Ao fondo, no centro, o Picón |
Cara leste da Pena Surbia |
No "Portillo Puertas" |
No "Portillo Puertas" |
O Picón e boa parte do seu circo |
Crista de Pena Negra |
Pena Trevinca |
No centro Pena Trevinca |
Cumio da Pena Surbia |
Cumio da Pena Surbia |
Cumio da Pena Surbia |
A esquerda Pena Trevinca, no centro Pena Negra dende Pena Surbia |
Todo estaba disposto; unha semana de neve, temos once minutos e vamos. Eu como sempre aspirando a súa forza, determinación, ilusión... A él é a quen lle correspondían todos os pasos dados en grandes montañas, eu non merecía tanto.
Na Pena Surbia, hai moitos anos, no entroido, nas vésperas da nosa primeira viaxe aos Alpes, aprendemos a autodeter unha caída. Dende entón foron moitos tropezos, xa perdín a conta.
Sol, neve, montaña... Xa está. Sen rumbo, para botar o día sen madrugar como soemos planificar. Agora podemos ir moito máis rápido e ver máis, pero non se trata deso, máis ben, tentamos escoitar a respiración e simplemente estar alí enchéndonos de silencio.
Non importa, acabamos no cumio de Pena Surbia.
-E que había alí? Pregunta o trasno do Val das Mouras.
-Bágoas conxelas. Unha morea de bágoas conxeladas. Respondo sen dudar.
-Uf! Di o trasno encollendo os ombreiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario