Clásico camiño da mina de Vilarbacú ao Pía Paxaro.
Hai neve rara, amoreada, e conxelada, nun camiño que cada vez está peor. Xa non é o dos anos anteriores. De todos os xeitos subo sen problema, aínda que vou algo tarde, ata a mítica Campa do Abedul.
Fun vendo pegadas de raquetas ata máis ou menos a metade, logo nada, como sempre... A parte superior, na Barreira é o máis frío e "alpino" que se pode facer nestas montañas. Os últimos metros, sempre venteados, costan ata sair pola outra cara, ao sol...
Son algo menos de 2 Km, con 300 m de desnivel positivo, sempre intensos si hai pouco tempo.
 |
| Vilarbacú |
 |
| Pía Paxaro |
 |
| Montouto e Rinán, aquí sempre están presentes. A neve cura un intre a ferida do incendio deste verán |
 |
| Montes Aquilanos |
 |
| Serra de Roxa Longa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario