miércoles, 30 de abril de 2014

OUTRA PRIMAVERA NA SERRA DO CAUREL: VALES DOS RÍOS SELMO E SOLDÓN

Non preguntarás pero... este ano a primavera na serra do Caurel é espectacular. Baixaba tranquilo despois dunha xornada distinta... sentín con total claridade as palabras do trasno na miña cabeza: -que fas?, por que non sacas a cámara?, móvete.
Sonaba na radio Estrella Morente con Paco de Lucía, pensaba na recurrencia de determinadas cousas e na dor que provocan as cordas nas mans cando se perde o costume.
A xente agradece as nosas explicacións para poder seguir explorando, eu sentinme agradecido por que me axudaron a sacar un rato os pés da zona fría.
Diante dos meus ollos paisaxes familiares nos que o mellor que pode facerse e calar... si, así vai este ano a primavera na miña serra.

Subida a primeira hora polo val do río Quiroga

Corzo na Golada, antes da Seara

Estrada de Visuña, antes de chegar a Ferramulín, ao fondo a pena do Mar de Arriba

Pena do mar de arriba dende a estrada, pouco antes de Vieiros

Penedo do Val

Serra entre o penedo do Val e a silla de Castro Mao

Silla de Castro Mao

Vieiros e val

Fonte de Cais, na serra dos Cabalos. Cabeceira do río Soldón

Val do río Soldón

Fonte de Cais, na serra dos Cabalos

Corga do rego de Pinacedo antes de chegar a Soldón da Seara dende a Golada

Val do rego dos regos de Montouto e Mazales

No hay comentarios:

Publicar un comentario