miércoles, 23 de mayo de 2007

Costou, pero creo que xa volvín. Non me arrepinto de nada, varias manchas tirando a negras non teñen porque rematar coa vida; agora xa sei que non me soltarás. Quedara prendido nas ramplas do Aconcagua, quedei prendido dela... sufrín no Muztagh Ata por burro, a pegada é fonda.  Que podo dicir: volvín rir tranquilo, sentín outra vez cansanzo, dormín novamente baixo as estrelas; dentro da "carpa" roxa semellou como si non tivera pasado o tempo, eu seguía alí arriba, os meses de setembro a abril non existiron. Parece complicado pero é o mundo máis sinxelo, é o meu mundo; xa non teño a misma forza pero podo disfrutar igual ou máis que antes. Volvo a ver polos meus ollos. Esta é unha das probas:


Grazas polo voso regalo.


 





lunes, 14 de mayo de 2007

Volvín a rocha, sentín o vento na cara e notei como moitas outras veces que faga o que faga aí está o meu sitio.

Por fin, 21 quilómetros correndo a ritmo de carreira dan para coñecer partes do teu corpo distintas, é máis mental que físico. Resultan máis duras as probas de orientación de dúas xornadas. Estou contento por como foi. Fago cousas, teño proxectos pero falta algo...

domingo, 6 de mayo de 2007

Agora está claro, si hai alguén que pode cantar así e porque Deus existe. Non interpretou Heru Katsir, a verdade e que dentro deste concerto non viña a nada, porén nunha peza de violonchelo apareceron as inquedantes notas desta melodía, a verdade e que non me imaxino como será escoitar en directo este tema e ver a cara de dor dun músico que transmite, fundamentalmente, alegría. Algo subxectivo, claro: Heru Katsir, adicada o seu irmán Onno, é a peza máis dura e que mellor transmite a dor de toda a historia da música. Polo demais, alí, xunto a eles, nunca me faltará de nada, aínda que o silenzo forme parte das nosas conversas, o pasado de cada un pesa, pero aquí non me equivoquei. Segues estando!, non entendo por que, pero hai días de penitencia.

jueves, 3 de mayo de 2007

Oirei por fin, en directo, o laio que ven do interior do espíritu, espero escoitar algo máis aló dos sentidos e das dimensións coñecidas, fora desta merda... Por debaixo deste mundo hai outro mundo, queda claro, pero por riba tamén hai outro.


lunes, 30 de abril de 2007

Volvín alí e xa non estabas, a partir de agora ó Muztagh Ata faltaralle algo; ó Pai da Montañas de Xeo, malia as súas fondas feridas, semella menos frío . Faleille con paixón da miña viaxe ós Celtas, gustoume volver a ve los. Alégrome de que a miña xente atope o seu sitio. Sinto pena polo pasado pero o tempo non se detén, canto vivimos!. Faltarían detalles pero podo lembrar cada un dos lugares percorridos con eles durante unha chea de anos, agora algúns seguimos a percorrer xuntos a vida; sei que alí nunca botarei en falta nada.

miércoles, 25 de abril de 2007

Si, si. Desconcertado estaba el diablo, y sintió el horror que la verdad oculta, y vio la virtud en su cuerpo de The Crow). Non teño moito que dicir, entón reflexiono sobre cousas demasiado góticas. Volvín á miña monotonía, sempre a mesma rutina, todo cronometrado; está comprobado que non podo saír do guión. O mundo por debaixo do mundo existe, pero tamén hai outras cousas.

lunes, 23 de abril de 2007

Canto tempo pasou?. Gustaríame que todo volvera a ser así. 
Estaba tranquilo, con esa tranquilidade que só se acada cando o único problema que tes é escalar... máis alto, máis forte. Iremos aquí, alí, metros, frío, números, letras, signos... non desprezo, dor, corpo esnaquizado, mente rota... 
Non me soltes!.

miércoles, 18 de abril de 2007

Xa hai uns días que podo ler, é outro desperfecto restaurado. Faciame falta. Dende o Sol do verán, non volvera a ler nada concreto. Hala! O Sol do verán... quen me mandaría... era bonito. Pasa o tempo, non sei que facer para escoitar; cando corro sinto, pero non é suficiente. Os demos agora si que berrean, antes susurraban. Xa me gustaría volver... non é posible. Afronto a situación con tranquilidade, como se agarda unha oportunidade no último campo da montaña. Volverei, claro que volverei, pero con calma... agora xa non hai xogo bonito.

martes, 17 de abril de 2007

Estou cerca pero separado por unha distancia como de aquí a China: é dicir moi lonxe. Nalgúns momentos esta unidade de medida serviu para indicar esto, ja, ja... Sempre teño presentes cousas así e non sei moi ben o porque.  Trago todo sen interese e non son capaz de sentir que teño que volver ó xeo, ós solpores máxicos, as paraxes impensables, que debo cruzar novamente a liña... porén sei que a búsqueda do sétimo sentido non é algo que poda forzarse, so cabe agardar. Lembro, como decidín ir ó Muztagh Ata...?, foi curioso: escoitei, alto e claro... só pasaron minutos ata que puxen todo en marcha.

lunes, 16 de abril de 2007

Quixera escribir que todo está ben, que marcho outra vez á montaña. Agora xa sería tempo de porse en marcha, xa hai saídas garantidas, 19 de xuño GII, como estaba previsto. Non escoito nada, como escoitei outras moitas veces. Parece normal despois do que pasou aínda que razonablemente sería o momento de fuxir canto máis lonxe e máis alto mellor, pero ollo, hai que escoitar. Agora está calado. Teño días, pero o máis probable e que marche ó Caucaso: sen chegar a oir nada é o que máis me apetece este ano. Será un xeito "suave" de non saír da espiral e agardar tempos mellores. 
Por certo, despois de casi un ano, onte volvín a escalar na rocha, dame mágoa mirar atrás, porén non teño ningunha presión.