lunes, 29 de diciembre de 2025

CAIC NA RÍA DO MASMA: SAN COSME DE BARREIROS - FOZ.

Sempre que remo pola ría penso nos Elcano chegando ao porto de Foz. Non podo evitar pensar como sería entón...
Agora, dende que o mellor regalo do mundo en forma de caic inchable, chegou a miña colección de "vicios", todos os 29 de decembro paso a tarde remando, non importa como esté a marea. 
Polo tipo de nubes e o bo tempo, presentía que ía ser un espectáculo... o resto xa o vedes, foi como dentro dun cadro de Vincent Van Gogh. 
Ademais, ao pouco de empezar a remar, cando aínda case nin estaba colocado, tiven a oportunidade de fotografar malamente o esquivo Martiño peixeiro... aínda que tardei en reaccionar fun capaz de facer algunha foto. Seguro que é un dos paxaros máis fermosos da creación. Case sempre o vexo de lonxe remando no río Sil e algunha vez o tíñamos visto na ría de Foz... nesta ocasión o tiven tan cerca que o puiden fotografar. 


O esquivo Martiño Peixeiro, picapeixe o peixeiro común










Foz






No hay comentarios:

Publicar un comentario