miércoles, 27 de febrero de 2019
lunes, 18 de febrero de 2019
domingo, 17 de febrero de 2019
jueves, 27 de diciembre de 2018
COVA DA ARCOIA, VAL DE VISUÑA. SERRA DO CAUREL
Nestes días nos que se pretende que todo teña enorme transcendencia... isto non é nada trascendente; simplemente procurar que non cambiou nada no interior propio e alleo.
Sortear de novo estes pasos no interior do val dos vales confirmou o que xa sabía, segue a ser algo propio, aqueles anos de teima deixaron fondas pegadas.
Agora que por fóra vexo cousas absurdas reafirmo que estivo ben feito...

viernes, 21 de diciembre de 2018
viernes, 7 de diciembre de 2018
IMPRECISIÓNS DE OUTONO
Todo sucede rápido.
O simple feito de buscar a miña vella gorra gris condenoume a pensar que estamos de novo nun outono soleado que non promete nada ou, tal vez, unha neve como a da pasada primavera? Fóra da neve a gorra do mercadillo de Leh (Ladakh. India) provócame unha inesperada vértixe; unha sensación cálida e outra xélida. Nun intre que durou algo menos dun segundo atravesoume a idea de que igual rematara, que igual xa deixara de ser nómade... foi tremendamente desagradable.

![]() |
| Solpor en Bustelo de Fisteus |
![]() |
| A Seara |
![]() |
| Devesa das Valiñas, Val de Visuña |
![]() |
| A Seara |
![]() |
| Canón do Sil entre Castro de Abaixo e a Cubela |
![]() |
| Val da Seara dende o Fócaro |
![]() |
| Viñas de Vilachá dende a ruta da Cubela |
![]() |
| Río da Seara na fonte do espiñeiro |
![]() |
| Reibarba, Visuña |
![]() |
| Rego das Maseiriñas, Visuña |
![]() |
| Visuña |
![]() |
| Val do río da Seara, Vieiros e Ferramulín |
![]() |
| Céramo, no val de Visuña |
martes, 4 de septiembre de 2018
O ECO DO VAL 2018 DO IES DE QUIROGA. MONTAÑAS DO COUREL
O ECO DO VAL 2018: MONTAÑAS DO COUREL
(A súa versión en .pdf pódese descargar premendo sobre a ligazón)
O enorme traballo realizado polo alumnado do IES de Quiroga para a Escola de Prensa de El Progreso foi premediado nas categorias de: -mellor fotografía, -mellores reportaxes científicas e
-mellor arigo crítico.

lunes, 3 de septiembre de 2018
jueves, 9 de agosto de 2018
SEMPRE HAI ONDAS
Tópico.
Como un mantra impronunciable.
Collemos espumas ata a ourela. Lembran grandes ondas verdes de auga quente dalgún novembro.
Sensación agradable no mar...
Ten moito de montaña... ten moito de mar: libre, tópico, harmonioso.
Na calma destes días de movemento rabioso sempre recordo ter escoitado o mar naquela parede alpina... pero este xa é outro asunto.

| Foto R. López Rodríguez |
miércoles, 1 de agosto de 2018
ENTRE LOUSA E CUARCITA...
...volvo atoparme con X. Pérez Mondelo no blog de Roque Soto, "En busca da cagalla do lagarto":
http://papelmarelo.blogspot.com/2017/01/ramon-vila-anca-poetica-da-luz-x.html
Semella que pasara unha vida Pepe, semella que non fun eu que capturou esas luces e lle puxo un pé coas palabras núas.
Nun intento de buscar acougo despois das túas mensaxes, pérdome, unha vez máis, nos recunchos do papel marelo; vexo cousas novas e cousas vellas e sinto tamén, unha vez máis, que non lin o suficiente. Nunca é suficiente.
É inútil andar na pescuda da poética da luz... lembro luces sublimes en lugares e situacións que teñen máis que ver coa imaxinación que coa realidade... de súpeto algunha foto de Steve McCurry invítame a pensar que eu tamén estiven alí, baixo algún ceo de Asia.
Hai un ano regresábamos cheos da luz do Karakorum...
![]() |
| Glaciar do Baltoro. Pakistán |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)