domingo, 2 de febrero de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: CÉRAMO - CAMIÑO DO ALTO DO FARO

Sempre, sempre é un regalo poder esquiar cara ao Alto do Faro. Descubrín hai pouco que para evitar as rodeiras da saída da pista que vai dende o Alto do Couto, pódese subir tranquilamente por un sendeiro que parte dende a estrada, por riba de Céramo, onde o corazón do Caurel. Un percorrido así é un auténtico agasallo nestas montañas, cheguemos ou non ata o mesmo alto do Faro. Un paseo dunhas horas por aquí é máxico, xa o podedes ver nas fotos... ademais esquíase tranquilamente para arriba e para abaixo. Esquiar para abaixo nestas montañas nunca é doado, neste camiño si, pódese facer tranquilamene con moita calma.
Polo demais engadir que sempre que podo repito, nesta ocasión sen chegar ao alto pola hora pero foi unha tarde ben fermosa na que me permitín o luxo de esquiar durante máis de unha hora entre as rebolas...
Outras veces: 
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2024/03/esqui-de-montana-no-caurel-ceramo.html
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2021/01/cabeza-do-couto.html
https://ramonvilaanca.blogspot.com/2021/01/faro.html

O monte Formigueiros ao fondo





Tremella mesenterica?

Val de Visuña




Devesa do Faro, ao fondo o Alto do Faro

Taras de Visuña ao fondo




Solpor no alto de Formigueiros

Solpor no pico da Cova da Vella




sábado, 1 de febrero de 2025

ESQUÍ DE MONTAÑA NO CAUREL: ALTO DO COUTO - FORMIGUEIROS

Foi unha sorpresa, metín no coche as táboas no coche pensando que non habería neve suficiente para poder dar un paseo ata Formigueiros. Agás nun momento puntual no que tiven que levar os esquís na mochila o resto foi perfecto, cunha neve moi boa para subir e para baixar como se pode baixar aquí...
Cumprir de vez en cando cunha subida ao Formigueiros é reconfortante, dá igual como esté o día... de feito estaba bastante duro de frío, néboa e aire.
A subida dende o que chamamos alto do Couto son 3,350 quilómetros indo pola Boca da Rogueira, con 310 m de desnivel positivo. Sempre foi perfecto para dar un paseo sen prisa pola tarde. As veces, só en contadas ocasións pódese baixar facendo xiros... doado pola cara sur e algo máis complicado pola arista norte directamente ao Alto do Couto. 





Céramo abaixo e o "corazón do Caurel"