jueves, 2 de noviembre de 2017

CARPETA DE PRENSA Y FOTOGRAFÍA DE LAS JORNADAS SOBRE EL PATRIMONIO GEOLÓGICO MONTAÑAS DO COUREL


PROGRAMA

UNA VISITA A FUTURO GEOPARQUE PARA CIENTÍFICOS Y PROFANOS.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2017/11/02/visita-futuro-geoparque-cientificos-profanos/0003_201711M2C4991.htm

LA CARTA DE APOYO PARA QUE O CAUREL SEA GEOPARQUE MUNDIAL SIGUE EN EL AIRE.
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/776721/la-carta-de-apoyo-para-que-o-courel-sea-geoparque-mundial-sigue-en-el-aire

Las jornadas en imágenes:

Campa da Luzenza

Lagoa da Lucenza

Lagoa da Lucenza

Bloque errático en el entorno de la laguna da Lucenza

Camino laguna de Lucenza

Punto de observación A Golada, na Seara.

Mirador de Campodola, Sinclinal da Serra do Courel

Falla de Santa Eufemia

Antecastro da Torre en Sobredo

Castro da Torre, Sobredo

Castro da Torre, Sobredo

Castro da Torre, Sobredo

Castro da Torre, Sobredo

Val das Mouras, Ferrería Vella-Mercurín

Castillo de Carbedo

Fervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

Fervenza de Vieiros

A Seara

martes, 26 de septiembre de 2017

III XORNADAS XEOLOXÍA MONTAÑAS DO COUREL. CARPETA DE PRENSA DIXITAL E FOTOGRAFÍAS

22, 23, 24 de setembro de 2017
Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga

As xornadas na prensa:
-Novas iniciativas de cara ao Xeoparque Montañas do Courel.
https://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/lemos/2017/09/15/nuevas-iniciativas-cara-geoparque/0003_201709M15C6991.htm
-O Xeoparque "Las Loras" viaxa a Galicia con motivo das III Xornadas Xeolóxicas Montañas do Courel:
http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/provincia/geoparque-loras-viajara-galicia-noruega_158343.html
-Hóspedes do Paleozoico recén instalados no Museo Xeolóxico de Quiroga aproveintando a celebración das III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel.
https://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/lemos/2017/09/23/huespedes-paleozoico-recien-instalados-quiroga/0003_201709M23C4991.htm
-Xeoloxía, paleontoloxía e minería no Courel a estudo en Ribas de Sil.
http://www.osil.info/xeoloxia-paleontoloxia-mineria-courel-estudo-ribas-de-sil/
-Novas voces alertan sobre o mal estado do Túnel Romano de Montefurado durante as III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel.
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/759115/nuevas-voces-alertan-del-mal-estado-del-tunel-romano-de-montefurado

Imaxes:

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: comunicacións en Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: comunicacións en Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: comunicacións en Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: comunicacións en Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: comunicacións en Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xose Carlos Barros fixo neste punto un percorrido de sur a norte polas idades e composición dos distintos dominios que aparecen na Comarca de Quiroga. Aquí, chegando á Teixeira aflora a denominada Serie Villalba; as lousas,  que a compoñen son as máis antigas de todo o territorio.

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xose Carlos Barros fixo neste punto un percorrido de sur a norte polas idades e composición dos distintos dominios  que aparecen na Comarca de Quiroga. Aquí, chegando á Teixeira aflora a denominada Serie Villalba; as lousas,  que a compoñen son as máis antigas de todo o territorio.

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel
Xose Carlos Barros explicando as distintas idades das rochas desta zona e o pregamento calcario que xorde por riba da Teixeira. 

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xose Carlos Barros explicando as distintas idades das rochas desta zona e o pregamento calcario que xorde por riba da Teixeira. 

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xose Carlos Barros explicando as distintas idades das rochas desta zona e o pregamento calcario que xorde por riba da Teixeira. 

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xose Carlos Barros explicando as distintas idades das rochas polas que discorreo a saída de campo. Aquí está a Serie Villalba, as máis antiga da Comarca

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel
Xose Carlos Barros explicando as distintas idades das rochas polas que discorreo a saída de campo. Aquí están a Serie Villalba, a máis antiga da Comarca

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel
Iván Álvarez explicando os restos da minería aurífera visibles nesta zona

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel
Iván Álvarez explicando os restos da minería aurífera visibles nesta zona

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Teixeira-Taro Blanco, Folgoso do Courel.
Xosé Carlos Barros explica as características das calcarias do Taro Blanco

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: cata de viños da Ribeira Sacra, Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: concerto da Banda Folk de Ribas de Sil

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga.
Xosé Manuel Salgado explicando a Ferrería do Mazo

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga.
Xosé Carlos Barros explicando a parte da estrutura do Sinclinal da Serra do Courel que tamén se pode ver na Devesa do Cervo.

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga. Icnofósiles

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga. Fervenza do Cervo

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga.
Daniel Ballesteros explicando a dinámica fluvial na Fervenza do Cervo.

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga.
Daniel Ballesteros explicando aos participantes a dinámica fluvial na Fervenza do Cervo

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga.

III Xornadas Xeoloxía Montañas do Courel: saída de campo Devesa do Cervo, Quiroga. Cando o monte se dobra...

miércoles, 9 de agosto de 2017

CHOGORI, ENDLESS KNOT, O GRANDE CRISTAL, K2...

O xogo repítese no Karakorum coma en todos os grandes vales do Himalaia.
Xogas a ver pronto, a adiviñar onde rematan os xigantes, a agardar o vindeiro xiro do camiño para sorprenderte cun novo panorama... xogas a imaxinar como será en realidade...
Ten sucedido que cando estás diante dunha panorámica que contén, por exemplo, montañas lendarias, nin te decatas do que tes de diante por mil veces visto... quero dicir que é un: ah, xa!; a realidade correspóndese demasiado coa imaxe que temos interiorizada, entón hai menos ou non hai sorpresa inicial.
En canto entras no val do río Braldu, sabendo que se alimenta dos xeos de moitas montañas máxicas antes e despois de Concordia, a vista e a mente están sempre crispadas... cando aparecerá? será aquel que asoma alí? Error...
O primeiro que se ve é o Broad Peak... en canto os ollos se enganchan na súa parede negra tinguida de branco neve e brétema, sabes que é unha montaña moi alta. Logo a peculiar silueta do seu cumio delátano pronto. Si, é o Broad Peak... vese na segunda xornada de aproximación aos xeos do Baltoro.
Unha vez hai unha referencia clara só é cuestión de agardar... o paso dos días e a ascensión polo grande Baltoro ata Confluencia acaban de situarnos.
Si, cara alí... ten que estar cara alí. Coa cámara na man, no campamento baixo o Paiju Peak, intento ver os picos que asoman detrás dos grupos do Trango e Catedral; non creo... apoiado na parede de barro da rústica construción que fai as veces de mesquita decido que non se pode pretender correr máis que as nubes.
Cada metro de ascensión suave polo Baltoro é unha sorpresa. Imos deixando a esquerda e dereita montañas que alteraron o soño de grandísimos alpinistas... Paiju Peak, Uli Biaho, Torres do Trango, Masherbrun, Muztagh Tower... e dende hai uns días a inquietante presenza do G IV... penso en Walter Bonatti... levo pensando nel dende que entramos hai días nas gorxas do río Indo. Penso como serían aquelas primeiras veces... Penso en Jerzey Kukutshka...
Concordia... con choiva, con néboa, ao lonxe... o mesmo circo: Mitre Peak, Broad Peak, Muztagh Tower... distinta luz e de novo crispación. Seis, sete, oito días de bo tempo e agora que? Karakorum é Karakorum... agora igual xa está, nada máis, tamén niso hai que pensar.
Pasos cansos para avistar unha pequena cidade de lona de cores, alí no medio do xeo sucio de moitísimos fríos e calores...Nun momento, na impresionante praza que forma a confluencia de varios glaciares monstruosos só vexo a negra silueta do Mitre Peak e... séntome no camiño como fixera algunha vez na Mer de Glace a imaxinar como será o que me rodea e a buscar algo de paz... sorrío e síntome cómico alí no medio dos colosos que sei que hai.
O temporal segundo chegou empezou a marchar dende o fondo do val. Paseniño as agullas de rocha rompen as nubes de tormenta nun espectáculo sublime e dantesco pola potencia que atesoura. A melloría marca o noso ritmo de aproximación ao campamento de Concordia... lembro poucos sons: algunha avalancha, o renxido do xeo do glaciar e o continuo clic, clic, clic da cámara... A boca seca... e de pronto a miña esquerda, entre brétemas espeluxadas pola violencia dunha pirámide perfecta... Chogori, endless knot, o grande cristal... K2...
Lembro todos os músculos do corpo en tensión, lembro repetir en alto con crispación: K2, K2, K2... Lembro ter chegado demasiado tarde. Lembro que non tiven nin a máis mínima duda pola súa perfección... igual que outras montañas, o K2, cando aparece golpéate con toda a súa grandeza e non admite confusión.
Día 12 de xullo de 2017, máis ou menos a medio día hora Pakistaní, mirei e sentín que chegara demasiado tarde. Cando vin o monte K2 sentín que chegara demasiado tarde...

K2 dende Concordia

domingo, 23 de abril de 2017

CARROZO DA FREITA OU BARRANCO DE EIRIZ. EIRIZ. FOLGOSO DO CAUREL

O carrozo da Freita é o derradeiro afluente do río Lóuzara antes da súa desembocadura no río Lor. Corto, cómodo, vertical e de grande e sostida intensidade. É un dos barrancos clásicos da Serra do Caurel que se ven repetindo, con total seguridade, dende a década dos noventa do século pasado. Probablemente despois da exploración e equipamento do Ferreiriño, o Selmo entre a Seara e Vieiros e o Rego do Aceval en Ferramulín, se descenderan por primeira vez as grandes fervenzas verticais de Eiriz, pero… quen o sabe?
Imprescindible para comprender a esencia dos barrancos da Serra do Caurel.
Só é necesario un vehículo.

Aproximación: descríbese as dúas opcións que consideramos máis rápidas dende Folgoso do Caurel.
-Na saída da vila de Folgoso, en dirección a Semana do Caurel, collemos a estrada LU-P-4701 que nos leva ata Baldomir (4 Km); unha vez na ponte de Baldomir, desvío a dereita pola estrada que atravesa Baldomir (a 200 m da ponte está o Bar Costa, magnífico lugar para facer unha parada e obter algunha indicación si é necesaria) para dirixirse primeiro á Pendella (570 m) e logo O Touzón (1 Km); atravesamos a aldea do Touzón polas súas estreitas rúas con moita precaución para seguir 650 m, pola estrada que leva á principal de Eiriz, ata unha curva moi pechada á esquerda onde deixamos o coche, xusto na entrada do camiño que nos conduce ata o mesmo leito do río 200 metros máis adiante.
-Na saída da vila de Folgoso, en dirección a Seoane do Caurel, collemos a estrada LU-P-4701 que nos leva a Baldomir, Vilarmor, Froxán etc. Dende o desvío de Folgoso ata o seguinte cruzamento, unha vez pasamos por Baldomir, hai cinco quilómetros; aquí colleremos a estrada que leva a Eiriz, para deixala 1’9 km máis adiante desviándonos á dereita pola estrada que leva a aldea de O Touzón pola que circularemos 800 m ata unha curva moi pechada á dereita; neste punto deixamos o coche xusto na entrada do camiño que nos conduce ata o mesmo leito do río 200 metros máis adiante.

Descenso: aínda que non presenta grandes dificultades técnicas agás as propias da altura das súas fervenzas, compre avaliar caudal, con moita auga son especialmente complicados o primeiro resalte (R-8) moi encaixado e o derradeiro (R-37,6) que despois de superados os primeiros 17 metros ten forma de funil antes de abrirse nunha espectacular cola de cabalo. Todos os resaltes fanse normalmente empregando os ancoraxes naturais da esquerda, con moito caudal é preferible empregar os da dereita e no último con abundante caudal o máis adecuado e fraccionar o descenso en dúas tiradas de 17,6 m e 20 m, sempre sobre ancoraxes naturais á dereita.
Sempre moita precaución coa aproximación ás cabeceiras dos resaltes.



MELLOR ÉPOCA: Todo o ano. Despois de choivas prolongadas, desxeo, ou treboadas, moito ollo co caudal.
Compre ter en conta que o retorno máis espectacular faise por un treito do río Lóuzara (ata a ponte de Sudrios) que é un dos ríos importantes da Serra do Caurel. Con moito caudal pode resultar perigoso xa que é moi acuático e hai zonas de pozos e rápidos.
MATERIAL NECESARIO:
-Casco.
-Traxe de neopreno completo. Aínda que no verán para as fervenzas do barranco é suficiente co peto, compre ter en conta que o retorno polo río Lóuzara ata a ponte de Sudrios é moi acuático e a auga deste río e bastante fría.
-Dúas cordas de 40 m.
-Equipo de descenso e ascenso.
-Cabos de ancoraxe.
TEMPOS ESTIMADOS:
Só é necesario un vehículo.
-Acceso: 5 minutos.
-Retorno: 20 minutos, dende a ponte de Sudrios ata o coche a través da aldea do Touzón.
-Descenso (barranco+treito do río Lóuzara ata a ponte de Sudrios): 2 h 30' para un grupo pequeno e desenvolto.

R-8 m

R-30 m

R-26,50 m

R-37,60 m

No río Louzara, onde se chega despois do descenso da derradeira fervenza