viernes, 26 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: VILARBACÚ - CAMPA DO ABEDUL

Clásico camiño da mina de Vilarbacú ao Pía Paxaro.
Hai neve rara, amoreada, e conxelada, nun camiño que cada vez está peor. Xa non é o dos anos anteriores. De todos os xeitos subo sen problema, aínda que vou algo tarde, ata a mítica Campa do Abedul. 
Fun vendo pegadas de raquetas ata máis ou menos a metade, logo nada, como sempre... A parte superior, na Barreira é o máis frío e "alpino" que se pode facer nestas montañas. Os últimos metros, sempre venteados, costan ata sair pola outra cara, ao sol...
Son algo menos de 2 Km, con 300 m de desnivel positivo, sempre intensos si hai pouco tempo.

Vilarbacú

Pía Paxaro

Montouto e Rinán, aquí sempre están presentes. A neve cura un intre a ferida do incendio deste verán

Montes Aquilanos






Serra de Roxa Longa







jueves, 25 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: O TERREIRO - ALTO DO CAMBEIRO (PACIOS DA SERRA)

Día de circunstancia no que non fixen unha boa previsión... de todos os xeitos percorrín unha zona na que non estivera nunca: o importante é estar!
A idea era subir todo o posible pola pista dende o O Boi para facer unha subida tranquila ao Pía Paxaro pero había demasiada neve e foi imposible chegar máis arriba. Antes, por aquí calquera paseo facíase entre piñeiros, agora, despois do incendio de 2022 a paisaxe está moi transformada e... non é o mesmo. Volvo a dicir o mesmo, os piñeiros aquí non pintaban nada mais era a miña paisaxe dende sempre...
Pasar unha tarde deslizándose sobre a neve nestas montañas sempre é positivo...
Un percorrido de máis ou menos 8 Km dende a pista e e volta ao coche.
O resto foi como moitas veces, un solpor luxurioso coas impensables luces que deixa a neve. 


Pacios da Serra

Rinán e Montouto

Pía Paxaro



Pía Paxaro

Val do río Ferreiriño

Val do río Lor

Altos do Boi e do Convento, ao fondo

Vilar e val do río Lor

lunes, 22 de diciembre de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: A GOLADA (A SEARA) - FONTE DE CAIS.

Estaba un día bastante duro e con moitísima neve recén caída.
Penso que despois do incendio de agosto por fin limparon a pista pola que no seu día circulábamos nun coche normal e pola que, nos dous últimos anos, non se pasaba nin a pé... entón estaré ben para pasar por alí unha tarde de neve de primeiro día. 
Dende a Golada ata Fonte de Cais hai 2,4 Km, logo se sube e a baixada é bastante tranquila aínda que coa néboa case non se distinguía o relevo. 
Repetida unha e mil veces, pero cando hai temporal, esquiar na casa é o máis axeitado. 









Val do Soldón, na hora dos lobos