miércoles, 24 de abril de 2013

MONTEFURADO

Estas imaxes pertencen a coleccións particulares que foron dixitalizadas pouco a pouco. A única finalidade de expoñelas aquí  é que estean todas xuntas e podamos botar unha ollada á evolución da nosa paisaxe no tempo. Como non son miñas, véxome na obriga de advertir que queda totalmente prohibida a súa difusión ou reprodución por calquera medio sen o debido consentimento, co risco de crear un conflito para min que son o titular deste espazo.
A meirande parte das mesmas forman parte de préstamos á Asociación Cultural de Montefurado. Grazas á recompilación que fixeron e compartiron, hoxe podemos coñecer mellor como é o sitio onde vivimos. Alguén dixo: "somos o que vivimos" eu atreveríame a engadir que "somos o que fomos".
O espazo estará sempre en construción e medrará a medida que vaia aumentando o arquivo dixital porque unha imaxe, si non se pode ver ou non se amosa é como si non existira.
Moitas grazas a todos pola comprensión e a axuda para conservar estes anacos do pasado.

These pictures belong to private collections which were digitalized little by little. The main point of exhiving then here is to have then all together so we can have look at the evolution of our landscape in the course of the time. Since they are not mine I have to warm you that their reproduction and use is banned, otherwise it will be a risk on my account as I am the owner of this blog.
Most of the pictures are part of loans Cultural Association Montefurado. Thanks to the compendium he has made all his life, we can nowadays know the place where we live better. Somebody said: "we are what we live", I would dare say more: we are what we were.
This place will always be changing and growing as the same time as the digital file because a picture if I can't be seen or if it isn't shown, it's like if it didn't exist.
Thanks you very much to everybody for the understanding and the help given to preserve these pieces of the past.
 
 

            Debuxo do natural de José Cappa obtido da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, documento do Semanario Pintoresco Español do 25 de maio de 1851, asinado por J.R. Figueroa.

Debuxo de Daniel Urrabieta (1851-1904)

Fotografía de San Miguel de Montefurado realizada por Ruth Matilda Anderson no ano 1925, na súa viaxe ao interior de Galicia, acompañada polo seu pai para facer una reportaxe fotográfica para The Hispanic Society of America. Catálogo da exposición "Unha mirada de antaño". Ruth Matilda Anderson en Galicia 1924-1926.
 
Tirado do seu diario e traducido ao galego:
-26 de decembro de 1925.
            Erguinme ás 6:30 h. O dono tamén viña no tren e tomamos cadanseu café e un anaco de pan no comedor antes de partir. (viña da Rúa de Petín  cara a San Clodio).
         Cando chegamos a Montefurado, fixemos algunhas preguntas e logo fomos ver que podiamos atopar. Primeiro vimos o túnel feito polos romanos na montaña para deixar paso ao río. O leito do río é agora un val precioso. A continuación fomos ata a montaña que está por enriba do río e fotografabamos as ruínas romanas. Mentres estabamos a facer isto, acercóusenos un home que falaba inglés. Resultou ser o señor Barber, un enxeñeiro de minas que viaxara por moitos sitios do mundo, e ficou con nós todo o tempo que botamos en Montefurado. Mesmo nos convidou a quedar un día máis e aceptar a súa hospitalidade, pero consideramos que non podiamos. Era unha persoa ben interesante e encantounos coñecelo. El tamén parecía contento de nos coñecer. Está a traballar para unha compañía inglesa e en breve terá un numeroso equipo de homes traballando no fondo do pozo e escavando un túnel por debaixo do río para dar coa mina de ouro abandonada centos de anos atrás (seguro que fala do túnel pequeno). Contounos que gañaba 150 libras ao mes e que a empresa deixaba da súa man a planificación. Mesmo estivera en Suecia e podía falar un chisco de sueco. Ás 12 estabamos listos para volver a San Clodio. Estabamos ben famentos, así que o xantar marabilloso que nos puxeron sóubonos estupendamente.
            Á tarde fomos dar unha volta e fotografamos algunhas casas, pero os días son tan pequenos agora que a luz desaparece case antes de que nos decatemos.

Vista do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts


Vista da boca de saída do túnel romano de Montefurado antes do derrubamento.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista do túnel romano de Montefurado. Ano?
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista do primitivo leito do río Sil na zona de entrada ao túnel romano antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista da zona de entrada do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

Vista da zona de entrada do túnel romano de Montefurado antes da construcción da estrada N-120.
Imaxe: https://www.facebook.com/montefurado?fref=ts

No hay comentarios:

Publicar un comentario