta cañones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cañones. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de septiembre de 2016

BARRANCO DO REGUEIRO SECO. CAMPODOLA. QUIROGA

Unha pequena xoia agochada no corazón do Sinclinal da Serra do Caurel.
Segundo afluente do río Ferreiriño pola marxe dereita entre as aldeas de Campodola e Leixazós, que nace na cunca entre o Alto do Covento e a Poza do Lago.
Compre avaliar caudal, con moita auga hai pasos perigosos despois do R-28 e o R-32.
Aínda que non podemos dicir que sexa imposible, calquera intento de escape unha vez descendido o primeiro resalte, semella complicadísimo ata chagar á ponte de madeira no camiño que une as aldeas de Campodola e Leixazós; daquela, igual que en calquera outro, moita prudencia na consideración do caudal. Con moita auga mellor non entrar.
Compre avaliar capacidade física e técnica. A exploración e medicións realizáronse empregando só ancoraxes naturais, e así segue... na maioría dos casos o acceso á cabeceira é delicado polo esvaradío da rocha. Tamén é delicada a recuperación das cordas nalgún caso, compre ter tamén previsto este tema.
MELLOR ÉPOCA: Todo o ano. Despois de choivas prolongadas, desxeo, ou treboadas, moito ollo co caudal. Primavera e outono, cando había, sería o máis adecuado. O caudal pode avaliarse dende a mesma estrada.
MATERIAL NECESARIO:
-Dependendo do caudal, traxe de neopreno completo. Si se realiza en época de pouca auga, co peto é suficiente.
-Dúas cordas de 40 m.
-Equipo de descenso e ascenso.
-Cabos de ancoraxe.
TEMPOS ESTIMADOS:
-Acceso: inmediato.
-Retorno: con dous vehículos, 10 minutos ata o aparcadoiro de Campodola. Cun só vehículo, sobre 35 minutos.
-Descenso: 2 h 30' para un grupo pequeno e desenvolto.

PODE COMBINARSE CO DESCENSO DO RÍO FERREIRIÑO; OLLO, ASÍ É UNHA ACTIVIDADE BASTANTE DURA POLAS HORAS A EMPREGAR E AS TÉCNICAS A DESENVOLVER.



Chegando ao R-27

R-27

R-27

R-28

R-28




R-32

R-32
  
R-11 baixo R-32


R-11 baixo R-32




R-17

R-17


jueves, 18 de septiembre de 2014

CANÓN DO RÍO FERREIRIÑO E BARRANCO DE FERRAMULÍN. SERRA DO CAUREL

Revista dos espeleólogos galegos "Furada", nº 9.

Relátase o descenso de dous novos canóns explorados polos membros do Grupo de Espeleoloxía Arcoia de Quiroga nos concellos lucenses de Quiroga e Folgoso do Caurel.

Pódese descargar o artigo completo en .pdf premendo na seguinte ligazón: SEIS HORAS DESCENDENDO O RÍO FERREIRIÑO E BARRANCO DE FERRAMULÍN.

Pódese descargar a revista completa .pdf premendo na seguinte ligazaón: FURADA Nº 9.

Convén empregar esta información coa maior prudencia posible, tanto na súa difusión como en posibles visitas aos cursos de auga. GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN.

Por atoparse en territorio da Rede Natura 2000 é necesario solicitar permiso.

Primeira fervenza importante do río Ferreiriño, baixo a aldea de Campodola

miércoles, 20 de noviembre de 2013

DESCENSO DE CANÓNS. SOÑOS DE AUGA E ROCHA

Non podían faltar os soños de auga e rocha. Sendeiros de rocha esculpidos pola auga que nos fan aproximarnos á natureza salvaxe e oculta, mesmo por un instante formar parte dela. Si, supoño que tamén hai trasnos de auga...

Oscuros del Balcés. Sierra de Guara. Huesca

Oscuros del Balcés. Sierra de Guara. Huesca

Presa del Alcanadre, final del cañón de la Peonera inferior. Sierra de Guara. Huesca

Sifón en el cañón del Formiga. Sierra de Guara. Huesca

Alquezar. Sierra de Guara. Huesca

Cañón de la Peonera inferior. Sierra de Guara. Huesca

Estrecho en el cañón de la Peonera inferior. Sierra de Guara. Huesca

Disfrutando de las pozas en la Peonera inferior. Sierra de Guara. Huesca

Oscuros del Balcés. Sierra de Guara. Huesca

Presa de Bierge, río Alcanadre. Sierra de Guara. Huesca

Presa de Bierge, río Alcanadre. Sierra de Guara. Huesca

Estrecho en la Peonera? Sierra de Guara. Huesca

Salida del Gorgonchón. Sierra de Guara. Huesca

Cañón del río Vero. Sierra de Guara. Huesca

Cañón del Formiga. Sierra de Guara. Huesca


Barranco de la Portiacha. Sierra de Guara. Huesca

Canón do Fecha. Lobios. Ourense

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

12 saltos de Liri. Castejón de Sos. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Aigüeta de Barbaruens. Huesca

Canón do río Ferreiriño. Quiroga. Lugo

Barranco do río Fíais. Quiroga. Lugo

Barranco de las Xanas. Proaza. Asturias

Preparados para entrar no Mougás. Pontevedra

Barranco do Mougás. Pontevedra

Cañón del Quincoajo. Calda de Luna. León

Barranco de la foz de Cuasacas. Proaza. Asturias

Salida del barranco de la foz de Cuasacas. Proaza. Asturias

Canón do Cerves. Melón. Ourense

Canón do Cerves. Melón. Ourense

Canón do Cerves. Melón. Ourense

Ola do Cenza. Vilariño de Conxo. Ourense

Canón do río Ferreiriño. Quiroga. Lugo

Fervenza de Vieiros. Quiroga. Lugo

Barranco de las Xanas. Proaza. Asturias

Desfiladero de las Xanas. Asturias