"Miña terra fermosa / anda entre ríos deitada". Eduardo Moreiras. Os nobres carreiros.
-Pois non trasno, tampouco eran para min. Tiña que renovar o arquivo e aproveitei...-. Non hai quen engane a este pequeno ser de mirada sinxela e diáfana. Está contento, as imaxes de hoxe lémbranlle ao seu bosque húmido e supoño que rematará poñéndose morriñento. Eu pensei que elfos, fadas e demais seres máxicos non tiñan sentimentos deste tipo, estaba equivocado; non hai moito tempo vin chorar ó trasno, é un segredo.
De todos os xeitos, fai un anaco, apoiado no marco dunha fiestra; sentín o mar, veu de súpeto un olor salgado. Non acabo de entendelo, ou si?...
Eduardo Moreiras na súa Primaveira no Lor definira nunha fermosa personificación "as tres idades do Lor": o Lor-neno no seu nacemento na montaña. -"Dende o Cebreiro o Lor baixa namorando os ceos da montaña"-, Lor-mozo que "baixa a modo (...) as terras do Caurel, saltando as presas para soñar no relanzo" e o Lor-home no seu encontro final co Sil. Celia Díaz Núñez. Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores.
Non estou moi seguro, creo que estas imaxes correspóndense coa mocidade do Lor, dende Valdomir ata Paramedela...
Regueiro en Valdomir rematando no río Lor |
Pincheira na estrada en Valdomir |
Fervenza de Ruxiu entre Valdormir e Vilamor |
Río Lor baixo Froxán |
Muíño fariñeiro en Froxán |
Froxán |
Castro Portela |
Santigoso |
Alvariza en Paramedela |
Río Lor baixo Paramedela |
Río Lor baixo Paramedala |
"Debruzado na fiestra, ollo a lúa cintilar nas lousas dos tellados. Ven a brisa do río e remexe as follas da sobreira, espalla o luar polo prado.
É noite pra soñar..."
Primaveira no Lor. Eduardo Moreiras.
Eu, debruzado na miña fiestra, baixo a opaca iluminación da lúa de outono, estou escoitando o mar. Non quero entendelo pero entendo... agora, neste universo dunha soa lúa xa todo é posible. Só sinto envexa... O trasno está a negar coa cabeza, non pode comigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario