...volvo atoparme con X. Pérez Mondelo no blog de Roque Soto, "En busca da cagalla do lagarto":
http://papelmarelo.blogspot.com/2017/01/ramon-vila-anca-poetica-da-luz-x.html
Semella que pasara unha vida Pepe, semella que non fun eu que capturou esas luces e lle puxo un pé coas palabras núas.
Nun intento de buscar acougo despois das túas mensaxes, pérdome, unha vez máis, nos recunchos do papel marelo; vexo cousas novas e cousas vellas e sinto tamén, unha vez máis, que non lin o suficiente. Nunca é suficiente.
É inútil andar na pescuda da poética da luz... lembro luces sublimes en lugares e situacións que teñen máis que ver coa imaxinación que coa realidade... de súpeto algunha foto de Steve McCurry invítame a pensar que eu tamén estiven alí, baixo algún ceo de Asia.
Hai un ano regresábamos cheos da luz do Karakorum...
Glaciar do Baltoro. Pakistán |
No hay comentarios:
Publicar un comentario