Esta foto que agora está a causar tanto ruido leva dende o 15 de maio de 2008 na internet, aínda pode verse aquí, sen firmar e non penso quitala: http://www.panoramio.com/photo/10252651
É a paisaxe do val de Visuña dende a estrada que conduce ao alto do Couto, calquera ano pódese tomar unha foto como esta ou parecida.
Non me molesta que se comparta, non me molesta que a xente a vexa, por iso a coloquei na internet hai tanto tempo, nin siquera me molesta que se comparta e non se diga de onde saiu; o que realmente me molesta e que se apropien dela. Resultaría sorprendente que dous fotógrafos, ou tres, ou catro... chantáramos os nosos pés exactamente no mesmo sitio para facer o mesmo encadre.
Val de Visuña. Serra do Caurel |
No hay comentarios:
Publicar un comentario