sábado, 3 de septiembre de 2011

ESCALADA: VISUÑA. SECTOR DEL ECO. "ELLA LARAÑA". 7b. Fb.

Non, aínda.
Recuperar a vontade de enfrontar novamente algo así xa é un bo obxectivo a estas alturas.
É posible que durante o inverno se manteña seca e poda poda probar máis veces, coas temperaturas baixas aumentan as posibilidades.









domingo, 14 de agosto de 2011

ESCALADA: LA CUETA.

A recuperación da sensación de querer subir ás rochas non é un camiño doado; ao mellor este foi o punto de inicio da volta á vertical despois de varios intentos sen empeño...


martes, 19 de julio de 2011

VOLTA AO LABORATORIO.

É moi difícil explicar o motivo, despois de loitar duro en maio do ano 2006 rachou todo; era divertido e moitas veces apareceu esa sensación que te fai danzar sen sufrimento polas paredes. Agora, despois de demasiado tempo, probo outra vez a esencia dunha actividade que nos levou a disfrutar moito. Ata onde?, non é doado sabelo.





martes, 21 de junio de 2011

KALAALLIT NUNAAT. GREENLAND. GROENLANDIA: NO CASQUETE POLAR.



Situación de Groenlandia.


Quen había dicir que eu ía poñer os meus pés tan ao norte, en pleno casquete polar, alá na salvaxe terra de Kalaallit Nunaat: arrepía só de pensalo, pero aí vai. Mira despacio, sinte o que podas o poder dunha terra marabillosa e sen domesticar. Aquí semella que as únicas normas que hai son as que dita o xeo, que non é pouco.
Desembarcando no fiordo de Qalerallit Imaa

Primeiros metros polo glaciar do casquete polar


Superado o treito máis difícil do inicio do glaciar de cara ao casquete polar

Superando as grietas no glaciar polo que se accede ao casquete polar


Primeiros metros polo inlandis


Neste caso a orientación e doada: rumbo norte


Impresionante: montaxe do segundo campo xa en pleno casquete polar


Rutina, comendo no casquete polar


O único que hai que facer e esquiar tirando da pulka, sen ruido, sen prisa, en harmonía coa natureza salvaxe


A inmensidade do casquete polar


Dende o interior da vivenda no campo 3


Reforzando a tenda polo que poda pasar pola noite que non é noite


Saida cara ao fiordo de Qalerallit Imaa


Inesquecible