Veu o tempo morno de Outono.
Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
Caen as follas...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...
Anda o vento ceibe polos eidos
con todas as ás soltas,
empreña os castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
e escachafoula nas portas.
Chove no monte e nas viñas.
Chove pausiño prás sombras,
chove prá baixo e prá riba.
O aire de soño en soño,
a auga pinga que pinga...
É Outono no Courel. Uxío Novoneyra.
Visuña, Serra do Caurel |
Visuña, Serra do Caurel |
Fervenza Grande de Hórreos. Serra do Caurel |
Fervenza no rego Aceval. Ferramulín. Serra do Caurel |
Lume lento no magosto da Seara. Serra do Caurel |
Campodola e parte do gran sinclinal da Serra do Caurel |
Río Selmo baixo a fervenza de Vieiros. Serra do Caurel |
Peido de lobo? |
Pontella baixo a fervenza de Vieiros. Serra do Caurel |
Salto de Sequeiros. Quiroga-Ribas de Sil |
Río Selmo polos soutos de Ferramulín. Serra do Caurel |
Souto de Ferramulín. Serra do Caurel |
Vilar do Mato. Ribas de Sil |
Vilar do Caurel. Serra do Caurel |
Río Sil en Augasmestas e Castro de Abaixo (Ribas de Sil) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario