Autodenomínanse GRM (Grupo Recolle Merda): chegan, limpan, desfrutan destas montañas e marchan por onde viñeron ata a próxima actividade.
Nesta ocasión, actividade de limpeza no Pozo dos Vereciños. segundo a denominación dos autores da topografía da sima, e Valeciños segundo os veciños de Moreda; localidade de Folgoso do Courel, onde está emprazada.
A actividade foi organizada en colaboración co Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel, aberta a todo o mundo interesado en participar.
Unha vez máis sen descanso, dende as 10:30 h ata as 16 h, deixaron a sima limpa, logo de quitar algo máis de 1000 Kg de lixo (segundo a miña estimación) depositado nesta cavidade de vello... non atopamos lixo recente, como mostra de que foi arroxado alí cando, nin de lonxe, existía recollida de refugallos nas aldeas destas montañas.
Dá gusto volver a xuntarse con eles, algúns son coñecidos dende hai máis de 35 anos, e as risas e o bo ambiente están sempre garantidos nestas xuntanzas.
Moitas grazas, vémonos pronto.
sábado, 21 de mayo de 2022
LIMPEZA DO POZO DOS VERECIÑOS OU VALECIÑOS EN MOREDA. MONTAÑAS DO CAUREL.
jueves, 19 de mayo de 2022
TRES MOSAICOS DAS MONTAÑAS DO CAUREL
domingo, 15 de mayo de 2022
PRIMAVERA MONTAÑAS DO COUREL
![]() |
| Sequeiro no Soldón da Seara |
![]() |
| Val alto do río Soldón entre o Mazo e Outeiro |
![]() |
| Val de Seceira |
![]() |
| A neve do cuco no val do Soldón, ao fondo Pico Rinán |
![]() |
| Val do río Ferreiriño, Campodola e a dobra deitada das Montañas do Courel |
![]() |
| A neve do cuco en Vesarredonda |
![]() |
| Camiño do Mazo a Outeiro |
![]() |
| Devesa do Cervo |
![]() |
| Val dos río Quiroga e Pacios, ao fondo Penas Rubias |
sábado, 1 de enero de 2022
viernes, 24 de diciembre de 2021
miércoles, 22 de diciembre de 2021
Chove para que eu soñe...
Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.
Uxío Novoneyra
martes, 21 de diciembre de 2021
OUTRO OUTONO NAS MONTAÑAS DO CAUREL
Sempre prendido na luz amarela do outono nas Montañas do Caurel. Non hai orde, só camiñar na procura de evitar esquecer que aquí sempre foi outono, sempre foi bosque, sempre foi luz... Repítense os "tiros" ano tras ano e o resultado trae aire fresco despois do verán... Ninguén conseguirá apartarnos do camiño que empezou hai tantos anos e tantos desenganos... Coidado, non te metas entre a luz e nós...
| Vales dos ríos Sil e Quiroga dende Bustelo de Fisteus |
| Fervenza da Seara |
| A miña casa na Carreira da Seara |
| Río da Seara |
| Pai no miradoiro de Augas Mestas |
| Río Sil dende a Ponte Nova, cara o fondo a Casa de Outeiro e o Castro de Canivete |
| Bosque de ribeira no Río Sil, baixo Castro de Abaixo |
| Río Sil en Augas Mestas |
| Bidueiral no rego do Aceval. Ferramulín |
| Estrada na Seara |
| Soldón da Seara, Val alto do río Soldón |
| Estrada en Vieiros |
| Camiño da Lagoa da Lucenza, A Seara |
| Estrada na Golada, A Seara |
| Estrada baixo Hórreos |
| Muín de Riba, A Seara |
| A Seara dende A Golada |
| Estrada en Visuña |
| Devesa das Valiñas, val de Visuña |
| Estrada na Seara |
| Camiño da Lagoa da Lucenza |
| Estrada baixo Hórreos |
| Río Sil baixo Castro de Abaixo |
| Val alto do río Soldón |
| Vales dos ríos Sil e Quiroga dende Bustelo de Fisteus |
| Fervenza da Seara |
| Devesa das Valiñas, val de Visuña |
| Souto de Ferramulín |
| Río da Seara na fonte do Espiño. A Seara |
| Fervenza grande Hórreos |
| Chapacuña da Ribeira de Abaixo |
| Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
| Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
| Río Quiroga na Ribeira de Abaixo |
| Río Quiroga na chapacuña da Ribeira de Abaixo |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





































