viernes, 19 de septiembre de 2014

COVA DA ARCOIA. CÉRAMO. VISUÑA. SERRA DO CAUREL

A cova da Arcoia, paradiso soterrado pouco coñecido. Revista dos espeleólogos galegos "Furada". Nº 8. Decembro de 1994. Páxinas 4-8.

A cova da Arcoia ábrese nunha zona cárstica da parroquia de Visuña, do municipio de Folgoso do Caurel, na provincia de Lugo. É unha das máis fermosas de Galicia e pode chegar a ser tamén unha das máis importantes, tanto pola variedade das súas formacións como polo estado en que se conservan. A cavidade ofrece moitas posibilidades de progresión.

Pódese descargar o artígo en .pdf premendo na seguinte ligazón: LA CUEVA DE LA ARCOIA, PARAÍSO SUBTERRÁNEO POCO CONOCIDO. FURADA Nº8.

Pódese descargar a publicación completea premendo na seguinte ligazón: REVISTA FURADA Nº 8.

Convén empregar esta información coa maior prudencia posible, tanto na súa difusión como en posibles visitas á cavidade. GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN.

Por atoparse en territorio da Rede Natura 2000 é necesario a solicitude de permiso na Consellería de Medio Ambiente.

Sala do elefante. Cova da Arcoia. Foto: Guillermo Díaz Aira

Galerías fondas. Cova da Arcoia. Foto: Guillermo Díaz Álvarez

2 comentarios: