Ou as palabras do sabio afgano Rumi: "Más allá de cualquier idea/ de buenas o malas obras/ se extiende un campo./ Nos encontraremos allí."
Unha carretera que ascende lenta e baixa lenta prendida en contornos imposibles.
Ao xenio disparatado foiselle a man coa paleta de cores difíciles de pensar. -É unha das paisaxes máis fermosas do mundo, nunca estivera por aquí en outono, para min é branca do inverno ou amarela do verán.
Hai un campo... pero tamén un bosque e nas abas das súas montañas descarnadas abrigos entregos que acubillaron a poboadores tranquilos integrados nunha natureza que existe e é real; que ningén dubide que existe e é real.
Sempre pensando na rocha blanca, ou na auga que escorrega co seu mantra infatigable nos escuros das Xanas ou do ríu Xerandi, ou para mirar o mundo dende arriba soñando cumios lonxanos. Sempre foi igual... unha loita por ser da natureza dando pasos coñecidos.
O outono do trasno do Val das Mouras trouxo calma. O mesmo val de sempre agardou en silencio por ollos que miran cara adiante coa ilusión de quen quere voltar a ser neno nun mundo que, unha vez máis, non se detén.
Pouco máis de 24 horas para soñar con calma...
| Bisonte lambéndose as costas. Paleolítico Superior. Cova da Madeleine (Dordoña. Francia). Fabricado en corno de reno, 10 cm de lonxitude. Réplica |
| Visontes prehistóricos de la Covaciella. Asturias. |
As fotos son moi bonitas. A primeira é fermosísima, con ese colorido de outono e as impresionantes montañas do fondo que poderían ser... os Fontanes e a Ubiña grande?
ResponderEliminarSi, é o macizo de Ubiña casi ao completo. É unha das vistas máis fermosas da "Cordillera Cantábrica". Saúdos e grazas pola visita.
ResponderEliminar